Voces centenarias

Voces centenarias

Xaime Isla Couto

Voces centenarias

Un activista fiel á causa de Galicia

Ramón Martínez López no Álbum de GaliciaA personalidade creativa e entusiasta de Xaime Isla Couto é o ímpeto imprescindible para algunhas das iniciativas culturais, políticas e sociais que se desenvolven na Galicia interior da segunda metade do século XX. Algúns exemplos: como economista preocupado pola nosa realidade socioeconómica, funda en 1958 a Revista de Economía de Galicia; oito anos antes, promove a Editorial Galaxia; en 1965 preside a Editorial SEPT, seguindo o seu compromiso cristián; impulsa na Transición a formación nacionalista Partido Popular Galego, e é membro numerario da Real Academia Galega. Ofrecemos tres audios preservados no Arquivo Sonoro de Galicia que nos axudan a debullar o labor deste traballador incansable.






A reconstrución nacional galega




O 15 de xuño de 1996, no Círculo Mercantil de Vigo, réndeselle unha homenaxe a Xaime Illa Couto. Coa emoción do momento, o economista compostelán contesta ás palabras de A. Zulueta de Haz e fala da necesidade dunha acción plural e holística para a reconstrución nacional galega. Cita a Losada Diéguez e Vicente Viqueira como os seus dous grandes referentes.

Duración:08' 47''
Sinatura: ANMO_0001 .
Fondo: Colección Antonio Montero. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.






Persoas e feitos que marcaron a Isla Couto




Con motivo do seu nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, Xaime Isla Couto ofrece unha pequena entrevista en RNE-Vigo. Aproveitando que está en Pontevedra, fai un breve pero intenso repaso polas actividades e personalidades intelectuais que o influíron, sobre todo nos anos 30. A data da gravación é o 30 de abril de 1999.

Duración: 04'02''
Sinatura: PO0000104_01
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.






A familia como xermolo comunitario dunha nova sociedade




Conforme o seu compromiso cristián, Isla Couto participa na Semana da Familia, organizada polos Equipos de Nuestra Señora e realizada no Centro Cultural Caixavigo. A súa conferencia ten como título «A familia como xermolo comunitario dunha nova sociedade» e nela fai un repaso por distintos modelos familiares para, finalmente, reivindicar o seu sentido humanista, a función estimuladora e creativa que desenvolve e o foco de diálogo no que se debe converter. O audio grávase o 16 de xaneiro de 1992.

Duración: 05'53''
Sinatura: VI000008_1
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.