18:00 horas
Presentación
Carme Adán, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG
18:15 horas
Por que nos contan o que nos contan?
Belén Gopegui dialoga con Carme Adán
Belén Gopegui
Madrid, 1963. Licenciada en Dereito (UAM), doutora en Humanidades (UC3M).
Publicou, entre outras, as novelas La escala de los mapas (1993), La conquista del aire (1998), Lo real (2001), El lado frío de la almohada (2004), El Padre de Blancanieves (2007), Acceso no autorizado (2011), El comité de la noche (2014), Quédate este día y esta noche conmigo (2017), a conferencia Ella pisó la Luna, ellas pisaron la Luna (2019) e unha selección dos seus ensaios titulada Rompiendo algo.
En setembro de 2021 apareceu a súa última novela, Existiríamos el mar. De cando en cando escribe artigos en diversos medios.
Carme Adán
Ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía (1997-2005). Foi secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego (2005-2009) e presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia (2007-2009). Na VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismo e coñecemento (2003), Cartografías do derrubo (2011), “Cyborg”, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”, na Revista Andaluza de Antropología (2018), e Feminicidio, unha nova orde patriarcal en tempos de submisión (2018). É catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a Sección de Pensamento (CCG).
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205