<em>Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania</em>, 1963 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963

00/00/1963
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Este folleto foi publicado polo Instituto Federal de Colocación y Paro de Nüremberg en colaboración co Instituto Español de Emigración. Cando asinaba o contrato de traballo, a persoa emigrante recibía un exemplar para ter información sobre as cuestións laborais que podían atopar (condicións de traballo, contratos, dereitos e deberes, sindicatos) pero tamén sobre o reagrupamento familiar, as condicións de vida no país, como facer xiros bancarios a España ou como gozar do tempo de lecer.
Na segunda metade do século XX Alemaña potenciaba a chegada de emigrantes que ocupasen temporalmente os numerosos postos laborais vacantes, xeralmente os máis pesados e menos cualificados. Eran os "gastarbeiter" ou "traballadores invitados" procedentes do sur de Europa.
Tipo de material
Documento
Data
00/00/1963
Localizacións
orixe: Alemaña
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Isidoro Buceta Gómez