Escolma de noticias sobre a delegación da emigración durante a República española, 1931 | Documento. Páxina de prensa | Consello da Cultura Galega
Documento. Páxina de prensa

Escolma de noticias sobre a delegación da emigración durante a República española, 1931

Antón Alonso Ríos (Mencionado/a) · Eduardo Blanco Amor (Mencionado/a) · Pedro Campos Couceiro (Mencionado/a) · Julio Sigüenza (Mencionado/a) · Ramón Suárez Picallo (Mencionado/a)
00/00/1931
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Coa chegada da República, os galeguistas da colectividade do Río da Prata cren que é o momento de conseguir as aspiracións nacionalistas para Galicia. O poeta e xornalista galego Julio Sigüenza dende Uruguai e Antón Alonso Ríos en Bos Aires publican na prensa da colectividade a necesidade de enviar unha delegación para participar activamente no proceso electoral constituínte. A FSG toma a iniciativa de mandar a Galicia varios dos seus dirixentes. Ademais dos xa mencionados, viaxaron en maio de 1931 Ramón Suárez Picallo e Pedro Campos Couceiro, e máis tarde fíxoo Eduardo Blanco-Amor, como correspondente de prensa.
Alonso Ríos e Suárez Picallo tiveron un papel moi destacado nas diferentes reunións e actos públicos do nacionalismo galego deses anos. Participaron na Asemblea Republicana da Coruña, da que Alonso Ríos foi nomeado presidente. Por poucos votos non foi elixido deputado das primeiras Cortes republicanas. Si o foi Ramón Suárez Picallo, que destacou polas súas intervencións no Parlamento español, moitas delas centradas na situación económica de Galicia pero tamén nos dereitos dos e das emigrantes. En 1936, Alonso Ríos, membro do Partido Galeguista, logra un escano polo Frente Popular e desenvolveu un intenso labor a prol da aprobación do Estatuto de autonomía.
Tipo de material
Documento. Páxina de prensa
Data
00/00/1931
Publicacións
Entidades
Edición: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega