Antonio Naveyra
Santiago de Compostela, 1909 - A Coruña, 16/3/1976Autoría: Ana Abad de Larriva
Director e actor, impulsor do teatro e folclore galegos na Coruña a mediados do século XX
Naveira, pero Antonio adoptou artisticamente a forma
Naveyra, aínda que ás veces o seu apelido apareza tamén escrito do outro xeito.
Dende pequeno desenvolveu un fondo amor polo teatro e polo mundo do espectáculo. Estudou Dereito na Universidade de Madrid, carreira que rematou no ano 1933. Foi na capital española onde comezou a facer teatro como actor, no Club Antistora, onde coñeceu a Federico García Lorca, e despois en La Farándula e no Teatro Español, baixo a dirección do director Felipe Lluch.
Trasladouse á Coruña e compaxinou o exercicio da avogacía cunha forte implicación no teatro amador, primeiro como actor, labor no que empregaba habitualmente o pseudónimo Antonio Navas, e despois, aínda que seguiu actuando, enfocouse especialmente na adaptación e na dirección, así como na escritura, e desenvolveu tamén un importante labor de conservación e difusión do folclore galego.
Ademais, o seu amor polo teatro levouno a impartir numerosas conferencias e coloquios sobre a arte escénica (sobre os diferentes elementos da interpretación actoral, de análise do traballo dos principais directores de escena internacionais do momento...), e a colaborar en xornais e revistas, escribindo tanto en galego como en castelán.
Dirixiu o cadro artístico do Centro Deportivo e Cultural Santa Lucía, co que montou pezas como La sirena varada, de Alejandro Casona, no ano 1952; e colaborou co cadro artístico do Conservatorio de Música e Declamación da Coruña, co que actuou en diferentes postas en escena, destacando a súa interpretación do Don Juan, nunha montaxe do Don Juan Tenorio, de Zorrilla, dirixida por María Luisa Durán Marquina no ano 1949, e no que tamén dirixiu montaxes, como a súa adaptación de Sueño de una noche de verano, de William Shakespeare, no ano 1951, que era o autor cuxa obra Antonio recoñecía que máis lera e relera na súa vida.
Porén, unha das entidades coas que máis se vinculou na súa faceta de director foi a Asociación Cultural Iberoamericana (A.C.I.), cuxos actos constitucionais se celebraron os días 9, 10 e 11 de xuño de 1951. Antonio dirixiu o Teatro de Cámara da A.C.I. e con el montou numerosas pezas, en castelán, como Edipo abandonado e o auto sacramental La mujer más probada, de Xosé Luís López Cid, nos anos 1954 e 1955, respectivamente (desta última fíxose unha destacada posta en escena vertical na fachada da igrexa de Santa Eufemia, en Ourense); Las sillas, en 1960, e La lección, en 1962, de Eugène Ionesco; ou Ligazón e La rosa de papel, de Valle-Inclán, no ano 1962; e tamén en galego. Destas últimas destacaron O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro, estreada o 31 de agosto de 1959 no Teatro Colón da Coruña, e que, debido á censura, só se puido ver na Coruña e en Lugo (que acolleu unha función nas Festas do San Froilán dese ano que gozou dun grande éxito); e Os vellos non deben de namorarse, nunha montaxe estreada na Praza de Touros da Coruña o 14 de agosto de 1961. Colaborou tamén co Teatro Experimental Tespis, compañía coa que puxo en escena outra peza de Cunqueiro: A noite vai coma un río, no ano 1973.
No seu traballo de posta en valor do folclore galego, Antonio foi director artístico da Asociación Cultural Aturuxo, formada o 20 de marzo de 1955, coa que puxo en escena espectáculos como Roseira de costumes, na que tamén se encargou do libreto; A morte do gaiteiro, de Ramón Cabanillas, nun programa cuxa primeira parte incluía «Ruada» e «Tempos de danza» do propio Naveyra; Lendas e costumes, ou Noitegas.
O poeta Antón Avilés de Taramancos, que fora axudante del na función de La mujer más probada na fachada da igrexa de Santa Eufemia en Ourense e que participara tamén na función de estrea do Don Hamlet no Teatro Colón, referíase a Naveyra como
un director natoe destacaba os seus coñecementos tanto literarios como técnicos. Nesa liña, o actor Enrique Pérez “Payón”, que actuara baixo a dirección de Naveyra en montaxes como Os vellos non deben de namorarse, La rosa de papel, Don Hamlet ou La sirena varada, considerábao o mellor e
máis capacitadodirector da Coruña do seu tempo, pola súa
dedicación, formación e talento para resolver e realizar as obras máis difíciles. As palabras de persoas que traballaron con el e as referencias xornalísticas ás numerosas montaxes nas que participou ou que impulsou dan testemuño da súa longa traxectoria e dedicación ao mundo do teatro e do folclore na Galicia de mediados do século XX.
Bibliografía
Angueira, Víctor de: «23 preguntas a nuestros poetas, narradores y ensayistas: XXI. Contesta Naveyra», La Noche, 12583 (20 de xullo de 1962), 3 e 6.
Angueira, Víctor de: «El hombre: Antón Naveyra comenzó a hacer teatro con Federico García Lorca», La Noche, 12583 (20 de xullo de 1962), 3 e 6.
B.R.: «A morte do gaiteiro será representada mañana en la Plaza de Toros de La Coruña. Intervendrán más de cien actores. Entrevista con el director general de la obra, D. Antonio Naveira», La Noche, 13320 (8 de agosto de 1964), 12.
Lourenzo, Manuel e Pillado Mayor, Francisco: Dicionário do teatro galego (1671-1985). Barcelona: Sotelo Blanco, 1987.
Lourenço-Módia, Cilha: O Teatro Circo na configuración do teatro independente galego (1967-1978) [Tese de Doutoramento]. A Coruña: Universidade, 2012.
Torres Regueiro, Xesús: «A estrea na Galiza de Os vellos non deben de namorarse», Anuario Brigantino, 33 (2010), 423-440.
Vieites, Manuel F. (coord.): Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Vigo: Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, 2007.
Como citar: Abad de Larriva, Ana : Antonio Naveyra. Publicado o 10/4/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=35114. Recuperado o 17/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista de R.B. a Antonio Naveyra arredor do seu labor como director na montaxe A morte do gaiteiro, publicada no xornal La Noche. Ver Documento. Entrevista
B.R.: «A morte do gaiteiro será representada mañana en la Plaza de Toros de La Coruña. Intervendrán más de cien actores. Entrevista con el director general de la obra, D. Antonio Naveira», La Noche, 13320 (8 de agosto de 1964), 12.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Cuestionario e entrevista feitas por Víctor de Angueira a Antonio Naveyra no xornal La Noche do 20 de xullo de 1962, que inclúen fotos de Naveyra actuando baixo o pseudónimo de Antonio Navas . Ver Documento. Entrevista
Angueira, Víctor de: «23 preguntas a nuestros poetas, narradores y ensayistas: XXI. Contesta Naveyra», La Noche, 12583 (20 de xullo de 1962), 3 e 6.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Entrevista a Antonio Naveyra arredor da súa adaptación de Sueño de una noche de verano, de William Shakespeare, que puxo en escena por petición do Conservatorio da Coruña; publicada no xornal El Ideal Gallego. Ver Documento. Entrevista
«
Fonte: Biblioteca da Galicia / Galiciana.El sueño de una noche de verano. Antonio Naveyra, adaptador de la obra, confía en el éxito», El Ideal gallego, 10766, 2ª ed. (26 de outubro de 1951), 7.
https://biblioteca.galiciana.gal
Pequena entrevista a Antonio Naveyra arredor da súa interpretación do Don Juan na montaxe do Don Juan Tenorio posta en escena polo cadro artístico do Conservatorio de Música e Declamación da Coruña, baixo a dirección de María Luisa Durán Marquina, dentro dunha nova sobre a montaxe publicada no xornal El Ideal Gallego, na que se destacaba o uso que facía Naveyra dunha
rica gama de estados emocionaise decontrastados efectos de paixón. Ver Documento. Entrevista«El Teatro: Una depurada versión del
Fonte: Biblioteca da Galicia / Galiciana.Tenorioofreció ayer el cuadro artístico del Conservatorio coruñés»; «ElTenoriovisto entre bastidores», El Ideal gallego, 9976 (9 de novembro de 1949), 6.
https://biblioteca.galiciana.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo sobre a estrea en Galicia d'Os vellos non deben de namorarse, de Xesús Torres Regueiro, publicado no Anuario Brigantino. Ver Documento. Artigo
Torres Regueiro, Xesús: «A estrea na Galiza de Os vellos non deben de namorarse», Anuario Brigantino, 33 (2010), 423-440.
Fonte: Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es/
Entrevista a Enrique Pérez
Payónno xornal La Noche na que o actor fala de Antonio Naveyra e destaca as súas capacidades como director de escena, considerándoo o mellor director da Coruña do seu momento. Ver Documento. EntrevistaEndovel: «Enrique Pérez
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.Payón, figura indispensable de la escena», La Noche, 12583 (23 de decembro de 1963), 10.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nova que o recolle o éxito da estrea da montaxe do Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, na Coruña, feita polo Teatro de Cámara da A.C. Iberoamericana, baixo a dirección de Antonio Naveyra, publicada no xornal La Noche. Ver Documento. Noticia
«Estreno de Don Hamlet en La Coruña. Éxito Rotundo», La Noche, 11847 (1 de setembro de 1959), 2.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Deseños de Claudio Varela de Cambre para o decorado da montaxe d'O incerto señor don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, estreada polo Teatro de cámara da A.C.I., o 31 de agosto de 1959, no Teatro Colón da Coruña, baixo a dirección de Antonio Naveyra. Ver Documento
Fonte: Arquivo da Real Academia Galega / Consello da Cultura Galega.
https://consellodacultura.gal/mediateca
Álvaro Cunqueiro escribe sobre a súa peza O incerto señor don Hamlet e sobre a estrea da montaxe feita polo Teatro de cámara da A.C.I., baixo a dirección de Naveyra, en La Hoja del Lunes. Ver Documento. Artigo
Cunqueiro, Álvaro: «Autocrítica de
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.Don Hamlet», Hoja Oficial del Lunes (La Coruña), 635 (31 de agosto de 1959), 2.
https://prensahistorica.mcu.es/
Nova sobre o nacemento da Agrupación Folclórica Aturuxo, da que Antonio Naveyra foi director artístico, publicada no xornal El Ideal Gallego. Ver Documento. Noticia
«
Fonte: Biblioteca da Galicia / Galiciana.Aturuxonueva agrupación folklórica coruñesa», El Ideal gallego, 11870 (20 de maio de 1955), 8.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nova publicada no xornal El Ideal Gallego, do 28 de marzo de 1952, sobre a montaxe de La sirena varada, que dirixiu e na que actuou, baixo o pseudónimo de Antonio Navas, no Centro Cultural e Deportivo de Santa Lucía. Ver Documento. Artigo
«
Fonte: Biblioteca da Galicia / Galiciana.La sirena varada, en el Centro Cultural y D. de Santa Lucía», El Ideal gallego, 10896 (28 de marzo de 1952), 5.
https://biblioteca.galiciana.gal
Nova que analiza a adaptación de Sueño de una noche de verano feita por Antonio Naveyra para o Conservatorio da Coruña, na que tamén interpretaba o papel de Oberón; publicada no xornal El Ideal Gallego. Ver Documento. Noticia
«Espectáculos:
Fonte: Biblioteca da Galicia / Galiciana.El sueño de una noche de veranopresentado con éxito por el cuadro artístico del Conservatorio», El Ideal gallego, 10767 (27 de outubro de 1951), 5.
https://biblioteca.galiciana.gal
Indormación da conferencia sobre a arte escénica que impartiu Antonio Naveyra no local de Educación y Descanso, na Coruña, o 30 de novembro de 1945, publicada no xornal El Ideal Gallego,. Ver Documento. Noticia
«Pronunció ayer una interesante conferencia en el local de Educación y Descanso D. Antonio Naveira», El Ideal gallego, 8856 (1 de decembro de 1945), 6.
Fonte: Biblioteca da Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Ligazóns de interese
«Cunqueiro e o San Froilán», artigo de Antonio Reigosa na súa web cadernodeantonioreigosa.eu, (2 de outubro de 2023)
Fonte: https://cadernodeantonioreigosa.eu
«Na Galiza, os vellos namoran máis tarde», artigo de Xoán Costa en Nós diario, (20 de abril de 2018)
Fonte: Nós diario
https://www.nosdiario.gal
Acceso en liña ao artigo de Laura Tato Fontaíña «Álvaro Cunqueiro na historia do teatro galego»
Tato Fontaíña, Laura: «Álvaro Cunqueiro na historia do teatro galego». En Forcadela, M.; T. López e D. Vilavedra (coords.): Mil e un cunqueiros. Novas olladas para un centenario. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: 725-736.
Fonte: Repositorio da Universidade da Coruña.
http://hdl.handle.net/2183/16994
Acceso en liña á tese de doutoramento de Cilha Lourenço-Módia O Teatro Circo na configuración do teatro independente galego: (1967-1978). Universidade da Coruña, 2012
Fonte: Repositorio da Universidade da Coruña.
http://hdl.handle.net/2183/10124
«Darío Xohán Cabana reconstrúe a xénese do
Fonte: La Voz de GaliciaHamletde Cunqueiro», artigo de Xesús Fraga na edición dixital de La Voz de Galicia. (23 de decembro de 2007)
https://www.lavozdegalicia.es
Acceso en liña ao número 11 d'A Xanela: Revista cultural das Mariñas, da primavera de 2001, que contén o artigo «António Naveira Goday» escrito por Avilés de Taramancos
Fonte: Hemeroteca Dixital de Betanzos.
https://hemeroteca.betanzos.net
A Agrupación Folklórica Aturuxo na Galipedia. Antonio Naveyra foi director artístico da agrupación e con ela puxo en escena varios espectáculos
Fonte: https://gl.wikipedia.org