exposición

Son de Galicia

Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, do 10 de outubro ao 30 de novembro de 2019
Información

Son de Galicia é unha mostra que conmemora o importante labor cultural desenvolvido polas diferentes sociedades corais no desenvolvemento da cultura galega no século XX. Transita pola historia das catro formacións que continúan activas arestora: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), Coral De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921).

A exposición, comisariada por Miguel Anxo Seixas, preséntase en 30 paneis acompañada de publicacións, manuscritos, fotografías, instrumentos, partituras, traxes, decorados, fragmentos de prensa… a través dos que se pode reconstruír unha época especialmente vizosa para a nosa cultura.

Ademais de adentrarse na historia das catro formacións, nesta exposición poderanse coñecer tamén denominadores comúns a todas as sociedades corais da época: o traballo etnográfico de recollida e interpretación da música e da vestimenta popular, o labor filantrópico e benéfico, as xiras e viaxes nas que se converteron en embaixadores da cultura galega, os inicios dunha actividade teatral galega e o seu fondo compromiso coa lingua de noso.

Ficha técnica
Son de Galicia
Son de Galicia
Exposición. Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, do 10 de outubro ao 30 de novembro de 2019