O fio de Penélope

O nobelo de Xohana Torres

O especial O fío de Penélope condúcenos do fío de Ariadna ao nobelo de Penélope. Once mulleres fan cadanseu periplo polos contidos do web do Consello da Cultura Galega a partir das mulleres homenaxeadas en xornadas organizadas dende o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG. Como non podía ser doutro xeito, non tiran guiadiñas dun fío establecido, senón que cuestionan o nobelo de Penélope, tal e como fixo no seu día a poeta Xohana Torres nos seus recoñecidos versos: “A que tanto nobelo e tanta historia? Eu tamén navegar”. Esta é a travesía libre de Helena González da man de Xohana Torres, unha referente imprescindible da literatura galega contemporánea.



Helena González,  Directora do  ADHUC- Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat  da Universitat de Barcelona, foi a coordinadora, xunto con Ana Romaní da xornada inaugural do ciclo Xohana Torres, a dona dos mapas, realizada en 2009. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a obra da escritora como foron o mar, o son do río, a radio, o feminismo, as lecturas da biblioteca da militante comunista Hortensia Landeira ou a vida no rural.








Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +