Alfredo Vicenti
Santiago de Compostela (A Coruña), 20/ 11/1850 - Madrid, 30/9/1916Autoría: Xurxo Martínez González
Un xornalista de raza republicano e galego
Un asunto non esclarecido é a modificación do seu nome. Os apelidos de Alfredo correspóndese cos apelidos maternos: Rey Fernández. Pero por algún motivo acabou o nome
Vicenteconverténdose en
Vicenti, se cadra nunha sorte de intento de italianización antroponímica.
Sexa como for, el criouse acaroado á nai solteira na casa localizada na rúa da Virxe da Cerca, entón chamada
Picho de la Cerca. Non moi lonxe vivía o escultor e futuro amigo Isidoro Brocos, no antigo Palacio de Altamira que tamén acollera no seu seo a María Francisca de Isla, escritora en galego no ocaso setecentista. A nai contaba co apoio da criada Manuela Collazo, natural de Oca (A Estrada).
Entre os recordos de infancia, que Vicenti relatou en prensa, destaca a impresión causada o día no que coñeceu a Aurelio Aguirre, o poeta máis famoso da Compostela de entón, morto de forma prematura nun accidente na praia de Santo Amaro, na Coruña.
Vicenti estudou o bacharelato no Instituto de Santiago entre 1861 e 1865. A súa formación continuou na universidade compostelá na Facultade de Medicina, onde trabará amizade co escritor Andrés Muruais. Tamén comparte os corredores do claustro con amigos coma Lamas Carvajal ou Salvador Golpe. Pero non rematou os estudos pois optou pola vía literaria. Un cambio que coincide co triunfo da Gloriosa, a revolución de 1868 que expulsa os Borbóns de España.
O ánimo literario
Contra 1875 Vicenti compón un conxunto de textos titulado «A orillas del Ulla» que publica en El Heraldo Gallego, dirixido polo seu amigo e figura egrexia do Rexurdimento Valentín Lamas Carvajal. O título dise que inspira o último poemario de Rosalía de Castro, coa que o unirá unha pronta amizade. Estes textos trazan un prometedor futuro como escritor.
Un ano despois saca, dende a imprenta de Lamas Carvajal en Auria, o seu primeiro libro poético, Recuerdos (1876), que recompila poemas publicados dende 1868. O prólogo asínao Manuel Murguía, con xenerosas palabras e coa esperanza dunha prometedora carreira que, en realidade, non tivo no ámbito da creación lírica. Malia todo, en xaneiro de 1914 sería elixido presidente da Academia da la Poesía Española.
A traxectoria vital de Vicenti aconteceu ao pé do xornalismo. Comezou en Santiago de Compostela, de maneira estable, en El Diario de Santiago de Manuel Bibiano Fernández. Aquí, como membro da redacción e logo director, forxaríase a súa iniciática fama como gran periodista. Devagar, a súa presenza gañará máis notoriedade pública que, á par das polémicas e da militancia política, lle concederán unha referencialidade entre as xentes letradas de Galiza.
Dada a súa adscrición republicana,
O retorno da monarquía, coa Restauración, iniciou un tempo de medidas represivas en distintos ámbitos, dende a educación á política, dende a relixión á liberdade de imprenta e opinión.
Con 28 anos Vicenti asume a dirección do citado periódico. É a primavera de 1878. Coincide coa época na que inicia a colaboración con El Eco de Galicia, dirixido na Habana polo dirixente rexionalista Waldo Álvarez Ínsua (amigo de infancia) e que tiña gran predicación entre a colonia galega en Cuba.
Neste período hai en Vicenti unha notable presenza da cuestión identitaria en termos rexionalistas. Alusións ao reino dos suevos, á condición de reino independente, a consideración como
antigua nación autonóma, á defensa do idioma… Esta é unha época de proximidade ao rexionalismo que coincide coa fase de maior cercanía ao matrimonio Murguía de Castro.
A carreira xornalística de Vicenti en Galiza truncaríase por un conflito co arcebispado de Compostela en 1878. Todo a raíz dunha polémica entre o teólogo Rey Varela, director do xornal La Reforma, impreso no obradoiro de El Diario de Santiago, que criticaba os abusos da Igrexa en liña coas críticas emitidas polo protestantismo. A reacción do cardeal Payá foi furiosa. Comeza unha campaña de persecución e anatema contra o periódico de Vicenti e contra a súa propia persoa. O conflito acabará por derrubar El Diario de Santiago, como o seu director recoñecería:
Una censura eclesiástica […] hirió al Diario. A perda de subscritores, colaboradores, anunciantes, todo levou ao peche do xornal pero tamén preparou a marcha do seu director a Madrid. O propietario do xornal, Manuel Bibiano, refunda o proxecto co nome Gaceta de Galicia. Vicenti ocuparase da dirección. Ademais comezará en 1879 a colaboración continuada no novo proxecto dos irmáns Alejandro e Eduardo Chao: La Ilustración Gallega y Asturiana, con dirección de Manuel Murguía.
Vicenti marcha a Madrid en 1880. Aquí participará máis de preto nas tarefas de redacción de La Ilustración Gallega y Asturiana e, en 1882, asumirá a dirección do seu herdeiro, La Ilustración Cantábrica. As colaboracións nesta prensa dos Chao atópanse entre as súas mellores páxinas dedicadas á cultura e a historia galegas.
Á vez comeza a súa colaboración en El Globo, o gran portavoz da liña política de Emilio Castelar. Aquí exercería de redactor até ocupar a dirección en 1890. Nesta experiencia acadará as máis soadas felicitacións e recoñecementos como un dos xornalistas centrais do Estado español. Os editoriais eran centro de atención. Algúns deles ecoaron como grandes mostras da prosa xornalística: a cuestión da descentralización administrativa do estado, as críticas á Exposición Rexional, a tarefa social polas vítimas das innundacións de Murcia…
As discrepancias políticas levaron a varios xornalistas de El Globo a abandonar este cabezallo ao considerar que existía un uso partidista. Este grupo incorporarase en 1896 a El Liberal. Alí vai Vicenti, quen asumirá primeiro a tarefa de redactor-xefe e a dirección dende 1907 até a súa morte. Un ascenso coincidente co nacemento da Sociedad Editorial de España (1906), unha sorte de trust xornalístico presidido polo até entón director de El Liberal, Miguel Moya Ojanguren.
Finalmente, Alfredo Vicenti participou de xeito activo na Asociación da Prensa de Madrid fundada en 1895. Nos seguintes anos ocupará distintos cargos directivos, entre eles a presidencia.
A súa residencia en Madrid afastouno unha miga das cousas galegas. Emporiso, Vicenti foi un dos oradores da homenaxe-coroación de Curros Enríquez na Coruña, en outubro de 1904. Á morte do poeta de Celanova, Vicenti participará nas exequias para velar o cadaleito e asistir ao enterro. Por outra parte, malia a distancia tomada co rexionalismo político —co que mantivo polémicas ao consideralo un movemento separatista—, o veterano xornalista expresou a defensa do idioma, do seu uso e cultivo, pois
es nuestra fuerza y nuestro escudo.
Por último, hai que engadir que Vicenti foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega no propio ano da súa fundación, aínda que a súa participación fose nula. Asemade, era usuario asiduo do Balneario de Mondariz, onde acudirían amigos seus coma Emilio Castelar, Galdós ou Pardo Bazán, e colaborador da revista La Temporada en Mondariz.
O home político
Dende mozo fíxose republicano cos ollos postos nas clases medias e traballadoras. Un republicano seguidor e admirador de Emilio Castelar, quen xa contaba entón en Galiza cunha nutrida rede de adeptos. Lembremos que o expresidente da República prologou as Follas novas (1880) de Rosalía.
A vitoria revolucionaria de 1868 puxo ao mozo Vicenti ante un escenario de esperanza e ilusión. O seu nome emerxe entre os republicanos galegos na reunión celebrada no concello de Compostela o 22 de xuño de 1873. Neste encontró, promovido polo alcalde municipal, pretendíase esclarecer o papel de Galiza dentro do futuro marco federal da xa proclamada República española. Vicenti integraríase nunha comisión para establecer os puntos de debate para a constitución do cantón ou futuro estado galego.
A dedicación á prensa foi total. Ese era a súa paisaxe natural de combate político. O seu servizo ás ideas por el defendidas fíxoo dende as páxinas da prensa. Porén queremos destacar dous momentos de especial repercusión.
O primeiro situánolo a inicios do século XX, cando participa dende a prensa e como orador na campaña electoral do coñecido bloque da esquerda liberal; é dicir, unha candidatura antimaurista. Un dos actos máis recordados aconteceu no antigo Teatro Rosalía de Castro de Vigo o 8 de nadal de 1908. A súa voz púxose ao carón do laicismo, da mellor das condicións de vida das clases traballadoras e do republicanismo.
O segundo momento sucedeu pouco despois, cando aparece como un dos asinantes do manifesto da Liga Agrario Redencionista Gallega, anticipo da futura Acción Gallega, canda Portela Valladares ou Basilio Álvarez en calidade de impulsores. O centro de operacións situose no Centro Galego de Madrid, no cal Vicenti tivera parte organizadora e impulsora. O rol do Centro Galego de Madrid en canto ás cuestións da terra é de sobra coñecido, coa presenza activa de figuras coma o citado Basilio Álvarez.
Neste circuíto de galegos en Madrid aparecerá Castelao. El contará coa protección de Vicenti, como lle confesa ao se pai en carta. Por exemplo, o rianxeiro publica algúns dos seus debuxos nas páxinas de El Liberal tras a exposición que fixera na capital.
Nos últimos anos de vida, Vicenti liderou a candidatura agraria por Becerreá, mentres Rafael Carvajal o fixo por Mondoñedo e Portela Valladares pola Fonsagrada. Vicenti sairía derrotado, coma Carvajal, tras vivir en primeira man todas manobras caciquís. Mais Portela acadará o triunfo poñendo unha pica en Flandes.
A experiencia agrarista acabaría no divorcio con Basilio Álvarez e a súa Acción Gallega. Porén Vicenti ocuparía, como republicano, un escano no Parlamento. A primeira vez como suplente do candidato polas Canarias (1910) e despois xa polo distrito de Ordes (1914) e de Arzúa (1916). Nos tres casos por medio da aplicación do artigo 29 da Lei electoral de 1907, que permitía ser nomeado deputado sen elección. E que dicía este artigo? Que non haberá elección no caso de que houbese tantos candidatos como postos a cubrir nuns comicios.
En setembro de 1916 morre. Faino como director de El Liberal e como deputado en Cortes. Velaí a despedida dun home das letras e da política republicana do país.
Bibliografía
Cores Trasmonte, Baldomero (2009): Alfredo Vicenti. Vida y obra de un gran periodista. Madrid: Ediciones APM.
Durán, José Antonio (2001): Galiciana básica de Alfredo Vicenti. Madrid: Taller de Edicións J. A. Durán.
Seoane, María Cruz (1983): Historia del periodismo español. Madrid: Alianza Editorial.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Alfredo Vicenti. Publicado o 21/5/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=26704. Recuperado o 17/01/2026
DOCUMENTACIÓN DE
«A orillas del Ulla», de Alfredo Vicenti, en edición de José Antonio Durán. Ver Documento
Vicenti, Alfredo; Durán, José Antonio (intr.): «A orillas del Ulla», Galegos, 2 (segundo trimestre de 2008), 137-168.
Fonte: Ézaro Ediciones.
ttps://www.ezaroediciones.com
Resumo da conferencia sobre literatura galega no século XIX, impartida por Alfredo Vicenti na Reunión de Artesanos da Coruña o 12 de abril de 1914. Ver Documento
Vicenti, Alfredo: «La literatura gallega en el siglo XIX: conferencia de Alfredo Vicenti en la Reunión de Artesanos», Boleltín de la Real Academia Gallega, 83 (1 de maio de 1914), 292-295.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
«In Memoriam», artigo de Alfredo Vicenti en lembranza de Rosalía de Castro e da amizade que mantivo coa poeta. Ver Documento. Artigo
Vicenti, Alfredo: «I(n Memoriam», Galicia: revista quincenal ilustrada, 24 (15 de xullo de 1907), 2-3.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Alfredo Vicenti escribe sobre a morte e o enterro de Aurelio Aguirre. Ver Documento. Artigo
Vicenti, Alfredo: «Panteón regional: Aurelio Aguirre», Galicia moderna, Pontevedra, 22 ( 15 de marzo de 1898), 10-12.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=462375 [Descarga: 2023-05-15]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Discurso sobre a mocidade de Alfredo Vicenti impartido por Waldo Álvarez Insua nun acto celebrado con motivo do primeiro cabodano do periodista. Ver Documento. Anuncio. Fragmento de publicación impresa
Álvarez Insua, Waldo: «La
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.-Juventudde Alfredo Vicenti: Discurso pronunciado por Don Waldo A. Insua en el Centro Gallego de Madrid la tarde del 21 de marzo de 1917 en la velada necrológica delebrada en honor de Don Alfredo Vicenti», Almanaque Gallego para 1919, (1919), 66-77.
Estudo de M.ª Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda dunha carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía sobre o estado de saúde de Rosalía de Castro. Ver Documento. Artigo
Álvarez Ruiz de Ojeda, María Victoria: «Rosalía enferma: Carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía», Follas novas: revista de estudos rosalianos, Padrón, 1 (2016), 124-143.
Fonte: Follas novas. Fundación Rosalía de Castro.
https://follasnovas.rosalia.gal/
Capítulo dedicado a Alfredo Vicenti na monografía Xornalistas con opinión. Ver Documento. Artigo
Durán, José Antonio: «Alfredo Vicenti: periodismo e autonomismo galeguista de raíz federal». En Aneiros Díaz, Rosa et al. (ed.): Xornalistas con opinión: 20 biografías. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Vigo: Galaxia; 2007; 74-87.
Fonte. Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Artigo necrolóxico de Ramón Fenrández Mato na memoria de Alfredo Vicenti. Ver Documento. Artigo
Fernández Mato, Ramón: «Miserere», Mondariz: suplemento a La Temporada, 17 (20 de outubro de 1916), 3-5.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Lembranza de Alfredo Vicenti como xornalista, asinado por D.P. e publicado en Nuevo Mundo. Ver Documento. Artigo
d.p., Paulo: «Vicenti», Nuevo Mundo, Madrid, 1187 (6 de outurbo de 2016), 23.
Fonte: BNE. Hemeroteca Dixital Hispánica.
https://hemerotecadigital.bne.es
Capítulo dedicado a Alfredo Vicenti por Curros Enríquez na súa obra Hijos Ilustres de Galicia. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Curros Enríquez, Manuel: Paniagua y compañía: (agencia de sangre); El último papel; Hijos ilustres de Galicia; Artículos escogidos. Madrid: Librería de los Sucesores de Hernando, 1911; IV : 241-246.
Fonte: BNE. Biblioteca Dixital Hispánica.
https://bdh.bne.es
Páxinas do periódico El liberal dedicadas ao pasamento de Alfredo Vicenti, o seu director. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
El liberal, Madrid, (2 de outubro de 1916), 1-3.
Fonte: BNE. Hemeroteca Dixital Hispánica.
https://hemerotecadigital.bne.es/
Basilio Losada escribe sobre a posición regionalista de Alfredo Vicente, pola que tuvo -segundo o autor- que deixar Galiza e trasladarse a Madrid, cidade na que triunfaría como xornalista. Ver Documento. Artigo
Álvarez, Basilio: «Alfredo Vicenti», Galicia: revista semanal ilustrada, 7 (13 de febreiro de 1909), 1-2.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Crónica do mitin das esquerdas celebrado en Vigo, no teatro Rosalía de Castro, o 8 de decembro de 1908 e no que participou Alfredo Vicenti. Ver Documento. Artigo
«El mitin de las izquierdas: crónica gráfica», Vida gallega: ilustración regional, 1 (xaneiro de 1909), 17.
Fonte: Biblioteca Dixital de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
Acceso á dixitalización da obra Alfredo Vicenti, poeta, editada por Mariano Miguel de Val en 1907
Fonte: BNE. Biblioteca Dixital Hispánica.
https://bdh.bne.es/
Acceso en liña á obra de Baldomero Cores Trasmontes Alfredo Vicenti: vida y obra de un gran periodista
Fonte: Asociación de le Prensa de Madrid.
https://www.apmadrid.es
Acceso ao xornal madrileño El liberal, dirixido desde 1907 ata 1916 por Alfredo Vicenti
Fonte: BNE. Hemeroteca Dixital Hispánica.
https://hemerotecadigital.bne.es
Alfredo Vicenti en A Coruña Literaria
Fonte: A Coruña Literaria.
https://acorunhaliteraria.gal
«Alfredo Vicenti (1850-1916),
Fonte: La Cueva de Zaratustraartista del vivir», artigo de José Antonio Durán na web La Cueva de Zaratrustra: Un rincón abierto al Libre-Pensamiento, (3 de decembro de 2016)
https://www.tallerediciones.com
Entrada biobibliográfica de Alfredo Vicenti no DB_e da Real Academia de la Hisotira, escrita por M.ª José Rucio Zamorano
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://historia-hispanica.rah.es
Alfredo Vicenti na Galipedia
Fonte: Wikipedia.
Alfredo Vicenti en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Videos
«Alfredo Vicenti, o compostelán errante», conferencia de José Antonio Durán no Ateneo de Santiago o 21 de novembro de 2016
Fonte: Ateneo de Santiago / YouTube.com
Faladoiro do Ateneo de Santiago sobre Alfredo Vicenti, celebrado o 24 de xaneiro de 2018
Fonte: Ateneo de Santiago / YouTube.com
Artigos Alfredo Vicenti
VICENTI, A. (4/1945) Ani - Novo | Airiños. 1ª (3), 13-14.













