Socios e directivos da sociedade de Boiro nunha recepción a Castelao na sede da Federación. Ca. 1944 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Socios e directivos da sociedade de Boiro nunha recepción a Castelao na sede da Federación. Ca. 1944

Castelao (Fotografado/a) · Antón Alonso Ríos (Mencionado/a) · Alfredo Baltar Gómez (Mencionado/a)
00/00/1944
O labor de axuda e apoio a causa republicana da FSG foi salientado por Castelao en varios dos seus discursos. Castelao era considerado pola colectividade como o símbolo espiritual da patria e era recibido con entusiasmo en todas as súas visitas ás asociacións galegas. Os e as emigrantes acudían masivamente aos actos públicos nos que participaba. Como delegado do Centro Orensano participou no Congreso federal de 1942. Aínda que mantiña unha boa relación persoal con varios dirixentes da FSG como Alfredo Baltar ou Alonso Ríos, existían diferencias ideolóxicas de cara á política da República no exilio, pois a FSG non compartía a preeminencia do Partido Galeguista. A creación do Consello de Galiza en novembro de 1944 xerou novas diverxencias, aínda que sempre existiu unha liña aberta de diálogo e boa vontade tanto por parte da Federación como de Castelao.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1944
Entidades
Mención: Consello de Galiza
Mención: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.