Poñemos na rede unha edición de "O estatuto de Galiza” no aniversario do seu plebiscito

O 28 de xuño de 1936 celebrouse o plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia. Doce anos despois, a Federación de Sociedades Galegas, os catro centros provinciais, o ABC de Corcubión, o Centro Betanzos e a Irmandade Galega, conmemoraron esa efeméride coa publicación do texto do Estatuto. Aproveitamos o aniversario para difundir o texto editado pola colectividade galega en Arxentina en 1948 que contén, ademais do Estatuto, unha historia do autonomismo galego.
Poñemos na rede unha edición de

O día en que se celebrou o plesbiscito do Estatuto de Autonomía batéronse marcas de participación: votou o 74,56% do censo electoral (1.343.135 electores inscritos). Dos 1.000.963 votos emitidos, 993.351 foron a favor (o 99,24%), 6.161 en contra e 1.451 en branco. O Estatuto nunca entrou en vigor por mor do inicio da Guerra Civil Española.

Doce anos despois, en 1948, a colectividade galega emigrada a Bos Aires publicou "O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios" que contén o texto do primeiro Estatuto pero tamén unha historia sintética do autonomismo galego. Poñemos en rede este documento que figura entre o material que custodia o Arquivo da Emigración Galega.



O teu navegador non soporta o visor. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.
"O estatuto de Galiza”
Edición de 1948
Fonte da imaxe: Twitter: https://bit.ly/2YCw3LV