Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20

Pedro Murias Rodríguez (biografado/a)
A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: Vilaframil (parroquia), Ribadeo (concello), Lugo (provincia)
Localización física
Arquivo do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Cesión do CFEA Pedro Murias