Antolín Faraldo
Betanzos, 2/ 9/1823 - Granada, 20/6/1853Autoría: Xurxo Martínez González
A intelixencia e o corazón do provincialismo
En palabras de Manuel Murguía
fue el primero y el mejor. O primeiro en marcar o horizonte do autogoberno galego; o mellor porque se entregou até coa alma pola liberdade malia padecer persecución, censura, exilio e represión.
O lar familiar era todo absolutista. O seu pai, Feliciano Vicente, destacara como militante activo a prol de Fernando VII e despois do carlismo, polo que padecería cadea e desterro.
Antolín, tras pasar os primeiros anos de vida en Betanzos, trasládase contra 1832 a Compostela. A familia viviría no actual Hostal dos Reis Católicos pois o pai accedera ao cargo de administrador-contable do antigo Gran Hospital.
Con notas sobresaíntes en Filosofía, ingresa na USC para estudar Medicina. Fixo tres cursos, matriculado en
clase de pobre, pero non se licenciou. Mais a súa vocación era o xornalismo, a historia e a militancia política.
Como xornalista integra a redacción de varios periódicos galegos e españois. Destacamos El Recreo Compostelano de 1842 (onde Murguía afirma que se asentaron as bases do nacionalismo), El Porvenir de 1845 (o título máis importante da Xeración de 1846 e o proxecto máis persoal de Antolín) e La Europa de 1851 (pechado por petición do Vaticano). O seu estilo acadou unha rápida madurez ofrecéndonos textos de gran calidade literaria (por exemplo, os dedicados á polémica sobre o suicidio) e de gran relevancia filosófica (por exemplo, «Nuesta bandera literaria»).
Como historiador seguiu as teses enunciadas na Historia de Galicia de José Verea Aguiar. Pero, a diferenza deste, realiza unha interpretación política de maneira que no pasado se xustifica o carácter nacional galego.
En la historia se aprende la libertad, escribiu en El Recreo Compostelano.
Como militante político serviu sempre nas filas do Partido Progresista na súa tendencia máis radical. O republicanismo, o dereito á revolución ou a defensa íntegra da liberdade serían as súas bandeiras.
Todo isto mesturouse cun pensamento provincialista (entendido como unha fase primixenia da construción do discurso nacionalista) que se expresa a miúdo nos seus textos. De maneira máis ou menos diáfana, presenta un concepto democrático de nación: Galiza será unha nación cando o pobo galego tome conciencia de selo.
Desta maneira atendeu ao fomento da instrución e educación. De aí a preocupación por difundir o pasado cunha lectura patriótica, a inquedanza por unha necesaria reforma educativa, a promoción da tolerancia relixiosa ou o fomento pola liberdade de pensamento.
Socio-fundador da Academia Literaria, secretario da Diputación Arqueológica Gallega, coñecido defensor do feminismo e recoñecido polemista público, Antolín Faraldo foi un dos mozos máis populares, controvertidos e subversivos do seu tempo.
A prensa destacaba a súa oratoria, con discursos
llenos de fuegoe
eléctricos como un himno. Até en tres ocasións (como mínimo) chegouse a bater en duelo para defender as súas ideas, polemizou abertamente co arcebispo de Santiago e lanzou brindes de felicidade pola vitoria dos liberais en Inglaterra que lle causarían denuncia ante o Goberno Civil.
Influído polo pensamento do socialismo utópico a través de Ramón de la Sagra e inserido na conspiración revolucionaria, Faraldo será a mente e o músculo da Revolución de 1846.
Antolín formou como miliciano e combateu en Sigüeiro baixo as ordes de Solís. O 15 de abril constituíuse a Junta Superior del Gobierno de Galicia da cal será secretario. En realidade, á luz da documentación, foino todo: redactor do voceiro do goberno (La Revolución), ideólogo e autor do manifesto político máis importante do século XIX que reclama
despertar el poderoso sentimiento del provincialismotras definir a Galiza como
una verdadera colonia de la Corte.
A derrota, sellada cos fusilamentos dos Mártires de Carral, levárono ao exilio portugués. Retido na illa de Peniche (Lisboa) propúxose escribir un libro sobre o acontecido no revolucionario abril do 46. Este volume publicaríao un avogado de nome Juan Do Porto pero que fora ditaco, case na súa totalidade, por Faraldo dende Portugal: Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia.
Na primavera de 1847 é indultado. Regresa a Betanzos pero dada a persecución da que seguían sendo vítimas os provincialistas, decide marchar a Pozoblanco (Córdoba). Alí traballa no comercio propiedade de Vicente Manuel Cociña, amigo íntimo da familia e destacado provincialista natural de Viveiro.
En Córdoba retoma a militancia política no Partido Progresista, formando parte da directiva local e mantendo un encontro privado co xeneral Espartero, o líder do progresismo español.
Murguía sentenciara que después de 1846
Faraldo no nos pertenece. Hoxe sabemos que é falso. Antolín ía ser en 1848 redactor do suplemento literario do Boletín Mercantil e Industrial de La Coruña, impulsado polos provincialistas sob dirección de José Puente y Brañas. A censura impediu que nin tan sequera saíse á luz. Ademais disto, Faraldo publicaría cartas reivindicando as razóns e a loita da revolta de 1846. Xamais foi un apóstata da revolución nin do pobo galego.
En 1851 trasládase a Madrid para dirixir La Europa. Apenas durou unhas semanas tras ser denunciada polo nuncio do Vaticano. A causa foron os ataques ao propio Papa tras a publicación do Concordato da Santa Sé con España que incluía unha alocución do Santo Padre. A polémica levou o caso ao Parlamento español, no cal se forma unha comisión de investigación sen resultados beneficiosos para Faraldo.
A partir de entón reside en Madrid como redactor de La Nación, o principal periódico do progresismo. Nesa altura estaba dirixido por José Rúa Figueroa e tiña como redactor-xefe a Antonio Romero Ortiz. Estes nomes foron codirectores con Faraldo en El Porvenir de 1845.
O último acto público que se lle coñece, meses antes de morrer, realizouse en Madrid co propósito de axudar ás familias galegas que sufrían a gran fame. Este acto organizouno un comité de galegos residentes na capital española que representaba a vangarda política do provincialismo e progresismo galegos: Eduardo Chao, Domingo Fontán, Ramón De la Sagra, José Rúa Figueroa…
Faraldo viaxou a un balneario a Granada para recuperarse dunha doenza (posiblemente febre amarela). Alí a saúde fraqueou e morreu. O seu corpo nunca foi repatriado. E a súa memoria xace á espera da obrigada rehabilitación a quen entregara a súa existencia para que hoxe nós vivamos nun mínimo marco de autonomía política.
Fontes documentais
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1977): El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo. Santiago de Compostela: Pico Sacro.
Cores Trasmonte, Baldomero (1971): «Vida y muerte de Antolín Faraldo», Cuadernos de Estudios Gallegos, 79, 213-242.
Martínez González, Xurxo (2022): Querida Liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento. Compostela: Alvarellos Editora e Deputación da Coruña.
Murguía, Manuel (1886): Los precursores. A Coruña: La Voz de Galicia.
Tettamancy, Florencio (1908): La revolución gallega de 1846. A Coruña: Librería Regional de E. Carré.
Vales Villamarín, Francisco (1957): «Deshaciendo un error: Antolín Faraldo falleció en Granada», Boletín da Real Academia Galega, 321-326: 222-223.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Antolín Faraldo. Publicado o 2/9/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1297. Recuperado o 18/03/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Artigos de Antolín Faraldo de El recreo compostelano, publicados no número 41 da revista Grial. Ver Documento. Artigo
Faraldo, Antolín: «Artigos de Antolín Faraldo. II», Grial: revista galega de cultura, 41 (xullo-setembro de 1973), 288-307.
Fonte: BIblioteca do Consello da Cultura Galega.
Accesible en: https://editorialgalaxia.gal/revgrial/
Artigos de Antolín Faraldo de El recreo compostelano, publicados no número 40 da revista Grial. Ver Documento. Artigo
Faraldo, Antolín: «Artigos de Antolín Faraldo», Grial: revista galega de cultura, 40 (abril-xuño de 1973), 153-170.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Accesible en: https://editorialgalaxia.gal/revgrial/
Presentación de El recreo compostelano (1842-1843), xornal do que Antolín Faraldo era redactor principal. Ver Documento
«Prospecto», El recreo compostelano, (xaneiro de 1942)
Fonte: Galiciana. BIblioteca de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=2791
DOCUMENTACIÓN SOBRE
O xornal La Oliva como ponte entre as xeracións de Manuel Murguía e Antolín Faraldo. Ver Documento. Artigo
Martínez González, Xurxo: «La Oliva. A ponte entre dúas xeracións», Madrygal, 18 n.º especial (2015), 469-479.
Fonte: Dialnet. Universidad de La Riejo.
https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/48570/45374 [Descarga: 2022-08-31]
O progresismo provincialista galego a través de La Oliva é estudado por Xusto Beramendi neste artigo. Ver Documento. Artigo
Beramendi, Justo: «O progresismo provincialista galego a través de La Oliva (1856-1857)». En X. L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane, Ramón Villares, (ed.): A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico; A Coruña: Real Academia Galega, 2008; 497-521.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Real Academia Galega.
Biografía de Antolín Faraldo na Gran Enciclopedia Galega. Ver Documento. Artigo
Cores Trasmonte, Baldomero et al.: «Faraldo Asorey, Antolín». En Gran Enciclopedia Galega Siverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 16, 139-146.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
A respecto da necrolóxica de Antolín Faraldo publicada polo diario madrileño La Nación. Ver Documento. Artigo
Rodríguez Galdo, Carmen e
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura GalegaRodríguez Galdo, María Xosé: «A propósito da publicación en La Nación dunha necrolóxica de Antolín Faraldo», Grial: revista galega de cultura, 73 (xullo-setembro 1981), 378-384.
Sobre o lugar do pasamento de Antolín Faraldo. Ver Documento. Artigo
Vales Villamarín, Francisco: «Deshaciendo un error: Antolín Faraldo falleció en Granada», Boletín da Real Academia Galega, 321-326 (1957), 222-224.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Jesús Rey Alvite no que trata o periodismo compostelán dos séculos XIX e XX mencionando, entre outros xornalistas, a Antolín Faraldo, Pérez Costanti e Rúa Figueroa. Ver Documento. Artigo
Rey Alvite, Jesús: «Periodismo compostela: dos siglos de existencia», El Correo gallego: diario político de la mañana, número extraordinario (25 de xullo de 1939), 38.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Aviso de instrución da causa contra os escolares -entre os que figura Antolín Faraldo- que se sublevaron en Santiago de Compostela en abril de 1846. Ver Documento. Publicación impresa
«El Lic. D. José Ulloa Pimentél, juez de primera instancia en la ciuad de Santiago y su partido...», Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, 114 (6 de outubro de 1846), 3-4.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=10000329465 [Consulta: 2022-08-30]
Ligazóns de interese
Homenaxe a Antolín Faralgo en Nós diario (1 de setembro de 2022)
Fonte; Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/antolin-faraldo-achega-vida-ideas-loita-do-primeiro-mellor/20220901115151151339.html [Consulta: 2022-09-01]
Abril de lume e ferro, obra de teatro de Manuel María
Fonte: Casa Museo Manuel María.
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/35/abril-de-lume-e-ferro.pdf [Consulta: 2022-09-01]
A batalla de Cacheiras e a participación de Antolín Faraldo
Lema Suárez, Xosé María: «A batalla de Cacheiras (ou de Montouto) de 1846». En Lema Suárez, Xosé María, Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo, Villares Paz, Ramón: 170 aniversario. A batalla de Cacheiras: abril 1846-1816 Fonte: Bibliotecas Municipais de Teo.
https://issuu.com/bibliotecatilos/docs/2016_edici_n_dixital_do_libro_da_batalla_de_cachei/s/10462358 [Consulta: 2022-08-31]
El porvenir: revista de la juventud gallega (1845) en Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7397 [Consulta: 2022-08-31]
Entrada biobibliográfica de Antolín Faraldo no DB-e da Real Academia de la Historia
Beccaria, María Dolores: «Antolín Faraldo Asorey», DB-e, https://dbe.rah.es/biografias/28073/antolin-faraldo-asorey [Consulta: 2022-08-31]
Fonte: Real Academia de la Historia
Biografía de Antolín Faraldo na Galipedia
Fonte: Wikipedia.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Antol%C3%ADn_Faraldo [Consulta: 2022-09-01]
Videos
Conferencia de Xurxo Martínez sobre Antolín Faraldo
«Faraldo un home novo. Unha nova biografía, á luz da documentación inédita e descoñecida». Conferencias do Anuario brigantino. 2022.
Fonte: Concello de Betanzos
https://www.youtube.com/watch?v=9OMRwc3JA38 [Consulta: 2022-09-01]