NOTICIA

----

Recuperamos unha gravación de 1983 que afonda nas relacions entre Galicia e Portugal

Hoxe, 25 de abril, conmemórase o aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal. Aproveitamos esta efeméride para recuperar a gravación dunha mesa redonda celebrada na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na que se falaba das relacións entre Galicia e Portugal. A cita tivo lugar no marco do "Encontro Universitario do Noroeste Peninsular" e nela participaron Ricardo Carballo Calero, Ramón Villares, Ramón Martínez López, Carlos Alberto Ferreira de Almeida e Carlos García Martínez. O presentador daquel acto foi Manuel Martínez Barreiro.

A gravación, que pertence á colección Amancio Liñares que está depositada no Arquivo Sonoro de Galicia, pódese escoitar no marco do noso especial sobre Ricardo Carballo Calero (apartado audios).

Especial Carballo Calero