Xosé María Díaz Castro
Os Vilares, Guitiriz, 19/ 2/1914 - Lugo, 2/10/1990Autoría: Armando Requeixo
A escrita da beleza que fere para sempre
Así acontece coa vida e obra de Díaz Castro, da que tantas veces adoita lembrarse unicamente o seu magnífico poema “Penélope” e, con sorte, a perfecta sinfonía que conforma o poemario Nimbos. Mais hai moita vida e non pouca dedicación literaria alén do monumento penelopiano. As liñas que seguen tentan amosalo para mellor comprender a transcendente confesión do propio autor: “a beleza feriume para sempre”.
Vida
Xosé María Díaz Castro naceu no lugar do Vilariño, nos Vilares de Parga, Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. De pequeno criouse nunha casa labrega acomodada, pois seu pai traballaba de escribán no concello e tiña querenza pola lectura de prensa e libros, o que soubo transmitir ao fillo.
Cando alcanzou a idade necesaria, e logo de estudar as primeiras letras nos eidos natais, a familia decidiu envialo ao Seminario de Santa Catarina en Mondoñedo. Na vella cidade episcopal permaneceu entre 1929 e 1936. Alí cursou tres anos de Latín e Humanidades, outros tantos de Filosofía e dous de Teoloxía, todos eles con excelentes cualificacións.
Por este tempo revelouse a grande afección de Díaz Castro pola adquisición de novos idiomas. Durante os anos de seminarista aprendeu latín, grego, algo de hebreo, francés (que lía con soltura en edicións de libros e revistas que pedía directamente a Francia) e, incipientemente aínda, inglés e rudimentos de alemán.
En Mondoñedo escribiu tamén os primeiros textos que publicou en xornais e revistas da zona e non só, como Lluvia de Rosas (Lleida), El Progreso Villalbés, Mundo de Ahora (Lugo), Vida Gallega (Vigo), Vallibria ou Perla del Calvario (Mondoñedo).
A este espertar literario contribuíu decisivamente a amizade co tamén entón seminarista Aquilino Iglesia Alvariño, quen lle presentou a Antonio Noriega Varela e a outros autores mindonienses, como o poeta e xornalista Xosé Díaz Jácome.
Ao estourar a Guerra Civil, Díaz Castro deixou o Seminario para incorporarse ao Exército, indo loitar á fronte de Asturias durante un breve espazo de tempo. Pouco despois foi relevado do seu posto na fronte e pasou a ser destinado ao Hospital Militar de Pontevedra, onde permaneceu o resto da guerra traballando como enfermeiro.
Tras licenciarse, reincorporouse ao Seminario de Mondoñedo a finais de 1939, mais decidiu pronto que a carreira eclesiástica non era o seu e abandonou a primeiros de 1940. Foi daquela cando chamou por el o seu amigo Iglesia Alvariño, director nese tempo do prestixioso Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa, a cuxo claustro de profesores o convidou a incorporarse.
En Vilagarcía Díaz Castro viviu sete anos (1940-1947). Durante ese tempo seguiu a colaborar coa prensa galega e estatal con poemas en galego e castelán en cabeceiras como Cartel, La Estafeta Literaria, a xa amentada Lluvia de Rosas, Pregón ou La Noche. Tamén entón publicou os primeiros traballos en edición exenta: Nascida d’un sono (1947) e mais El Cántico de la Ciudad (1947), plaquettes autoeditadas no prelo da Librería Celta de Vilagarcía que recollían dous poemas premiados en agosto de 1946 nos Xogos Florais de Betanzos.
Estes anos arousáns serviron tamén para que o escritor seguise perfeccionando a aprendizaxe de idiomas. Mellorou o seu inglés co estudo intensivo de diversos métodos e aproveitando as audicións radiofónicas da BBC e avanzou no coñecemento do alemán grazas tamén ás lecturas e, sobre todo, ás clases que recibiu de Charles Lessner, un afillado de Karl Marx que residía na vila.
Ao remate do curso 1946-1947 Díaz Castro abandonou Vilagarcía e marchou ao Vilariño. Alí permaneceu uns meses preparando unhas oposicións que finalmente gañou e que o levaron a residir a Madrid, a onde chegou no verán de 1948 para traballar como tradutor no Ministerio da Gobernación. Nese posto permaneceu ata 1952 e mentres estivo nel o seu cometido consistiu en traducir telegramas, cartas oficiais e outros textos que lle solicitaba un coronel de Enxeñeiros pertencente ao Servizo de Intelixencia. Este traballo compaxinouno o autor coa docencia en diversas academias de Ensino Medio, nas que impartiu clase de idiomas.
Por aqueles anos tamén deu a coñecer novos textos en revistas como Sonata Gallega e, principalmente, Alba, coa que colaborou co envío de poemas tanto en castelán coma en galego e mesmo coa achega de traducións de textos alemáns e ingleses.
En 1952 incorporouse como tradutor ao Instituto de Cultura Hispánica, onde estivo ata 1966. Durante ese tempo casou con María Teresa Zubizarreta Bengoetxea (1954) coa que, andando os anos, tivo tres fillos: José María, Maite e mais Íñigo.
Dende o punto de vista literario, estes anos foron decisivos na súa carreira, pois en 1955 foi convidado a participar na Escolma de Poesía Galega. IV. Os contemporáneos que daquela publicou Francisco Fernández del Riego. A lectura dos versos que alí enviou sorprendeu gratamente a toda a intelectualidade galega do momento e fixo que o antólogo e Ramón Piñeiro, aconsellados por Ricardo Carballo Calero, insistisen para que compuxese un libro de versos con intención de publicalo na Editorial Galaxia.
Finalmente, logo de moitos ires e vires, o volume editouse en xullo de 1961 co título de Nimbos, causando unha gran sensación no mundo literario galego, pois recibiu o aplauso de voces como Xosé María Álvarez Blázquez, Vicente Risco, Ricardo Carballo Calero, Ramón Lugrís, Ánxel Fole ou Ramón Otero Pedrayo.
Tras o seu debut como poeta en libro, Díaz Castro veuse premido por obrigas laborais e profesionais que acabaron facendo que gardase un prolongado silencio e, se ben o guitiricense endexamais abandonou a escrita, si que abriu unha longa paréntese na súa actividade poética pública.
O tempo que non puido dedicar á publicación das súas poesías absorbérono por completo as xeiras vitais e familiares e, sobre todo, o traballo primeiro no Instituto de Cultura Hispánica e, a partir de 1966 e ata a súa xubilación en 1983, no Centro del Frío (logo Instituto del Frío) do CSIC, onde exerceu como Titulado Técnico Especializado, chegando a ocupar os postos de Axudante de Investigación de Primeira Clase e Xefe do Departamento de Investigación.
Nestes centros o labor como tradutor profesional de Díaz Castro revelouse intenso e, se no Instituto de Cultura Hispánica foi o encargado da tradución dos textos en francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas, no CSIC foi o responsable das traducións inglesas, francesas, italianas, alemás e danesas, pois foi por aqueles anos cando tamén obtivo os diplomas de Inglés e Alemán no Instituto de Idiomas da Facultade de Filosofía e Letras de Madrid (1968) e, na década seguinte, rexistrouse como membro da Asociación Profesional Española de Traductores e Intérpretes.
Paralelamente ao seu labor nestes centros de investigación, as horas de sono ocupounas trasladando centos de páxinas para diversas editoras (sobre todo Aguilar e as Selecciones del Reader’s Digest) que solicitaban del traducións de obras narrativas e divulgativas nas que andou ocupado dende mediados dos 50 ata fins dos 70.
Coincidindo co remate da vida laboral, a primeiros dos 80, o poeta recobrou a súa presenza pública. Axudou a isto a reedición de Nimbos en 1982 por parte da Editora Nacional, onde as composicións do de Guitiriz apareceron nunha edición bilingüe galego-castelá que el mesmo se encargou de traducir e que prologou Ricardo Carballo Calero. Pero tamén contribuíron a pór novamente en circulación o escritor as súas colaboracións en revistas como Xermolos, Dorna e Amencer.
A década dos 80, con Díaz Castro de regreso en Guitiriz, foi a da súa definitiva consagración, pois publicáronse daquela importantes estudos sobre a súa obra e reeditouse novamente Nimbos en 1989, o que axudou a mitigar os reveses cos que entón a vida o marcou: primeiramente, dous infartos graves (un en novembro de 1984 e outro en decembro de 1987); logo, a morte en outubro de 1988 da súa muller.
Estes dolorosos sucesos contribuíron a empeorar a súa xa delicada saúde e acabaron facendo que en setembro de 1990 ingresase no Hospital Xeral de Lugo, onde acabou falecendo o 2 de outubro. Os seus restos descansan hoxe no cemiterio da súa vila natal.
Obra
O escritor guitiricense foi un importante poeta en lingua galega, mais tamén escribiu versos en castelán, ocasionais textos narrativos, artigos e colaboracións xornalísticas e un importante número de traducións e algúns poemas en idiomas que non foron nin o galego nin o castelán.
Díaz Castro escribiu algo máis de douscentos poemas en galego entre 1931 e 1990. En vida deu ao prelo as trinta e dúas poesías de Nimbos (1961) e, con anterioridade, a composición Nascida d’un sono (1947). A restante produción, que inclúe unha trintena de versos que fora dando a coñecer na prensa periódica e nalgún volume colectivo, ademais dos poemarios de mocidade Follas verdes (1934) e Follas ô aire (1935) e outras composicións que ficaran tamén inéditas en follas soltas, poden consultarse na edición de 2014 da súa Poesía galega completa.
Da súa obra en castelán ficaron algunhas mostras publicadas en cabeceiras dos anos 30 (Lluvia de Rosas, El Progreso Villalbés, Mundo de Ahora, Vida Gallega e Vallibria) e de Posguerra (La Estafeta Literaria, Pregón, Cartel, Sonata Gallega, La Noche e Alba), aínda que deixou escrito gran número de composicións nun Caderno-Borrador Manuscrito (1946) e Caderno-Borrador Mecanoscrito (1948), e tamén o longo poema «Mediodía» (1947) e o caderno mecanografado Sombras radiantes, redactado nos 50. Xustamente co título de Sombras radiantes y otros poemas publicouse en 2014 unha ampla antoloxía da súa escrita en idioma castelán.
Do seu labor como contista humorístico en galego ficaron mostras entre abril de 1944 e outubro de 1945 en La Hoja del Lunes de La Coruña asinadas baixo diferentes pseudónimos. E das súas ocasionais colaboracións xornalísticas atópanse exemplos en medios como El Pensamiento Navarro ou Faro de Vigo.
Finalmente, non debe esquecerse que o de Guitiriz foi tamén un destacado tradutor de textos tanto narrativos coma poéticos, igual ao castelán que ao galego e aínda a outras linguas, como testemuña o Cartafol de traducións e outros poemas (2014) publicado polo Consello da Cultura Galega, onde se compilan as súas versións de poesías de diversos idiomas, ao tempo que se dá conta do seu traballo como tradutor para importantes editoriais españolas da Posguerra e da Transición.
Obra
Nimbos (1961)
Poesía galega completa (2014). Ed. de Armando Requeixo
Cartafol de traducións e outros poemas (2014). Ed. de Armando Requeixo
Sombras radiantes y otros poemas (2014)
Epistolario (2014). Ed. de Armando Requeixo
Bibliografía
Blanco García, Carmen: «Díaz Castro e as mulleres da Terra: as metamorfoses da Grande Nai en Nimbos». En Nais, damas, prostitutas e feirantas. Vigo: Xerais, 1995; 247-276.
Blanco Torrado, Alfonso (1995): A ascensión dun poeta. Xosé María Díaz Castro. Lugo: El Progreso / Fundación Caixa Galicia.
Carballo Calero, Ricardo (1982): «Introducción». En Díaz Castro, Xosé María: Nimbos. Madrid: Editora Nacional; 7-17.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (1984): «Xosé María Díaz Castro». En De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais; 199-210.
Requeixo, Armando (1997): «Luces e contraluces na poesía de Xosé María Díaz Castro». En Actas do I Congreso Internacional «Adquisición e aprendizaxe das linguas segundas e as súas literaturas». Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela; 327-337.
Requeixo, Armando (1999): «A poesía de Xosé María Díaz Castro: prehistoria de Nimbos». En Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela; 1247-1259.
Requeixo, Armando (2001): «Xosé María Díaz Castro, poeta de Preguerra», Madrygal, 4: 99-109.
Requeixo, Armando (2002): «Xosé María Díaz Castro traductor». En Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela; 705-713.
Requeixo, Armando (2013): Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Vigo: Galaxia.
Rodríguez Fer, Claudio (1989): «Análise da estructura do poema “Penélope”». En Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Xerais; 199-210.
vv. aa (1987): Homenaxe a X. M. Díaz Castro. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos.
vv. aa (2014): Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz. Vigo: Santiago de Compostela: Galaxia / Xunta de Galicia.
vv. aa (2014): Boletín da Real Academia Galega. Xosé María Díaz Castro, 375.
vv. aa (2014): Cadernos Ramón Piñeiro. XXIX. Nimbos: cáliz fervendo!. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
vv. aa (2014): Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014. Santiago de Compostela: Departamento de Filoloxía Galega da USC.
Como citar: Requeixo, Armando : Xosé María Díaz Castro. Publicado o 1/10/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1109. Recuperado o 21/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema autógrafo de Xosé María Díaz Castro. Ver Documento
Fonte: Requeixo, Armando (2013): «Rosalía e Díaz Castro», Criticalia, (24 de febreiro)
https://armandorequeixo.wordpress.com/2013/02/24/rosalia-e-diaz-castro/ [Descarga: 2024-09-26]
Manuscrito autógrafo de Manuel María a Díaz Castro. Ver Documento
Arquivo Saleta Goy
Fonte: Real Academia Galega. Galicia, a forza da palabra. Catálogo da exposición con motivo do centenario da RAG.
Dedicatoria manuscrita de Xosé María Díaz Castro a Ramón González-Alegre. Ver Documento
Fonte: Requeixo, Armando (2014): «Ars dedicandi: Xosé María Díaz Castro», Criticalia, (2 de outubro)
https://armandorequeixo.wordpress.com/2014/10/02/ars-dedicandi-xose-maria-diaz-castro/ [Descarga: 2024-09-26]
Nimbi. Ver Documento. Libro
Edición en italiano de Nimbos realizada con motivo do Día das Letras Galegas polo Centro de Estudos Galegos da Università degli Studi di Padova
Fonte: Portal da Lingua Galega
https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2014/contido_0051.html [Descarga: 2024-09-10]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Comunicado de Xermolos ao Parlamento Europeo para a restauración da casa de Díaz Castro. Ver Documento
Fonte: Asociación Cultural Xermolos [Descarga: 2024-09-02]
Xosé María Díaz Castro, versos guitiricenses. Ver Documento
Reedición dun traballo da Asociación Xermolos, sobre a vida e obra do autor, en forma de banda deseñada.
Fonte: Portal da Lingua Galega
https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2014/descarto/contido_0039.html [Descarga: 2024-09-10]
Xosé María Díaz Castro: a beleza que fere. Ver Documento
Unidade didáctica destinada á ESO, elaborada para a AELG por Armando Requeixo
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
https://www.aelg.gal/resources/didacticspace/units/didactic50/DW_didactic50_1_1.pdf [Descarga: 2024-09-26]
Xosé María Díaz Castro: Nimbos. Ver Documento
Unidade didáctica destinada ao Bacharelato, elaborada para a AELG por Armando Requeixo
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
https://www.aelg.gal/resources/didacticspace/units/didactic29/DW_didactic29_1.pdf [Descarga: 2024-09-26]
Un paso adiante e outro atrás. Ver Documento. Artigo
Fonte: Forcadela, Manuel: «Un paso adiante e outro atrás». Sete leccións de poesía. A Coruña: Espiral Maior, 2009; 84-98. [Descarga: 2024-09-10]
A muller na poesía galega de Xosé María Díaz Castro. Ver Documento. Artigo
Fonte: Vázquez López, Xesús Fernando: «A muller na poesía galega de Xosé María Díaz Castro». En González, Helena, Lama, Mª Xesús (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada: Ediciós do Castro, 2007; 313- 324. [Descarga: 2024-09-10]
Díaz Castro, nesta hora . Ver Documento. Artigo
Fonte: Franco Grande, Xosé Luís: «Díaz Castro, nesta hora», Grial. Revista Galega de Cultura, 6 (1964), 512-518. Ed. facs.[Descarga: 2024-08-30]
Recensión de Nimbos publicada por Ramón Otero Pedrayo en La Noche. Ver Documento. Recensión
Fonte: Armando Requeixo
Ligazóns de interese
Xosé María Díaz Castro recita «Penélope»
Programa Zigzag do 25/06/2013 (min. 7)
Fonte: Televisión de Galicia [Consulta: 2024-09-26]
As pegadas de Díaz Castro
Roteiro que recrea o universo de Díaz Castro con vídeos, fotografías e audios dos lugares e xentes que formaron parte da súa da vida.
Fonte: IES Poeta Díaz Castro
https://alusdomundo.com/roteiro/pegadas-de-diaz-castro/ [Consulta: 2024-08-30]
Poeta Díaz Castro
Fonte: www.poetadiazcastro.com [Consulta: 2024-07-17]
Xosé María Díaz Castro na web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/letras-galegas/2014/xose-maria-diaz-castro [Consulta: 2024-07-17]
Xosé María Díaz Castro na web da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia https://dbe.rah.es/biografias/53873/xose-maria-diaz-castro [Consulta: 2024-07-17]
A Asociación Cultural Xermolos e Xosé María Díaz Castro
Fonte:https://www.xermolos.org/paxina_nova/index.php/diaz-castro/letras-galegas-2914 [Consulta: 2024-07-17]
Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro
Blog da Biblioteca da USC dedicado ás persoas homenaxeadas o Día das Letras Galegas
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela
https://letrasga2014.wordpress.com [Consulta: 2024-07-17]
Boletín da Real Academia Galega de 2014, dedicado a Xosé M.ª Díaz Castro
Fonte: Real Academia Galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/view/38 [Consulta: 2024-07-17]
Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro
Compilación de recursos educativos da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)
Fonte: Arquivo Web do Consello da Cultura Galega
https://consellodacultura.gal/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/letras2014/index.html [Consulta: 2024-07-17]
Cadernos de Estudos Xerais n.º 1, dedicado a Xose María Díaz Castro
Fonte: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo
https://areal.gal/estudos-xerais.html [Consulta: 2024-07-17]
Xosé María Díaz Castro na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro [Consulta: 2024-07-17]
Nimbos. Cáliz Fervendo!
Cadernos Ramón Piñeiro XXIX (2014), dedicado a Xosé María Díaz Castro
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
https://www.cirp.es/pub/docs/crp/crp29.pdf [Consulta: 2024-07-26]
Xosé María Díaz Castro no Portal da Lingua Galega
Fonte: Secretaría Xeral da Lingua
https://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0052/2014-xose-maria-diaz-castro [Consulta: 2024-08-29]
Unha lectura crítica de Nimbos no centenario de Xosé María Díaz Castro
Por Miro Villar
Fonte: Crebas.gal, Bitácora de Miro Villar
https://crebas.gal/unha-lectura-critica-de-nimbos-no-centenario-de-xose-maria-diaz-castro/ [Consulta: 2024-09-10]
Videos
A lus do mundo
Documental producido polo IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, vila natal deste autor, para redescubrilo e mostrar a permanencia do seu legado.
Fonte: IES Poeta Díaz Castro
https://alusdomundo.com [Consulta: 2024-09-02]
Proxecto NIMBOS
Tributo do blog Acto de Primavera a Xosé María Díaz Castro: 27 curtas de creadores e creadoras cinematográficos que quixeron inventar imaxes a partir dos seus versos.
Fonte: Acto de Primavera [Consulta: 2024-09-02]
7 poemas de Díaz Castro
Darío Xohán Cabana, Alfonso Blanco, Mero Iglesias, Mini, Margarita Ledo Andión e Xaquín Campo Freire recitan cadanseu poema de Nimbos.
Fonte: CPI dos Dices Rois [Consulta: 2024-09-02]
Fuxan os Ventos e Xosé María Díaz Castro
«Penélope» musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os Ventos. O recitado é do propio Xosé María Díaz Castro.
Fonte: Fuxan os Ventos [Consulta: 2024-09-06]
O instante eterno (versión curta)
Documental dirixido por Xosé Antón Cascudo sobre o poeta Xosé María Díaz Castro.
Fonte: Xosé Antón Cascudo [Consulta: 2024-09-06]
Quezáis
Poema musicado do disco Zapatiños para Díaz Castro (Letras galegas 2014), de 2naFronteira. Este traballo recolle 14 poemas de Nimbos.
Fonte: Música en galego
https://musicaengalego.blogspot.com/2014/04/2nafronteira-zapatinos-para-diaz-castro.html [Consulta: 2024-09-06]
A beleza fireume para sempre. A obra de Xosé María Díaz Castro
Documental realizado polo CPI dos Dices-Rois sobre o poeta Díaz Castro. Nel inclúense entrevistas con Alonso Montero, Alfonso Blanco, Armando Requeixo, Darío Xohán Cabana, Xaquín Campo Freire, Margarita Ledo Andión, Mero Iglesias e Mini.
Fonte: CPI dos Dices Rois [Consulta: 2024-09-02]
Nimbos de poesía
Viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, dirixida por Xulio Xiz, que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta. Peza orixinal de 1987, remasterizada pola Xunta de Galicia en 2014.
Fonte: Xunta de Galicia [Consulta: 2024-09-02]
Penélope (Palabras de Díaz Castro)
Comentario do léxico empregado por Díaz Castro no poema «Penélope» e do seu simbolismo.
Fonte: Portal das Palabras. Real Academia Galega [Consulta: 2024-09-02]
Nimbos e Esmeralda
Microespazos animados das Letras Galegas 2014.
Fonte: Xunta de Galicia e Radio Televisión de Galicia Xosé María Díaz Castro recita «Penélope»
Programa Zigzag do 25/06/2013 (min. 7)
Fonte: Televisión de Galicia [Consulta: 2024-09-26]
Audios
REPORTAJE Y ENTREVISTA A XOSE MARIA DIAZ CASTRO SOBRE POESIA
Artigos Xosé María Díaz Castro
DíAZ CASTRO, X. (12/1948) El cántico de la ciudad | Betanzos. 1ª (43), 12-14.
Libros do ccg sobre Xosé María Díaz Castro
Cartafol de traducións e outros poemas.
2014 | Xosé María Díaz Castro, Autoría. Armando Requeixo, Edición.