Álvaro Negro, Juan de Nieves: sobre a idea de "exposición"

24 de novembro de 2020
Información
Relatorios gravados. Non é necesaria inscrición previa.
No contexto artístico actual faise patente que a figura do comisario adquiriu maior protagonismo; feito que podemos constatar máis aló dos aspectos positivos ou negativos avaliables respecto a isto.

Tampouco é estraño que os artistas comisaríen exposicións ou que nalgunhas prácticas artísticas os límites entre as dúas disciplinas se tensionen ou ata se dilúan. Ambas as figuras basean a súa relación nunha sorte de interlocución aberta e porosa que resignifica e abre novas perspectivas en cada proxecto expositivo. En calquera caso, Juan de Nieves e Álvaro Negro intentarán abordar a cuestión do proxecto expositivo desde unha análise das súas posibilidades, ben sexa desde a narración, ben sexa desde o despregamento poético. As dúas opcións parecen hoxe metodoloxías máis frutíferas para o artístico que o paradigma cronolóxico e historicista.
Ficha técnica
Álvaro Negro, Juan de Nieves: sobre a idea de Imaxe da portada: Vista da exposición Narrativas Monumentales, comisariada por Álvaro Negro no MAC Gas Natural Fenosa, 2015-16
Álvaro Negro, Juan de Nieves: sobre a idea de "exposición"
Xornada. 24 de novembro de 2020
Coordinación
Sofía Santos Pérez
Rosario Sarmiento
Relator/a
Álvaro Negro
Juan de Nieves
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)