Aquí medra a lingua

Aquí medra a lingua

1x03: Activistas da lingua no IES Félix Muriel de Rianxo (A Coruña)

Aquí medra a lingua

SINOPSE
No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.

INTERVEÑEN
Sofía Rama Lorenzo, Ramón Veiga Fernández, Sabela Loureiro Coto, Enma Ordóñez Freire, Noelia Fernández Romero, Laureano Figueira Tembra, Noa Rial Abuín, Ángela Garrido Pimentel, Óscar Iglesias Resúa, Andrea de Jesús Carou

Gravado en: IES Félix Muriel, Rianxo
Duración: 9 min


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO A FAVOR
A aposta pola DL e o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) no proxecto de centro
Rianxo é un contexto galegofalante, se ben o uso do galego na mocidade está en retroceso
apoio activo da dirección que destina recursos propios do centro e busca outros

COMO SE ORGANIZAN
No centro aplican o Tratamento Integrado de Linguas, con ámbitos sociolingüísticos
Fomentan o traballo en equipo, compartindo obxectivos e repartindo tarefas
O aula de EDL funciona como un laboratorio de proxectos transversal
Nos recreos é un lugar de encontro, debate e desenvolvemento de proxectos
No primeiro ciclo de ESO, o equipo de Dinamización serve para integrar alumnado
Nos seguintes cursos incorporan máis debate e reflexión sobre a conciencia lingüística
A participación nos proxectos aporta puntos na avaliación final do alumnado
Solicitaron (e recibiron) horas de adicación ao EDL por parte da inspección educativa
Acondicionaron un local amplio para o traballo do alumnado
Colaboran coas familias, o Concello, os colexios de Primaria, comerciantes, etcétera
A clave é que o alumnado sexa o protagonista e xestor das actividades


ACTIVIDADES CON ÉXITO
No meu mar, na miña lingua
Radio Rianxo Fala
Web Rianxo Fala
Os quinse mais votados (listaxe de cancións en galego)
Clube de debate
Viaxes culturais
Creadores de Rianxo (libro e exposición)
Revista Bico da Ría
Falame galego no recreo
Recreos musicais
Campaña comercio

MELLORAS QUE PROPOÑEN
Reducir ratios e horas lectivas para adicar tempo a estes proxectos máis aló do voluntarismo
Coordinación curricular entre materias para que a aprendizaxe sexa significativa