As corais: dinamizadoras imprescindibles do tecido cultural galego

Xornada

As corais: dinamizadoras imprescindibles do tecido cultural galego

22 de novembro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

As corais: dinamizadoras imprescindibles do tecido cultural galego

22 de novembro de 2022 Santiago de Compostela
O movemento coral en Galicia xorde a finais do século XIX, coincidindo co apoxeo das sociedades de recreo, nas que se integran importantes orfeóns. O posterior declive destes últimos coincide co auxe dos coros galegos, centrados na recuperación do folclore, ao abeiro das Irmandades da Fala (1916). Mais o nacemento da Coral Polifónica de Pontevedra en 1925 supuxo un novo modelo que imitar e que aínda está vixente na actualidade. As corais galegas, ao longo do século pasado e no primeiro cuarto do século XXI, foron capaces de manterse activas e converterse en instrumento integrador e de participación na cultura das vilas e cidades galegas, como divulgadoras do noso patrimonio musical popular.

Nesta xornada, sen esquecernos do pasado nin omitir os moitos problemas xerados pola Covid-19 nas agrupacións na actualidade máis inmediata, queremos analizar a incidencia na sociedade galega contemporánea das case trescentas corais existentes na Comunidade, profundando no seu carácter dinamizador e vertebrador do tecido cultural do noso territorio, ao propiciar o desenvolvemento musical e artístico tanto das persoas integrantes das agrupacións como do público en xeral, sen esquecernos da súa importante función divulgativa e pedagóxica.
Ficha técnica
Xornada.
As corais: dinamizadoras imprescindibles do tecido cultural galego
Data
22 de novembro de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Alejo Amoedo
Cristina Domínguez Dapena
Relator/a
Alberto Cancela
Håkan Casares
Patricia Cupeiro
Margarita Guerra
Enrique Lorenzo
Antonio Rey Cornide
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)

Imaxe da portada: Ars Musicae, 1977. Primeira actuación. Cortesía: Margarita Guerra