Dez voces para Luz Pozo Garza
Nomeamento como filla predilecta de Viveiro.
Fonte: Concello de Viveiro.

Dez voces para Luz Pozo Garza


Foto: Gonzalo Vázquez Pozo
A prestixiosa publicación Asymptote -unha das principais revistas literarias online mundiais que conta xa con traballos de 121 países e 103 idiomas nos ámbitos da poesía, ficción, non ficción, drama e entrevistas a persoas da creación literaria e tradución-  faise eco da poesía galega contemporánea. Así, vén de publicar unha escolma de poemas de 8 poetas galegos coas súas traducións verquidas ao inglés. Podes ler os versos de Manuel Rivas, Chus Pato, Gonzalo Hermo, Eva Veiga, Luz Pozo, Alba Cid, Lara Dopazo e Ismael Ramos e as súas versións inglesas realizadas por Jacob Rogers, Jonathan Dunne,  Lorna Shaughnessy, Kathleen March, Laura Cesarco Eglin, Erin Moure, Neil Anderson, Harriet Cook and Patrick Loughnane. Moitos deles podes mesmo escoitalos nas súas propias voces. Non é o caso de Luz Pozo Garza, a quen a morte veu visitar antes da publicación desta revista.  Mais non quixemos deixala sen voz. Nove voces amigas len a súa escolma poética en galego e a tradutora fai o propio coas traducións ao inglés publicadas na revista. Pepe Cáccamo, Yolanda Castaño, Xavier Seoane, Gonzalo Vázquez Pozo, Olivia Rodríguez, Eva Veiga, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xesús Alonso Montero, Carme Blanco e Kathleen March conforman estes dez raios de Luz para unha memoria solar. Ao fío da saída de Asymptote e con este especial, o Consello da Cultura Galega quere homenaxear a Luz Pozo Garza, unha poeta xa canónica da literatura galega de todos os tempos. Os seus versos servirán para alumear este verán de nubes e claros.

As lecturas

Xohana Torres

Xesús Alonso Montero

Soletreaba eu aínda o meu nome

Carme Blanco

Un cunco agora

Yolanda Castaño

Camelia mística

Eva Veiga

Agora que regresa a primavera

Olivia Rodríguez

O paxaro na boca

Cesáreo Sánchez Iglesias

Cantiga para ler en tempo de penumbra

Xavier Seoane

Escribías as páxinas secretas

Gonzalo Vázquez Pozo

Dediante dun espello

A tradutora


Foto: AELG
Kathleen Nora March naceu en Rochester (NY) e formouse como especialista en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses; na actualidade é catedrática emérita de Español na University of Maine. En 1975 veu a Galicia para investigar sobre a poesía de Manuel Antonio e aquí quedou prendida, galega por elección. Estudou a obra de, entre outros, Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Otero Pedrayo. As súas traducións constitúen outra faceta dun traballo académico imprescindíbel, que axudou á proxección da literatura galega no ámbito anglosaxón.
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +