Material
Historias de ida e volta
O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906)
Detalle
Pedro Murias, rico comerciante e industrial, foi un dos primeiros en converter os primitivos “chinchales” en verdadeiras fábricas de tabaco. Estivo moi vencellado coa colectividade galega residente na illa, sendo tesoureiro e vogal do Centro Galego da Habana e membro protector da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia.Foi unha das figuras máis representativas no mundo da manufactura tabaqueira da illa de Cuba e a sona do seu produto chegou a ser referente en países como Francia e Inglaterra. Tamén realizou outras operacións financeiras, froito da diversificación dos seus activos e investimentos. Ademais de destacar polo seu labor filantrópico en Galicia, representado basicamente pola construción dunha escola agrícola na Devesa, Pedro Murias foi moi coñecido en Cuba por múltiples accións. Entre os moitos méritos recoñecidos publicamente pódese salientar o feito de ser merecedor do ingreso como membro da Orden Civil de Beneficencia en 1898, a instancia do gobernador civil de Pinar del Río, polos seus feitos de heroísmo, virtude e abnegación:
Destruidas por Maceo a principios de 1896 muchas propiedades y poblaciones huyeron infinidad de infelices sin medios de subsistencia, refugiándose en la playa de Dimas donde por orden del Sr. Murias se proporcionó a todos alimentos, vestidos, medicinas y viviendas…
Habiéndoles invadido la epidemia variolosa, mandó médicos para su curación, asistió él mismo á muchos enfermos y gracias a sus cuidados, con exposición de su vida, libró la de muchos semejantes, llegando a poblar dicha playa más de tres mil quinientas personas por lo que, serán libradas de los ataques de los insurrectos, atrincheró el contorno de la población, creó guerrillas montadas y dos compañías de voluntarios; construyó una torre heliográfica; fabricó dos hospitales para los soldados…, construyó un muelle, una iglesia, un cementerio, una escuela, oficina de farmacia, un almacén de géneros alimenticios a precios baratos…


