Aquí medra a lingua

Aquí medra a lingua

1x06: 'Da emoción á competencia' no CEIP Quintela de Moaña

Aquí medra a lingua

SINOPSE
No CEIP de Moaña son conscientes de que o uso do castelán no entorno do centro é maioritario e que a transmisión interxeracional do galego dentro das familias hai tempo que non se produce. Por iso promoven o seu uso con actividades cunha importante dimensión emocional, para espertar apego pola lingua e que o alumnado remate a Primaria podendo expresarse tamén en galego.

INTERVEÑEN
Belén Escariz Ferrín, Gloria Barreiro Cabanas, Enma Sequeiros Santomé, Tomé Barcia Martínez, Hugo Alves Nogueira, Mario Ríos Pérez, Mara Lemos Freire, Sofía Rodríguez Alvor, Beatriz Martínez

Gravado en: CEIP Quintela de Moaña
Duración: 10 min
es Nogueira, Mario Ríos Pérez, Mara Lemos Freire, Sofía Rodríguez Alvor, Beatriz Martínez


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO EN CONTRA
Un contexto moi castelanizado no que xa non existe a a transmisión familiar do galego
Poucos libros divulgativos das materias obrigatorias en galego como Ciencias
O alumnado está de paso e o cambio a secundaria afecta moito á conciencia lingüística
O galego é o idioma para falar coas profes; entre iguais a lingua espontánea é o castelán

VENTO A FAVOR
As actividades non son voluntarias, son para todo o aula
A implicación do profesorado
Actitude positiva das familias respecto da lingua e a súa implicación nas actividades
A axuda da Oficina de Dinamización Lingüística do Concello

COMO SE ORGANIZAN
Reunións mensuais do equipo de normalización no que hai un mestre de cada etapa
Se encaixa no seu proxecto, presentánse a premios para ter recursos e obxectivos concretos
O galego é o idioma das celebracións pero tamén das TIC, para romper esterotipos

ACTIVIDADES CON ÉXITO
As mochilas viaxeiras
As recomendacións literarias da coordinadora de EDL municipal
Caranvexo TV: novas do centro
Radio Quintela: Entrevistas e novas do centro
Os xoves contamos nós, contacontos entre alumnado
Os recitados, cancións e presentación de proxectos de aula a outros cursos
Recomendacións literarias do alumnado
Os xogos tradicionais no patio
As charlas de pais / nais explicando oficios ou calquer temática que se trate no aula

MELLORAS QUE PROPOÑEN
Máis libros divulgativos de ciencia en galego para poder usalos nas materias
Edicións máis atractivas dos libros en galego para maiores de 7 anos
A reactivación da coordinadora galega de Equipos de Dinamización Lingüística
Flexibilizar a normativa respecto ao número de aulas que poden dar en galego