encontro.

O patrimonio musical en Galicia: os órganos

Xoves, 23 de marzo de 2017
Compartir:
Información

Case todas as antigas igrexas da nosa Galicia teñen tamén espírito de museo persoal. Falan as fachadas nas linguas propias dos seus estilos; entoan as naves salmos de pedra e brillan de ouro vello os retablos, que demandan comunicación plena con quen contempla a obra artística, que non é completa namentres non nos achegamos aos órganos coetáneos, que foron igualmente deseñados para elas de xeito propio, coas súas estruturas e recursos establecidos de acordo cos gustos e posibilidades de cada momento, que lles confiren unha linguaxe fónica inimitable nas súas cores e capacidades sonoras, logradas grazas ao traballo de excelentes artesáns que traballaron arreo tras de moitos aforros e ilusións.

O noso particular clima de profunda humidade, a fauna e a flora que lle corresponden e as penurias dos tempos foron labrando un triste carreiro, que coincidiu coa diminución de recursos económicos para facerlles fronte e, mesmo, coa falla prolongada de organistas e organeiros. Por iso, parece necesario xunguir o interese de cantos nos sentimos parte activa dos nosos tesouros artísticos coa vontade e recursos das administracións públicas e particulares, para recuperar un patrimonio arquitectónico e musical que precisa tamén darlle pulo á formación de organistas, que se poidan facer cargo da custodia amais de facer soar os nosos instrumentos. A maioría deles calados hoxe, por mor das dificultades dun momento, que comezou hai xa moito tempo.

 

Ficha técnica
O patrimonio musical en Galicia: os órganos
O patrimonio musical en Galicia: os órganos
Encontro. Xoves, 23 de marzo de 2017
Coordinación
Enrique Jiménez
Organiza
Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Inauguración
Maximino Zumalave Caneda
Relator/a
Roberto Fresco
Mª Soledad Mendive Zabaldica
Iago Seara
Oscar Valado Domínguez