Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944 | Documento. Noticia | Consello da Cultura Galega
Documento. Noticia

Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944

Antón Alonso Ríos (autoría) · Castelao (autoría) · Ramón Suárez Picallo (autoría) · Elpidio Villaverde Rey (autoría)
00/00/1944
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
O 15 de novembro de 1944 constitúese en Montevideo o Consello de Galiza, como un intento de manter a lexitimidade republicana e a reivindicación do autogoberno galego, pois o Estatuto de autonomía, plebiscitado poucas semanas antes do levantamento militar, non chegou a entrar en vigor. Participaban nel como persoeiros os catro deputados galegos das Cortes republicanas, todos eles no exilio: Castelao (quen foi o seu primeiro presidente ata a súa morte en 1950), Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo. Aínda que non todo o exilio o aceptou como representativo, polo excesivo protagonismo dos galeguistas, entre as colectividades americanas tivo unha grande acollida. A súa principal preocupación foi manter viva a memoria do galeguismo e a defensa dos dereitos políticos de Galicia ante os gobernos republicanos e as outras comunidades como a catalá e a vasca.
Tipo de material
Documento. Noticia
Data
00/00/1944
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.