Joaquín Arias Sanjurjo
Santiago de Compostela, 1/ 4/1860 - Santiago de Compostela, 1/9/1946Autoría: Patricia Arias Chachero
Avogado e filántropo compostelán, foi un dos grandes benefactores do Seminario de Estudos Galegos
Joaquín Arias Sanjurjo naceu en Santiago de Compostela, no seo dunha familia fidalga, o día 1 de abril de 1860 e morreu na mesma cidade o 1 de setembro de 1946. Foron os seus pais Antonio Arias Armesto e Efigenia Sanjurjo Pardiñas. O matrimonio tivo cando menos outros dous fillos; un deles, Jacobo, chegaría a converterse en xefe do corpo de enxeñeiros do exército.
Joaquín Arias Sanjurjo estudou Dereito na súa cidade natal. Amante dos libros e incansable lector, interesouse desde novo polo noso patrimonio cultural. En 1887, nos seus frecuentes e longos paseos pola contorna de Santiago, deu noticia da descuberta de dous castros, o de Roxo e o de Gomaras, o que o levou a poñerse en contacto co secretario da Sección de Estudios Protohistóricos da Real Academia da Historia da Comisión de Monumentos da Coruña. Ese mesmo ano, converteuse no director da Gaceta de Galicia.
En decembro de 1890 foi, con Manuel Murguía, un dos fundadores da Asociación Regionalista Gallega da que tamén formarían parte Barcia Caballero, Alfredo Brañas, Vázquez Mella e Salvador Cabeza de León. Nos anos mozos en Compostela, segundo Ricardo Carballo Calero, pretendeu a man de Alejandra Murguía de Castro, filla maior de Rosalía de Castro, que lle foi denegada, segundo se comentaba, porque o pai pensaba que a moza debía ficar solteira e coidar dos seus proxenitores cando fosen maiores.
Instalado durante anos na fortaleza medieval propiedade da súa familia en Ferreira de Pantón, a quilómetro e medio do mosteiro cisterciense próximo a Monforte de Lemos, Arias Sanjurjo exerceu como avogado e involucrouse nas loitas agraristas. Como presidente da Sociedad de Agricultores de Monforte participou na organización da segunda Asemblea Agrícola, celebrada nesta vila entre o 14 e o 15 de agosto de 1910. Algunhas das propostas favorables aos labregos que se propuxeron na ocasión, como a conversión dos montes comunais en propiedade individual para facelos máis produtivos e medidas a favor de arrendatarios e parceiros, suscitaron a hostilidade dos voceiros procedentes da vella fidalguía, entre eles Arias Sanjurjo, que viu naquelas propostas ataques directos contra os propietarios das terras.
Un ano antes, en 1909, foi elixido deputado provincial e desde este posto defendeu con empeño nas catro deputacións, a Mancomunidade galega como forma de rematar co centralismo e o caciquismo. Ademais, entre 1907 e 1912 apoiou publicamente o anticaciquismo e o asociacionismo agrario que defendían os membros de Solidaridad Gallega. En 1913 redactou un manifesto dirixido aos seus electores e ao pobo galego en xeral, onde daba conta da súa actividade como deputado. En 1918 redacta e asina Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid, expresando a súa opinión e frontal oposición á alianza galeguista coa Lliga Regionalista catalá de Frances Cambó.
Bo coñecedor da contorna monfortina e da historia, da arte e da arquitectura galega, redactou documentados artigos para publicacións como o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos ou El Eco de Santiago. Na primeira publicación mencionada cómpre destacar os textos, «Una excursión a la Rivera Sagrada» e «De re geographica. San Martín de Razó» e na segunda, «Sobre a localización do Sant-Grial».
O 1 de nadal de 1922 atopamos o seu primeiro traballo na revista Nós. Trátase dun texto erudito titulado «Nota encol da eirexa de Santa María de Marrube», incluído na Seición arqueolóxica da revista. O primeiro de febreiro do ano seguinte atopamos un segundo texto, o artigo «Papeletas cervantinas ao marxe de Galiza» no que tenta demostrar que algúns dos personaxes que aparecen no Quixote son galegos ou proceden de familias galegas. A estes traballos, debemos engadir un máis: un folletón imprentado á marxe da revista que leva por título «As fontes prá hestórea antiga de Galiza».
A comezos dos anos 20 abandona Monforte e instálase de novo en Santiago de Compostela. En 1924 comeza a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, cedéndolles algúns obxectos prehistóricos, entre eles alfaias de gran valor e algún brazalete, e diversos elementos da arte rural galega. Amigo persoal de Cotarelo Valledor, en maio de 1925 volveu facer un importante donativo ao Seminario. As sucesivas cesións de mobles, obxectos antigos e fundamentalmente libros, convérteno nun dos principais benefactores da institución. Xunto a Portela Valladares que pagou os gastos de instalación, convértese no principal promotor do Museo Etnográfico do Seminario, que se instalou na Sociedade Económica cadrando coa primeira Xunta Xeneral da institución en marzo de 1926. Lois Tobio e Xaquín Lorenzo lémbrano carretando bolsas de libros cada vez que acudía a unha das reunións do Seminario.
Na década de 1930, con máis de setenta anos, é unha persoa moi coñecida na vida pública de Santiago de Compostela. En 1932 publica Novena sobre el Estatuto de Galicia no que defende o catolicismo do pobo galego e aborda a cuestión lingüística. Ese mesmo ano convértese no vicepresidente do Centro Radical Republicano da cidade e, un ano despois, en representante do Centro para a comisión de propaganda para o Estatuto Galego. En xaneiro de 1933 atopámolo actuando como delegado do Partido Radical Republicano de Compostela no Comité Central que organizaba e dirixía a campaña autonomista. Ademais, entre 1934 e 1935, foi concelleiro e tenente de alcalde na cidade.
A actividade pública non lle impide seguir traballando. Nos anos trinta imprenta Sobre el actual problema ferroviario en Galicia. Papeletas económicas de Galicia (1935) e Segunda papeleta. Modelos vivos de la felizmente acabada “Aventura de los leones” (1934), Avellaneda y el sentido oculto del “Quijote”: parte crítica (1935) ou Del sentido oculto del Quijote. Da la locura de Alonso Quixada, el bueno. De la cárcel en que se engendró el Quijote. Arresto y conducción de Cervantes a la cárcel. Mujer, causa de la tragedia de Cervantes (1936) nos que recolle algunhas impresións sobre o Quixote, tema que o apaixonaba, cando menos, desde os anos 20.
Amigo persoal e protector de Ramón del Valle-Inclán, a quen tratou moito nos anos composteláns, visitou con el A Coruña e, en outubro de 1935, Ourense, por onde pasearon en compañía de Julio Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo. A mediados dese ano, Joaquín Arias Sanjurjo foi un dos que secundou economicamente a iniciativa de Victoriano García Martí que pretendía homenaxear ao autor das Comedias bárbaras , regalándolle un pazo. Arias Sanjurjo contribuíu con 200 pesetas, a terceira cantidade máis importante tras as 5000 de Portela Valladares e as 500 de Fernández Mato.
OBRAS
El castillo de Litoria y otras menudencias orensanas (1923)
El reino de Aregia: Custodia, tutela, escudo, protección y defensa del Santo Gria (1928)
Novena sobre el Estatuto de Galicia (1932)
Décima sobre el problema social de nuestro tiempo (1933)
Segunda papeleta. Modelos vivos de la felizmente acabada “Aventura de los leones” (1934)
Sobre el actual problema ferroviario en Galicia. Papeletas económicas de Galicia (1935)
Avellaneda y el sentido oculto del “Quijote”: parte crítica (1935)
Del sentido oculto del Quijote. Da la locura de Alonso Quixada, el bueno. De la cárcel en que se engendró el Quijote. Arresto y conducción de Cervantes a la cárcel. Mujer, causa de la tragedia de Cervantes (1936)
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Joaquín Arias Sanjurjo. Publicado o 2/9/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=208. Recuperado o 23/05/2025

DOCUMENTACIÓN DE
«Sobre la localización xeográfica do Sant-Grial. Conclusión», artigo de Arias Sanjurjo publicado en Vida Gallega. Ver Documento. Páxina de prensa
Publicación: Arias Sanjurjo, Joaquín: «Sobre la localización xeográfica do Sant-Grial. Conclusión», Vida Gallega, n. 387 (30 de agosto de 1928), p. 9. Fonte: Galiciana
«Sobre la localización xeográfica do Sant-Grial», artigo de Arias Sanjurjo publicado en Vida Gallega. Ver Documento. Páxina de prensa
Publicación: Arias Sanjurjo, Joaquín: «Sobre la localización xeográfica do Sant-Grial», Vida Gallega, n. 386 (20 de agosto de 1928), p. 8. Fonte: Galiciana
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Necrolóxica de Arias Sanjurjo en La Noche. Ver Documento. Páxina de prensa
Publicación: Pedret Casado, Paulino: «D. Joaquín Arias Sanjurjo», La Noche, n. 7964 (2 de setembro de 1946), p. 2. Fonte: Galiciana
Artigo sobre Arias Sanjurjo en El Pueblo Gallego. Ver Documento. Páxina de prensa
Publicación: Xohán de Loira: «El reino de Aregia, por Joaquín Arias Sanjurjo», El Pueblo Gallego, n. 1467 (2 de novembro de 1928), p. 1. Fonte: Galiciana
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Expediente sobre la carta de Joaquín Arias Sanjurjo acerca de dos castros cerca de Santiago
Cervantes virtual
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Referencias bibliográficas
- Beramendi, Justo (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Carballo Calero, Ricardo (1975): Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia.