1x05: 'Militantes da contorna' no CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso
Aquí medra a lingua
SINOPSE
O Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro inclúe oito escolas nos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Son entornos maioritariamente galego falantes pero a súa infancia non é allea á presencia maioritaria do castelán no seu lecer. Por iso apostan por integrar moito o entorno no día a día da escola, tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, e participar na vida cultural dos municipios. Militar na contorna para fornecer a raíz e a autoestima.
INTERVEÑEN
Julia Ures Villar, Soraya Remuiñán Barca, Sara Varela Rama, María Noelia Garrido Cerdeiro, Mercedes Castro Cotelo, Adolfo Castro Cotelo
Gravado en: Escola Rural de Tallo, Escola Rural de Pazos, Fundación Eduardo Pondal
Duración: 9 min
CONTIDO EXPANDIDO
VENTO A FAVOR
✓Unha contorna moi implicada e entusiasta con todo o que veña da escola
✓Están rodeados de patrimonio natural, histórico e etnográfico, e moi vivo!
✓A maior parte da infancia ten como lingua nai o galego
✓Os Concellos ofrecen programación cultural en galego
✓A Fundación Eduardo Pondal é un recurso de actividades permanente
COMO SE ORGANIZAN
✓Dinamización e Biblioteca traballan á par dentro do que chaman Normateca
✓O equipo son tres persoas de forma permanente que coordinan as actividades
✓Buscan na contorna os recursos didácticos facilitando a participación da veciñanza
ACTIVIDADES CON ÉXITO
✓As visitas ao lavadoiro, con recuperación de oficios e cantigas
✓A participación en romaxes e festas da contorna, facendo aula fóra da escola
✓O álbum de lembranzas, fixando experiencias e vínculos coa contorna
✓Saídas ao monte, para recoñecer o territorio e facer lecturas de paisaxe
✓O ciclo agrícola, identificando léxico específico de cada época e actividade
MELLORAS QUE PROPOÑEN
✓Máis programación infantil en galego na CRTVG