Aquí medra a lingua

1x05: 'Militantes da contorna' no CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso

Aquí medra a lingua

SINOPSE
O Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro inclúe oito escolas nos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Son entornos maioritariamente galego falantes pero a súa infancia non é allea á presencia maioritaria do castelán no seu lecer. Por iso apostan por integrar moito o entorno no día a día da escola, tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, e participar na vida cultural dos municipios. Militar na contorna para fornecer a raíz e a autoestima.

INTERVEÑEN
Julia Ures Villar, Soraya Remuiñán Barca, Sara Varela Rama, María Noelia Garrido Cerdeiro, Mercedes Castro Cotelo, Adolfo Castro Cotelo

Gravado en: Escola Rural de Tallo, Escola Rural de Pazos, Fundación Eduardo Pondal
Duración: 9 min


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO A FAVOR
Unha contorna moi implicada e entusiasta con todo o que veña da escola
Están rodeados de patrimonio natural, histórico e etnográfico, e moi vivo!
A maior parte da infancia ten como lingua nai o galego
Os Concellos ofrecen programación cultural en galego
A Fundación Eduardo Pondal é un recurso de actividades permanente

COMO SE ORGANIZAN
Dinamización e Biblioteca traballan á par dentro do que chaman Normateca
O equipo son tres persoas de forma permanente que coordinan as actividades
Buscan na contorna os recursos didácticos facilitando a participación da veciñanza

ACTIVIDADES CON ÉXITO
As visitas ao lavadoiro, con recuperación de oficios e cantigas
A participación en romaxes e festas da contorna, facendo aula fóra da escola
O álbum de lembranzas, fixando experiencias e vínculos coa contorna
Saídas ao monte, para recoñecer o territorio e facer lecturas de paisaxe
O ciclo agrícola, identificando léxico específico de cada época e actividade

MELLORAS QUE PROPOÑEN
Máis programación infantil en galego na CRTVG