NOTICIA

----

O CCG lembrará a figura de Carlos Casares como intelectual comprometido coa sociedade

Carlos Casares foi o terceiro presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002), e unha figura comprometida coa potencialidade da cultura e da lingua galegas para construír unha Galicia mellor. É por iso que, co gallo do Día das Letras Galegas 2017, o CCG vai prestar unha atención importante á dimensión de Carlos Casares como intelectual público a través dunha programación de actos que se prolongará ao longo do ano 2017.
O CCG lembrará a figura de Carlos Casares como intelectual comprometido coa sociedade

É por iso que, co gallo do Día das Letras Galegas 2017, o CCG vai prestar unha atención importante á dimensión de Carlos Casares como intelectual público a través dunha programación de actos que se prolongará ao longo do ano 2017

Concerto das Letras
O tradicional concerto das letras do CCG celebrarase en dúas datas: o 16 de maio no Auditorio de Ourense e o 19 de maio no Auditorio de Santiago de Compostela. Tratarase dunha actuación da Filarmonia de Galicia e o Coro xove da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, na que se intepretarán diferentes obras sobre textos de autores galegos ou de temática galega. Entre eles, estrearase a obra “Formiga” de Rubén Vizcaino sobre un texto do libro “A galiña azul de Carlos Casares”.

Simposio Carlos Casares 2017
O CCG organizará tamén o 16 e 17 de novembro un simposio organizado polo Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Fundación Carlos Casares. Na sesión analizarase o seu papel como, intelectual público, intermediador cultural e na proxección exterior da cultura galega.

Publicacións multimedia
A maiores, o CCG realizará publicacións en diferentes formatos, orientadas a amosar o perfil poliédrico de Casares e a súa capacidade para chegar a diferentes públicos. Na tradicional publicación conmemorativa do Día das Letras Galegas, o CCG realizará unha edición de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e tamén a edición dun CD-Audio a partir das gravacións coa voz de Carlos Casares. Ao mesmo tempo, o CCG dispoñibilizará recursos en rede nos seus webs, poñendo a disposición do público numeroso material da institución ao redor de Carlos Casares.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: