O fio de Penélope

O NOBELO DE TEREIXA NAVAZA

O especial O fío de Penélope condúcenos do fío de Ariadna ao nobelo de Penélope. Once mulleres fan cadanseu periplo polos contidos do web do Consello da Cultura Galega a partir das mulleres homenaxeadas en xornadas organizadas dende o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG. Como non podía ser doutro xeito, non tiran guiadiñas dun fío establecido, senón que cuestionan o nobelo de Penélope, tal e como fixo no seu día a poeta Xohana Torres nos seus recoñecidos versos: “A que tanto nobelo e tanta historia? Eu tamén navegar”. Esta é a travesía libre de maría Xosé Porteiro da man de Tereixa Navaza, unha muller de palabra.



María Xosé Porteiro, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos e integrante da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, tira do fío de Tereixa Navaza, unha muller coa que comparte a paixón pola comunicación. Tereixa foi homenaxeada no ano 2012 no acto Tereixa Navaza, a voz da liberdade. Esta navegación lévanos polas augas do pensamento feminista, da defensa da liberdade da expresión, da presenza das mulleres nos medios de comunicación e do seu labor profesional na radio e na televisión, nos que sempre defendeu o pluralismo e o uso da lingua galega.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +