«Dimas o San Pedro de Murias». Planos presentados para o proxecto de construción dun peirao e almacén concedido a Pedro Murias, situado na Enseada de Dimas, Mantua, Pinar del Río, 1891 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

«Dimas o San Pedro de Murias». Planos presentados para o proxecto de construción dun peirao e almacén concedido a Pedro Murias, situado na Enseada de Dimas, Mantua, Pinar del Río, 1891

00/00/1891
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Pedro Murias foi o artífice da construción dun dique na enseada de Dimas (termo municipal de Mantua), zona onde se concentraba a súa actividade agrícola. Quedaba, así, resolto o problema de comunicación co porto da Habana para o transporte das súas colleitas de tabaco desde os seus predios de cultivo localizados en Pinar del Río, provincia tabaqueira por excelencia. A construción dun almacén para depósito de mercancías tamén foi iniciativa deste indiano. Na imaxe pódense observar os planos de ambas as construcións.
As autoridades non dubidaron en afirmar a conveniencia e utilidade das obras e outorgaron a súa correspondente autorización. Estas non serían as únicas construcións que o indiano devesán encargaría para un desenvolvemento máis axilizado da zona. Expoñemos aquí as palabras escritas por Waldo Álvarez Insua, na súa obra publicada en 1897 baixo o título El problema cubano:
D. Pedro Murias, fabricante de tabacos de los más ricos y opulentos, era dueño en Río-Seco de una colonia que llevaba su nombre: tenía su iglesia, botica, médico, maestro de escuela, tiendas de comestibles y géneros y unas novecientas familias, que sumaban un total de tres mil y pico almas, todas las que se dedicaban al cultivo de la planta del tabaco…
Tipo de material
Documento
Data
00/00/1891
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Etiquetas
Localización física
Archivo Histórico Nacional
Notas
Fondo: Archivo Histórico Nacional