Voces centenarias

Voces centenarias

Ramón Martínez López

Voces centenarias

Unha das voces máis eruditas do exilio

Ramón Martínez López no Álbum de GaliciaRamón Martínez López é unha das voces máis eruditas do exilio galego. O seu amplo labor investigador e docente desenvolvido en EE.UU. e centrado, especialmente, nos estudos filolóxicos non lle impide continuar co seu compromiso galeguista, intelectual e político. Os audios que se ofrecen corresponden aos anos do seu regreso. Os azos e os compromisos con Galicia manteñen a súa inquebrantable lealdade.






Sobre Vicente Risco




O centenario do nacemento de Vicente Risco (1 de outubro de 1884) serve de motivo para que Ramón Martínez López, a través dunha pequena entrevista en RNE-A Coruña, faga unha concisa pero atinada descrición do intelectual ourensán. Destaca o seu labor como etnógrafo e a súa excelencia no maxisterio coas novas xeracións. Xustifica, polos tempos históricos nos que viviu, algunhas das súas controvertidas posturas ideolóxicas.

Duración: 08'48''
Sinatura: ACRN00240_13 .
Fondo: RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG






O Seminario de Estudos Galegos




O 27 de maio de 1987, Ramón Martínez López participa como conferenciante no ciclo “Homenaxe ao galeguismo histórico”, que organiza a Asociación Cultural O Facho na Coruña. As súas palabras están dedicadas, fundamentalmente, a recordar o papel fundacional que tivo o Seminario de Estudos Galegos, dende a súa creación en 1923, para a toma de conciencia da identidade galega.

Duración: 27'25''
Sinatura: MAFV—XUN/111.
Fondo: Colección Miguel Anxo Fernán-Vello. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG






Un agradecemento




A Fundación Penzol de Vigo réndelle unha sentida homenaxe, o 4 de abril de 1987, a Ramón Martínez López no seu 80 aniversario. A data serve para que os responsables da institución viguesa destaquen a xenerosidade do intelectual boirense para fornecer a entidade dun legado bibliográfico extraordinario. Neste fragmento escóitanse as palabras emocionadas de Martínez López agradecendo a dita homenaxe.

Duración: 22'39''
Sinatura: FUPE—HOM/9
Fondo: Colección Fundación Penzol. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG