Margot Sponer
Nyssa/Neisse (Silesia, actual Polonia), 10/ 2/1898 - Berlín, 28/4/1945Autoría: Patricia Arias Chachero
Pioneira dos estudos lingüísticos galegos e autora da primeira tese sobre a nosa lingua
A filóloga Margot Sponer naceu en Nysa/Neisse (Alemaña, hoxe Polonia) o 10 de febreiro de 1898. Foi a cuarta filla das cinco que tería o matrimonio formado por Elsbeth Heerder e Robert Franz Sponer. Aprobou por libre o bacharelato en 1909 e cursou estudos de Filoloxía Clásica, Romanística e Xermanística nas universidades de Halle, Lepzig, Nápoles, Grenoble, Madrid e Berlín; onde, moi probablemente, se graduou. Segundo deixou dito Lois Tobio nas Décadas de TL,
era unha rapaza máis ben pequena e delgada, moi churrusqueira e graciosa e moi seria e competente no seu labor.
En Madrid, antes de viaxar a Galicia, entrou en contacto co Centro de Estudos Históricos, o que lle deu a oportunidade de coñecer os métodos de investigación que usara Menéndez Pidal en 1919 nos seus Documentos lingüísticos de España. Reino de Castilla; metodoloxía que ela mesma empregará na redacción da súa tese. Segundo parece, tras varias estancias na capital de España, no verán de 1926, con trinta e oito anos feitos, visita Galicia para reunir materiais que lle permitirán completar a tese de doutoramento. En poucos meses visitou, nesta orde, as cidades de Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra. Ademais, percorreu a cabalo boa parte da provincia de Lugo ata O Cebreiro recollendo léxico nun dos primeiros intentos de estudo dialectal da lingua galega. Debeu abandonar Galicia a mediados de outubro dese mesmo ano para regresar a Alemaña a finais de 1926.
Das noticias que proporciona a prensa da época despréndese que a lingüista visita os arquivos históricos e transcribe con pericia os documentos medievais que logra consultar. En Compostela acompáñaa Pablo Pérez Costanti, arquiveiro no Concello, quen lle facilita o contacto con Casto Sampedro para acceder aos documentos que precisaba consultar en Pontevedra.
O 15 de novembro de 1926, no número 35 da revista Nós, nunha breve nota incluída na sección «Os homes, os feitos, as verbas», supoñemos que da autoría de Vicente Risco, infórmasenos de que a investigadora,
ten cáxeque rematado un traballo de moito volume en col do galego antigo, traballo que nos amostrou, e pr’o qual ten aproveitado todol-os documentos pubricados da nosa Edade Meia. Engade ademais que
despois d’ise traballo imprentado, conta adicar outro ô galego moderno, pra o quaal xa recadou ben datos, e pra rematalo fará outra viaxe.
No número correspondente ao 15 de xaneiro de 1927 atopamos a única colaboración da filóloga alemá na revista. Titúlase «Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega» e nela confesa que escribe desde Berlín alentada polo director da revista, Vicente Risco, a quen agradece o apoio que lle emprestou mentres estivo en Galicia e a súa amabilidade. Aproveita tamén para mencionar a Antonio Couceiro Freijomil, daquela Inspector de Primeiro Ensino en Ourense.
Pese a que a prensa insiste en que Sponer traballa con documentos medievais, neste artigo a filóloga céntrase na situación da lingua galega, moi contaminada polo castelán. Enumera termos relacionados coa igrexa, coa medicina e coa xustiza e os lugares onde foron recollidos. Apunta que as razóns que explican esta situación son, en realidade, sinxelas:
a xente oi falar o castelán ô crego, ô médeco, ô escolante, ôs tendeiros… e parécelles qu’o galego é fala somentes de xente baixa e probe. Lamenta o que constata e compara a situación de Galicia, esa
terra tan fermosa, con Cataluña, onde se pode observar o fenómeno inverso.
De regreso a Berlín, xa licenciada, o Romanisches Seminar e as aulas na universidade permitiranlle a Margot Sponer entrar en contacto con algúns dos galegos que pasan pola capital. Entre eles, Vicente Risco, Lois Tobío ou Felipe Fernández Armesto, quen, en 1929, lle dedicaría unha das súas crónicas na que afirma, entre outras cousas, que a alemá domina a lingua galega e ten coñecementos profundos de literatura, arte ou folclore galego. Seis anos despois, o 20 de xuño de 1930, Sponer presenta a súa tese de doutoramento titulada Altgalizische Urkunden (Documentos antigos de Galicia), dirixida polo profesor Ernst Gamillscheg. Nela transcribe e anota unha cantidade importante de documentos medievais datados entre os anos 938 e 1494.
O ascenso do nazismo complicou as cousas para a filóloga que, segundo ten demostrado Antón Figueroa, o seu principal biógrafo, foi expulsada da universidade en 1942 e detida en febreiro de 1945, pola súa cooperación coa resistencia clandestina antinazi. Detida na súa casa o 27 de abril de 1945 por tres homes con uniforme das SS, morreu asasinada poucas horas despois.
Bibliografía
Figueroa, Antón (2017): Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia. Santiago de Compostela: Laiovento.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Margot Sponer. Publicado o 26/7/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=27936. Recuperado o 30/04/2025

DOCUMENTACIÓN DE
SPONER, Margot: «Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega», Nós, 37 (15 de xaneiro de 1927), p. 2-3. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
SPONER, Margot: «Impresiones de un viaje de estudio: una alemana en Galicia», La Voz de Galicia, (12 de setembro de 1926). Ver Documento. Artigo
SPONER, Margot: «Carta abierta de la señorita Margot Sponer al 'Boletín' de la Academia», Boletín de la Real Academia Gallega, (1 de novembro de 1926), p. 200-201. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
FERNÁNDEZ ARMESTO, F. [Augusto Assía]: «Galicia en Berlín: Fraulein Sponer», El pueblo gallego, 1556 (14 de febreiro de 1929), p. 1. Ver Documento. Artigo
Fonte: Galiciana
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1329227&posicion=1&presentacio
«Os homes, os feitos, as verbas: M. Margot Sponer», Nós, 35 (15 de novembro de 1926), p. 18. Ver Documento. Noticia
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Filgueira sobre a filóloga Margot Sponer. Ver Documento. Artigo
Filgueira Valverde, Xosé: «Vieiro XXV: O galego fóra de Galicia», El pueblo gallego, 348 (22 de outubro de 1926), p. 1
Fonte: Galiciana
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1248399&posicion=1&presentacion=pagina
«Como se estudia el gallego por los alemanes», Vida gallega, 320 (20 de outubro de 1926), p. 12-13. Ver Documento. Artigo
Fonte: Galiciana
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1171209&posicion=12&presentacion=pagina
«Estudiando el gallego», El Eco de Santiago, 13623 (5 de setembro de 1926), p. 1. Ver Documento. Artigo
Fonte: Ministerio de Cultura. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
https://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1000266357&posicion=1&presentacion=pagina
«Viajera distinguida», La Provinica, 1016 (17 de setembro de 1926), p. 2. Ver Documento. Artigo
Fonte: Galiciana
http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1322057&posicion=2&presentacion=pagina
FIGUEROA, Antón: «Introdución». Ver Documento. Artigo
Fonte: FIGUEROA, Antón (2017): Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, Edicións Laiovento, p. 7-9.
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
NICOLÁS, Ramón: «A estudosa do galego á que mataron os nazis», La Voz de Galicia, (27 de novembro de 2017).
Fonte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2017/11/24/estudosa-do-galego-a-mataron-os-nazis-margot-sponer-do-galego-antigo-as-fronteiras-da-resistencia/0003_201711SF24P8991.htm
Entrada de Margot Sponer na Galipedia
Fonte: https://www.wikiwand.com/gl/Margot_Sponer
Mulleres no Seminario de Estudios Galegos, especial realizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Fonte: CDIF http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211
PICO, Raquel C.: «Investigadora na Galicia de 1926», en disquel.com, (11 de xaneiro de 2021)
Fonte: https://www.disquecool.com/2021/01/11/margot-sponer-investigadora-na-galicia-de-1926/
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Viaxeiras por Galicia, especial realizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Fonte: Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDF)
http://consellodacultura.gal/album/viaxeiras-por-galicia.php
«Quen foi Margot Sponer?», en academia.gal, (6 de febreiro de 2015)
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/-/quen-foi-margot-sponer?p_l_back_url=%2Fprocura%3Fq%3DMargot%2BSponer
FIGUEROA, Antón: «Sobre Margot Sponer», (xaneiro-marzo 2013), p. 17-32
Fonte: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_album_antro_via_009.pdf
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Margot Sponer en A ínsua do Ínsua, blog persoal de Emilio Xosé Ínsua
Ligazóns de interese
Fonte: http://ainsuadoinsua.blogspot.com/2018/05/trala-pista-apaixonante-de-margot-sponer.html
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As pioneiras do Seminario
No ano no que se conmemora o centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) quere darlle visibilidade nesta peza divulgativa (2´ 24´´) ao importante labor das "pioneiras", un numeroso grupo de usuarias e mecenas da súa biblioteca que, xunto ás doce socias activas, contribuíron de xeito decisivo ao coñecemento cultural e científico.
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
As mulleres do Seminario
Malia que os membros do Seminario de Estudos Galegos eran maioritariamente homes, temos constancia documental de que algunhas mulleres (Carmen Sierra, Luisa Cuesta, Pura Lorenzana, María Corredoira, Dolores Lorenzo, Elvira Santiso, Sara Leirós...) tiveron tamén un papel destacado nas actividades científicas e culturais do SEG. Este vídeo divulgativo (3´ 17´´) é unha homenaxe a todas elas. A peza foi elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en 2023, con motivo da celebración do centenario do SEG.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.