Manuel Baraja Fernández
Laxe (A Coruña), 1851 - Madrid, 16/8/1933Autoría: Xosé Antón Fraga
Médico interesado polas Ciencias Naturais e o darwinismo
Na longa estancia no Exército ocupou diversos cargos, participou na última guerra carlista e residiu, entre outros lugares, en Ferrol, Ourense e Vigo. Na cidade olívica permaneceu 16 anos e foi director do Hospital militar desde 1904 a 1911, ano en que foi destinado ao Hospital de Alxeciras. En 1913, como subinspector médico de primeira clase da Junta Facultativa de Sanidad Militar, pasa a excedente na primeira Rexión Militar e é elixido vicepresidente da Asociación Filantrópica de Sanidad Militar. Xubilouse o 30 de novembro de 1915.
Colaborador de prensa, escribiu sobre variados temas (relacións internacionais, monumentos, cidades, emigración, etc.). Mantivo unha importante afección polas Ciencias Naturais e chegou a impartir docencia de Historia Natural no colexio San Agustín, adscrito ao Instituto de Pontevedra. Mantiña contacto co naturalista Víctor López Seoane, a quen lle enviou algúns exemplares de narcisos para os seus estudos deste xénero. En 1903 doou 31 especies de moluscos ao Instituto de Bacharelato de Pontevedra.
O estudo das Aves
Manuel Baraja é autor dun interesante libro publicado en 1887, Aves Insectívoras y su beneficio para la Agricultura, premiado por unanimidade no certame científico e literario celebrado en Ourense o 10 de setembro de 1887 co gallo da erección da estatua a Feijóo. Nun texto dun claro enfoque práctico, pero sen carecer duns contidos científicos rigorosos, Baraja recolle consellos moi axeitados e modernos no aspecto da conservación do medio ambiente e da avifauna, tema que estaba a ser incorporado nas preocupacións dos especialistas europeos da época.
A descrición das Aves Insectívoras da
región Cantábrica, basicamente Galicia, está precedida dunha clara exposición de como os naturalistas modernos contemplaban aos seres vivos. Contrapón esa visión, con clarividencia, coas teses dos partidarios do Plan da Creación. Sinala unhas noventa especies, das que comentan, ademais do nome científico, o vulgar, xeito de vida, alimentación e outros detalles, e dá a impresión de posuír un importante coñecemento empírico do tema.
O tratamento das Aves é, en xeral, acertado, segundo os coñecementos da época. Tamén fai referencia aos Insectos, especialmente os relacionados coa Agricultura, e indica algunhas das súas características xerais, sobre todo no relativo á agricultura e danos causados. Refírese aos beneficios das Aves insectívoras, que relaciona coa conservación do arborado, alude ás leis existentes, e remata tratando a «Influencia de las Aves y los Insectos en la Agricultura Regional». Nunha valoración global, diremos que o libro de Baraja é unha obra singular, na que hai erudición tradicional, pero tamén datos directos e un enfoque moderno, tanto nas concepcións como na sensibilidade do autor e na preocupación pola situación agrícola e do equilibrio natural. No eido estrito da Ornitoloxía, a obra ofrece un importante caudal de información.
Posición sobre a polémica darwinista
A súa curiosidade pola ciencia e as novas teorías fica de manifesto na intervención sobre a polémica provocada na época polo darwinismo. Sobre o tema escribiu un amplo artigo en 1877, «La doctrina transformista ante la ciencia actual», por tratarse, segundo explica, na páxina 266 dun asunto
muy controvertido hoy por su interés social y científico. Esta contribución de Baraja pasou desapercibida ata hoxe para os estudosos da polémica evolutiva. No texto amosa un certo coñecemento do tema, algo pouco frecuente na época. Parte dunha posición crítica coas hipóteses carentes de base experimental, terreo no que sitúa ao darwinismo. De feito combate as teses desa proposta científica, pero non adopta a habitual posición belixerante dominante neses anos, e admite, de feito, o interese do darwinismo para o progreso da ciencia. Entre as razóns do rexeitamento figuran os supostos datos achegados polo rexistro fósil. E desbota a posibilidade de que o ser humano sexa produto da evolución biolóxica, pois considera que hai diferencias insalvables co resto dos seres vivos e pola ausencia de estados intermedios, como escribe na páxina 366:
... nadie ha visto al mono antropoide o al humano sin palabras.
Esta posición cambiou nos anos seguintes, algo moi pouco habitual entre os protagonistas do debate darwinista. De feito, no comentado libro sobre as Aves publicado en 1887, identifícase co transformismo, cos naturalistas que contemplan aos seres vivos desde esa perspectiva, nun
árbol genealógico, cunha clara apoloxía do
ilustre Darwin. Afirma que moitos atacan a Darwin sen coñecelo e que é imposíbel negar que os seres
se modifican bajo la influencia de las circunstancias en que viven y del medio en que se desarrollan, y que esta adaptación produce variaciones particulares que la herencia trasmite y perpetúa. Salienta o moito que axuda ao naturalista poñer en práctica as teorías de Darwin e critica certas opinións:
Dudan algunos timidamente, aceptar teorías que les seducen en extremo, tan sólo porque, siendo el hombre parte integrante de los seres, entra en la ley general, prefiriendo ser ángeles degenerados y caídos, a constituir el límite superior del perfeccionamiento animal.
Fontes documentais
Cuerpo de Sanidad Militar. Hoja Matriz de Servicios de D. Manuel Baraja Fernández, Archivo General Militar, Servicio Histórico Militar. Segovia.
Baraja Fernández, M. (1880): De la naturaleza del glaucoma y de su tratamiento, Tese de doutoramento lida na Universidade Central. Manuscrito de 25 follas, asinado. Biblioteca da Universidade Complutense (Depósito da Facultade de Medicina).
Bibliografía primaria
Baraja Fernández, M. (1877): «La doctrina transformista ante la ciencia actual», Revista Cántabro-Asturiana, 9-12 (decembro de 1877 - xaneiro de 1888): 265-69, 300-306, 331-336, 363-367.
Baraja Fernández, M. (1887): Aves Insectivoras y su beneficio para la Agricultura, Ourense: Imprenta El Eco de Orense.
Baraja Fernández, M. (1897, 1898): «Apuntes de Ferrol», Galicia moderna, 1, 5: 10-13; 1, 14: 5-9; 2, 19: 12-16; 2, 21: 13-17.
Baraja Fernández, M. (1905): «La Verdad sobre la emigración», Galicia (La Habana, 1902), Ed. facsímil, 4, 44: 2-3.
Bibliografía secundaria
Fraga, X. A. (1992): Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903): ensino, divulgación, debates, produción, institucionalización e recepción de novidades. Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Como citar: Fraga, Xosé Antón : Manuel Baraja Fernández. Publicado o 15/5/2012 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=291. Recuperado o 16/07/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo «La verdad sobre la emigración», de Manuel Barraja, publicado na revista Galicia da Habana. Ver Documento. Artigo
Baraja, Manuel: «La verdad sobre la emigración», Galicia: revista semanal ilustrada, A Habana, 44 (28 de outubro de 1905), 2-3.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Manuel Baraja escribe sobre a catedral de Santiago en Galicia moderna. Ver Documento. Artigo
Baraja, Manuel: «Monumentos de Galicia: La catedral de Santiago», Galicia moderna: revista quincenal ilustrada, 2 (15 de maio de 1897), 10-13.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Aves Insectivoras y su beneficio para la Agricultura, obra de Manuel Baraja publicada en 1887. Ver Documento. Libro
Baraja, Manuel: Aves Insectivoras y su beneficio para la Agricultura, Ourense: Imprenta El Eco de Orense, 1887.
Fonte: Biblioteca Dixital Hispánica. BNE.
https://bdh.bne.es/
«La doctrina transformista ante la ciencia actual», artigo de Manuel Baraja publicado en catro entregas na Revista cántabro-asturiana, entre decembro de 1877 e xaneiro de 1878. Ver Documento. Artigo
Baraja, Manuel: «La doctrina transformista ante la ciencia actual», Revista cántabro-asturiana, 9 (5 de decembro de 1877), 265-269; 10 (20 de decembro de 1877), 300-306; 11 (5 de xaneiro de 1878), 331-336; 12 (20 de xaneiro de 1878), 363-367.
Fonte: Hemeroteca Dixital. Biblioteca Nacional.
https://hemerotecadigital.bne
«Apuntes de Ferrol», de Manuel Baraja, publicados en Galicia moderna en catro entregas entre o 1 de xullo de 1897 e o 1 de marzo de 1898. Ver Documento. Artigo
Baraja, Manuel: «Apuntes de Ferrol», Galicia moderna: revista quincenal ilustrada, 5 (1 de xullo de 1897), 11-14; 14 (15 de novembro de 1897), 5-9; 19 (1 de febreiro de 1898), 12-16; 21 (1 de marzo de 1898), 13-17.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo de X.A. Fraga Vázquez sobre Manuel Baraja como
precursorda conservación da Natureza. Ver Documento. ArtigoFraga Vázquez, X.A.: «Os precursores: Manuel Baraja, un ornitólogo preocupado pola conservación da Natureza», Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 6 (1993), 30-31.
Fonte: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia.
https://adega.gal/
Artigo de X.A. Fraga Vázquez sobre Manuel Baraja como
precursorda conservación da Natureza. Ver Documento. ArtigoFraga Vázquez, X.A.: «Os precursores: Manuel Baraja, un ornitólogo preocupado pola conservación da Natureza», Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 6 (1993), 30-31.
Fonte: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia.
https://adega.gal/
Certificado de defunción de Manuel Baraja Fernández. Ver Documento
Fonte: M. Carmen Díaz-Guevara Domínguez, bisneta de Manuel Baraja Fernández.
Certificado de defunción de Manuel Baraja Fernández. Ver Documento
Fonte: M. Carmen Díaz-Guevara Domínguez, bisneta de Manuel Baraja Fernández.
Información sobre a publicación do libro de Manuel Baraja Aves insectívoras y sus beneficios á la agricultura (Ourense: imprenta de El Eco, 1887). Ver Documento. Artigo
V.L.C., Paulo: «Notas bibliográficas», El Correo gallego: diario político de la mañana, 2794 (27 de xaneiro de 1888), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana. https://biblioteca.galiciana.gal
Información sobre a publicación do libro de Manuel Baraja Aves insectívoras y sus beneficios á la agricultura (Ourense: imprenta de El Eco, 1887). Ver Documento. Artigo
V.L.C., Paulo: «Notas bibliográficas», El Correo gallego: diario político de la mañana, 2794 (27 de xaneiro de 1888), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana. https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
«De médicos y de pájaros ( El Dr. Baraja, experto en aves, 1887, Ourense, Vigo...)», artigo de David Simón-Lorda o seu blog Diario de un médico de guardia, (22 de xaneiro de 2013)
Fonte: https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com
Acceso en liña ao manuscrito da tese de doutoramento De la naturaleza del glaucoma y de su tratamiento, lida por Manuel Baraja na Universidad Central de Madrid o 17 de xuño de 1880
Foonte: Universidad Complutense. Patrimonio Digital Complutense. https://patrimoniodigital.ucm.es
Biografía de Manuel Baraja Fernández no DB-e da Real Academia de la Historia escrita por Fernando Rodríguez de la Torre
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es
Manuel Baraja Fernández no espazo web Historia Hispánica da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia. Historia Hispánica
https://historia-hispanica.rah.es