A industria discográfica en Galicia
Do vinilo ás plataformas dixitais
Xornada. 9 de xuño de 2022
A industria da música vive un momento crítico a consecuencia do proceso de dixitalización sufrido nas últimas décadas, con importantes cambios nos soportes de gravación e reprodución, no modelo de negocio e no consumo. Os cambios continuos nos formatos, a eclosión de Internet e as novas tendencias de consumo, coa aparición de novas formas de pirataría e a irrupción de plataformas de distribución alleas ao sector tradicional, levaron a industria a unha crise total de vendas, co afundimento de grandes selos discográficos e a modificación da relación entre os creadores e o público cara a un modelo de distribución con novos paradigmas.
Pero non todo foi negativo, a dixitalización trouxo novas oportunidades, de xeito que as redes favoreceron a aparición e o éxito de grupos noveis, aumentaron a música en vivo, cara a un contacto máis directo entre artistas e seguidores, e mesmo a ruptura dos mercados locais para unha maior e máis rápida internacionalización dos produtos, que xa non buscan compradores senón usuarios.
Estes cambios a nivel global teñen unha manifestación particular nos pequenos mercados, como o galego, onde a simplificación e o abaratamento dos procesos de produción musical están dando lugar ao nacemento de novos selos, a fenómenos de autoedición promovidos directamente polos artistas e aos retos de facer visibles na rede os contidos sonoros dunha cultura musical tan rica como a galega.
O Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega reúne nesta xornada pensadores, editores e creadores para facer un diagnóstico da situación e perspectivas de futuro dun sector clave da industria cultural galega.
A industria discográfica en Galicia
Do vinilo ás plataformas dixitais
Xornada. 9 de xuño de 2022
Sesión da mañá
10:30 horas
Inauguración
11:00 horas
A industria musical na globalidade: do disco ás plataformas dixitais
Alfonso Espiño, músico e doutor en Historia da Arte
12:00 horas
Pausa
12:30 horas
Historia da música gravada en Galicia: horizontes e perspectivas
Fernando Fernández Rego, profesor e investigador en temas musicais, autor de Unha historia da música en Galicia 1952-2018
13:30 horas
DebateSesión da tarde
16:30 horas
Mesa redonda
Novos retos para produtoras e editoras discográficas galegas no panorama global contemporáneo
Coordina: Alejo Amoedo
Participan:
Maritxu Alonso, Uterzine
Josiño Carballo, Ernie Records
Segundo Grandío, Casa de Tolos
18:00 horas
Mesa redonda
Debilidades, fortalezas, resistencias e esforzos para sacar adiante a produción discográfica galega
Coordina: Santi Montes
Participan:
Manuel Alonso, Músicas ao Vivo
Michel Valiña, Asociación Distant Sounds
Jordi Lauren, PlayPlan Cultural
19:30 horas
Peche da xornada
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A industria discográfica en Galicia
Do vinilo ás plataformas dixitais
Xornada. 9 de xuño de 2022
Solicita a túa inscrición
A industria discográfica en Galicia
Do vinilo ás plataformas dixitais
Xornada. 9 de xuño de 2022