Musealizar a arte do exilio galego

Xornada

Musealizar a arte do exilio galego

Martes, 25 de outubro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

Musealizar a arte do exilio galego

Martes, 25 de outubro de 2022 Santiago de Compostela
O exilio da Guerra Civil ocasionou un éxodo sen precedentes da intelectualidade galega xunto á dispersión dun patrimonio artístico que tardou anos en ser parcialmente recuperado. O camiño do retorno favoreceu o regreso de varias coleccións creadas na diáspora; non obstante, a viaxe de volta non sempre foi posible, e entre os obstáculos encontrados atópase buscar un lugar onde depositar, nos seus lugares de orixe, un legado artístico e persoal.

O obxectivo que pretende esta xornada é afondar no labor que veñen desempeñando os museos e institucións que conservan o patrimonio cultural procedente do exilio galego, espazos que traballan na súa difusión e salvagarda. Con todo, non podemos esquecer o papel democratizador que exerceron as galerías de arte, pois foron as primeiras en dar a coñecer, no panorama cultural galego, aos artistas do exilio e en incentivar a incorporación das súas obras nas coleccións públicas e privadas.

A xornada organízase en dúas sesións, a primeira está dedicada aos museos monográficos creados para rescatar a memoria dun artista e renderlle homenaxe. Trátase dun tipo de institución que foi clave para a posta en valor de figuras do pasado, así como o impulso de proxectos expositivos e liñas de estudo. Na segunda sesión proponse analizar a representación que teñen estes artistas nos principais museos galegos, o proceso de integración nas coleccións e a súa presenza no discurso expositivo.

Da man dos principais representantes destas institucións, analizarase o panorama museístico galego e as súas coleccións, un tema de estudo que require ser abordado pola relevancia e as características distintivas que ten no mapa museístico español, e que abre a porta a futuros proxectos relacionados coa conservación da memoria democrática.
Ficha técnica
Xornada.
Musealizar a arte do exilio galego
Data
Martes, 25 de outubro de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Inmaculada Real López
Participante
Aurelia Balseiro
María América Díaz Pampín
Natalia Fernández Segarra
Beatríz Liz de Lea
Silvia Longueira
Carlos López Bernárdez
Ángeles Penas Truque
Javier Pérez Buján
Inmaculada Real López
Ángeles Tilve Jar
Colabora
Secretaría Xeral de Emigración
Universidad Complutense de Madrid
Organiza
Consello da Cultura Galega