100 anos de Carlos López García-Picos

100 anos de Carlos López García-Picos

Neste ano 2022 cúmprense cen anos do nacemento dun compositor de gran relevancia para a vangarda musica galega e arxentina. Como moitas das figuras importantes da cultura galega do século XX, na súa biografía Galicia e América están estreitamente unidas. Como remate do ano Carlos López García-Picos, damos a coñecer unha gravación singular: a posible estrea absoluta da súa obra sinfónica Sindy, A. 31, no Teatro Colón de Bos Aires. A obra foi recuperada no Fondo Pampillón do Arquivo Sonoro de Galicia por Javier Ares Espiño e María del Carmen Lorenzo Vizcaíno.

O autor


Carlos López García-Picos en París, 1964. Fonte: Arquivo persoal de Teresa López

Falar de Carlos López García-Picos é facelo dunha figura fundamental na música contemporánea galega. Betanceiro de orixe e comprometido participante da vida cultural e musical da Galicia emigrante e exiliada de Bos Aires, o seu papel foi tamén clave na conformación das entidades profesinais da música na Galicia dos anos 80.



Escoita Sindy, A. 31



Coñece máis sobre a obra Sindy, A. 31

Javier Ares Espiño
María del Carmen Lorenzo Vizcaíno