Entre a Comunicación e a Arte

Ciclo

Xoves, 5 de abril de 2018
Información [Ver todos os da serie]

A idea deste ciclo é falar da arte pero desde outras disciplinas e visións. Establecer pontes desde os outros coñecementos cara á arte, non desde a arte cara aos outros coñecementos. Serían visións desde pensamentos máis ou menos estruturados, sobre a arte ou sobre como pensan eles a arte e a creación. Achegarán unha visión para os artistas desde outros coñecementos, que ampliarán actuacións na propia arte. A dirección non é desde a arte cara a eles senón desde eles cara á arte. Non se trata, polo tanto, dun intercambio de posicións entre artistas e axentes implicados na arte senón dunha recepción desde a arte de pensamentos, criterios e modos de enfocar que teñen outros pensamentos en principio alleos á propia arte e á xeración de obra artística. Do contraste de ambas as posicións preténdese que poidan achegarse á práctica ou ao pensamento artístico datos que permitan precisar, modificar ou axustar a creación dos artistas. De provocar e producir cruzamentos e entrecruzamentos con respecto a disciplinas e coñecementos que poidan ter un modelo de interpretación ou ben poida considerarse que o seu modelo de interpretación da arte é de interese para os propios artistas.

A primeira xornada centrouse na Tradución e Paratradución, coa opción Entre o Pensamento e a Arte. Corresponde agora propoñer a segunda xornada, Entre a Comunicación e a Arte.

A proposta aborda a visión da arte desde os coñecementos en Ciencias Sociais e Comunicoloxía. A cuestión é reflexionar sobre as imaxes artísticas desde a circulación das imaxes en xeral, non necesariamente artísticas, nos medios, nas redes sociais e en Internet. Pretendemos o recoñecemento de como a imaxe viaxa, se distribúe, se expande ou licúa na comunicación específica de Internet, o que mostraría unha especificidade moi característica da circulación de mensaxes e imaxes, que poden ser usadas polos artistas.

 

Imaxe: Manuel Quintana Martelo

Ficha técnica
Entre a Comunicación e a Arte
Entre a Comunicación e a Arte
Xornada. Xoves, 5 de abril de 2018
Coordinación
Miguel Fernández-Cid
Jesús Pastor Bravo
Asunta Rodríguez
Organiza
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Inauguración
Manuel Quintana Martelo
Ramón Villares
Modera
Asunta Rodríguez
Relator/a
Borja Casani
Daniel Martí Pellón
Gustavo Romano