- Álbum de Galicia
- Documentación
- Ligazóns
- Videos
- Audios
- Créditos
- Agradecementos
- Bibliografía
- Artigos
- Periódicas
- Publicacións CCG
Xohana Torres
Santiago de Compostela (A Coruña), 22/ 11/1929 - Vigo (Pontevedra), 12/9/2017anego estancias, adiántome ás eclipses,
entro nas furnas, tomo baluartes...”
A intensidade da voz poética de Xohana Torres nace dunha altísima esixencia: o respecto a si mesma e polo tanto a lectores e lectoras..Así, nesa coherencia, constrúe unha obra literaria que atravesa a segunda metade do século XX e o que ha vir, coa irreverencia da súa propia necesidade. Estamos diante dunha voz necesaria. Pode pois, sen que ninguén o impida, adiantarse as eclipses, entrar nas furnas, tomar baluartes. E faino.
Autora de referencia imprescindible na literatura galega contemporánea a súa é unha obra escollida e esixente que se construíu orixinalísima nuns tempos complexos. Innovadora e enriquecedora das tendencias que marcaron a poesía galega desde os anos cincuenta, ao longo das décadas foi elaborando un corpus creativo de gran solidez. Poeta, dramaturga, narradora, a medida voz literaria da autora modelase contida e afastada, nos últimos anos, do espazo publico.
O seu periplo vital esténdese do Ferrol da infancia e mocidade ao Vigo da madurez onde reside, pero a paisaxe emocional afírmase tamén nas ribeiras do Avia coa poderosa imaxe da súa avoa, e nos mares das navegacións reais, viaxa por Europa, Asia e África, e as soñadas. Mar, tempo, terra no substrato dunha poética da indagación que sorprende a critica e lectores e lectoras desde os seus primeiros libros. Situada na Xeración das Festas Minervais a pegada da súa obra supera contextos xeracionais e esténdense plena e cómplice nas poéticas últimas nas que a súa voz resoa. Nos anos de mocidade desenvolve unha intensa actividade cultural, colabora en revistas, participa en recitais poéticos, actos literarios, rexistros sonoros en homenaxe a Cunqueiro, Castelao... O labor cultural de Xohana Torres ampliase ademais a ámbitos menos frecuentados nos anos sesenta, a súa relación co grupo Teatro Estudio de Ferrol evidencia o seu interese polo xénero que logo cultivaría como autora. En Radio Ferrol realiza o programa “Teresa” e no ano 1965 dirixe, na emisora La Voz de Vigo, “Raíz e Tempo”, o primeiro programa cultural en lingua galega trala guerra civil . É autora así mesmo dun ensaio sobre San Andrés de Teixido, traballos sobre teatro, traduce ao galego, escribe literatura para o publico lector mais novo, e publica con tempo medido obras de narrativa, teatro e poesía. A revisión contemporánea da súa obra subliña a amplitude dun territorio poético singular e persoal
Tal vez pola singularidade da súa obra literaria, e tal vez tamén polo seu afastamento do espazo publico e os medios de comunicación, os outros labores culturais de Xohana Torres pérdense na sombra, escasas referencias documentan un traballo que precisa ser revisado. Esta cartografía do Álbum de mulleres asoma con ese obxectivo: procurar as superficies, os perfís, os ángulos desa obra, achegar materiais para a documentación e relectura do labor literario e cultural de Xohana Torres, a dona dos mapas.
Como citar: Xohana Torres. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3928. Recuperado o 07/02/2025
Xohana Torres
Santiago de Compostela (A Coruña), 22/ 11/1929 - Vigo (Pontevedra), 12/9/2017Autoría: Ana Abad de Larriva
Escritora galega pioneira de referencia, de fondo compromiso cultural e social
Naceu en Santiago de Compostela mais pasou a infancia e parte da xuventude en Ferrol, onde seu pai estaba destinado como mariño, e foi alumna de Ricardo Carballo Calero, durante o primeiro e o segundo curso do bacharelato na Academia Centro de Ensino Xeral, quen lle impartiu as materias de Historia e Literatura. Sentiu xa a vocación literaria dende moi nova e, alentada polo profesor, publicou poemas na revista do instituto, Proa, e logo tamén na revista Aturuxo.
En abril de 1956 gañou o I Certame Poético de Primavera, organizado pola Asociación da Prensa de Vigo, en colaboración coa Subdirección Provincial do Ministerio de Información e Turismo, co poema «Nuestra primavera: Tojos», un primeiro premio compartido ex aequo co padre Máximo González García, con José Márquez Peña e con Celso Emilio Ferreiro, tras a grande estimación por parte do xurado da
calidade poéticadas catro composicións.
Neses anos comezou tamén a destacar como recitadora, participando en diferentes eventos literarios, como a clausura do Ciclo de Conferencias sobre Poesía Galega que acolleu o Círculo Mercantil de Santiago de Compostela, o 29 de marzo de 1957, e no que recitou unha escolma de poemas de autores como, entre outros, Uxío Novoneyra, Xosé Luís Franco Grande, Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel María, así como varios poemas propios; ou como o acto conmemorativo do centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, o 17 de maio de 1963, organizado na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, e no que Xohana recitou unha escolma do poemario rosaliano. Desta súa faceta, a prensa da época destacou a súa
sensibilidadee a súa
melodiosa voz. Participou ademais en gravacións, como a que se fixo en abril de 1980 para unha homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que incluía poemas do autor mindoniense recitados por ela e por Laura Pérez Landeira, Xoaquín Lens e Amelia García, acompañados pola música de Emilio Cao, e que foi publicado por Galaxia. A súa presenza e participación en círculos, actos culturais, publicacións e xéneros literarios de maioritaria presenza masculina foi un facho inspirador que abriu camiños.
Como poeta é considerada dentro da Promoción das Festas Minervais, aínda que a súa poética teña trazos propios. O seu primeiro libro de poemas editado foi Do sulco, publicado en 1957, sendo o segundo volume da colección Illa Nova, que viña de crear Galaxia para acoller as novas voces literarias, e nel incorpora poemas escritos dende os doce anos; textos como «Soidá», que publicara na revista do instituto, ou «Nai», un poema que saíra publicado no número 3 de Aturuxo, no ano 1953, e que recolleu con varias variacións. O limiar de Do sulco estaba asinado por Carballo Calero, quen incluíra nel algúns detalles da mocidade de Xohana, como a súa participación como actriz nunha representación de carácter amador no Teatro Jofre de Ferrol, xa que as artes escénicas foron outra das súas grandes afeccións.
No mesmo ano en que saíu do prelo o seu primeiro libro de poemas, matriculouse na carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, e cursou por libre os dous primeiros anos, aínda que logo decidiu non rematar os estudos. En Ferrol deu clases particulares e exerceu como funcionaria de Correos e Telégrafos, ademais de dirixir varios espazos radiofónicos. Un deles foi, en 1956, Teresa, un programa dirixido ás mulleres. Uns anos máis tarde, en Vigo, cidade na que radicaría a súa residencia, na que tamén traballaría como funcionaria de Correos e Telégrafos e pola que desenvolvería unha gran conexión afectiva, dirixiu Raíz e tempo, considerado o primeiro programa de radio desenvolvido integramente en galego, en La Voz de Vigo, ata 1966, en que foi substituída por Xosé Luís Franco Grande.
Xohana Torres foi tamén pioneira no eido da literatura infantil e xuvenil. Comezou traducindo, a raíz da colaboración que iniciaron no ano 1966 Galaxia e a editorial catalá La Galera, O abeto valente, de Jordi Cots, e O globo de papel, de Elisa Vives de Fábregas, en 1966; e seguíronlles Unha nova terra, de Francesc Candel, e Todos os nenos do mundo seremos amigos, de Asun Balzola, en 1967; así como a versión galega da adaptación de varios contos: O lobo Lelo, adaptado por Montserrat Camps, Anna Camps e Quima Romagosa; O demo Rapatú a partir da versión de Miquel Desclot; e O traxe novo do emperador, adaptado por Montserrat Camps, Anna Camps e Quima Romagosa, a partir da versión de Hans Christian Andersen, no ano 1979.
Con esas traducións, converteuse na primeira tradutora da historia da literatura infanto-xuvenil galega. Ademais, ela mesma é autora de dous contos infantís editados: Polo mar van as sardiñas (1967) e Pericles e a balea (1984), volvéndose tamén, con Polo mar van as sardiñas, na primeira autora dun texto dirixido especificamente ao lectorado máis novo, e da primeira obra infantil galega que estivo presente nas catro linguas peninsulares. Anos máis tarde traduciría Así foi, de Rudyard Kipling, en colaboración coa súa sobriña, a tradutora Dolores Martínez Torres, que foi publicada en Galaxia en 1992.
Xohana destacou tamén como narradora para lectorado adulto a pesar de ter só unha novela publicada, Adiós, María; un anovador texto co que gañou o Premio Galicia, convocado e outorgado polo Centro Galego de Bos Aires no ano 1970, e que foi publicada en 1971, nunha edición patrocinada polo Centro Galego e mais o Instituto Arxentino de Cultura Galega de Bos Aires, coa colaboración de Edicións Castrelos de Vigo. A súa obra impúxose a textos como Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco Amor, ou O silencio redimido, de Silvio Santiago, autores que xeraron polémica polas súas declaracións contra o concurso literario e o seu fallo; unha controversia que supuxo que Xohana Torres optase por un certo afastamento da vida pública e literaria.
Porén, a obra tivo moi boa acollida e valoración lectora e, proba do seu fondo compromiso coa lingua galega, a pesar do interese inmediato que xurdiu por parte de editoriais para publicar a tradución do texto ao castelán, a autora preferiu agardar para que esa versión non competise en Galicia coa orixinal en galego. Aínda así, considérase que a novela non obtivo toda a atención que merecía, e segue a merecer, por parte da crítica. Xohana é autora tamén doutros textos narrativos inéditos, como a novela curta Antón dos Leis.
Vinte e tres anos despois da publicación de Do sulco, en 1980 saíu o seu segundo libro de poemas, Estacións ao mar, que inaugurou a colección Dombate de poesía na editorial Galaxia e co que obtivo o Premio da Crítica española. Volverían pasar doce anos ata que saíse publicado en Espiral Maior o seu terceiro libro de poemas, Tempo de ría, cunha portada ilustrada por Laxeiro, e que recolleu o seu poema máis coñecido, «Penélope», xa publicado en 1987 no especial que lle dedicara a ela a revista Festa da palabra silenciada, no seu número 4. O seu verso final
Eu tamén navegarconverteuse nun lema feminista de referencia e daría título ao seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 2001.
Como xa se adiantou, foi habitual a súa colaboración con numerosas revistas, así como o diálogo que se estableceu entre as escolmas de poemas publicadas nas páxinas destas publicacións e, posteriormente, a súa saída nas páxinas dun libro, ás veces con variacións. No ano 1967, por exemplo, publicou «A dura maxestade do silencio», no número 16-17 de Claraboya, sobre poesía galega, preparado por Basilio Losada; uns versos que logo sairían en Estacións ao mar. A revista Dorna tamén acolleu a súa creación poética: «Chámome imaxe á malva luz da hora», no número 10, de 1986, ou «Catro poemas», no número 14, de 1988; composicións que logo incorporaría, algúns con variacións, en Tempo de ría. A revista Grial publicara tamén, no seu número 37, do ano 1972, a escolma «O tempo e a memoria», que logo sería incluída en Estacións ao mar.
Na colección Arte de Trobar, do PEN Clube de Galicia, publicouse Xohana Torres: Poesía reunida (1957-2001),con edición e prólogo de Luciano Rodríguez. En 2016, Engaiolarte sacou Elexías a Lola, poemas dedicados á súa avoa Lola, procedente de Ribadavia, quen lle influíra moito na súa conexión coa lingua e coa terra. Nese libro, a autora rescatou os poemas que saíran publicados dentro de Tempo de ría e completounos con novos textos. Esa mesma editorial publicou en 2021, o seu libro póstumo de poemas, Últimas tardes con Xohana, que incluíu os versos que escribira Xohana nos meses anteriores para un proxecto que non puido rematar.
Ademais, Xohana Torres destacou como autora dramática, xénero no que tamén foi pioneira e no que deixou a súa voz propia, cunha perspectiva anovadora; unha faceta que hai xa anos que diferentes voces insisten que é importante revalorizar. Aínda que ela mesma se consideraba sobre todo poeta, tamén expresaba e demostraba o seu fondo amor polo teatro, ao que estivera moi vinculada dende os once anos, como lembraba, participando como actriz en grupos e montaxes escolares, e logo colaborando durante un tempo co grupo Teatro Estudio de Ferrol, dende a súa primeira montaxe, El cuarto de estar, de Graham Greene, estreada en xuño de 1962 baixo a dirección de Alfredo Osset.
Como dramaturga é considerada dentro da
promoción de enlace, e son dúas as súas pezas que foron editadas. A primeira foi Á outra banda do Iberr, finalista no I Concurso Castelao de Teatro Galego, e publicada en 1965 por editorial Galaxia, con ilustracións de Xohán Ledo, despois de que a Asociación Cultural O Galo, impulsora do certame, promovese a súa publicación. O primeiro premio nesa convocatoria fora para Ángel de la Peña Carrillo, por Cando morren os faroles. Xohana, gran viaxeira, acompañou ao seu marido, José Luis Ellacuría, que era mariño mercante, en numerosas viaxes, que a levaron a coñecer diferentes lugares de Europa, África e Asia, e Á outra banda do Iberr escribíraa no ano 1961 en Port-Said (Exipto).
A súa segunda peza de teatro, Un hotel de primeira sobre o río, foi gañadora do Certame Castelao en 1966, na súa derradeira edición, e publicada por Editorial Galaxia en 1968, con ilustracións de Isaac Díaz Pardo. No ano 2021 a editorial Engaiolarte volveu editar os dous textos. Nunha entrevista dos anos sesenta arredor d’Un hotel de primeira sobre o río avanzaba que rematara de escribir unha peza de teatro do absurdo, que aínda non mecanografara, e que, na actualidade, aínda permanece inédita. No seu teatro puxo a dialogar unha linguaxe elevada e poética, sensorial, cun fondo contido crítico, e destacou tamén pola súa aposta por crear protagonistas femininas que contribúen a cuestionar os roles da muller, e pola grande importancia que teñen nel, nos temas e na forma, a paisaxe e a terra.
Porén, a pesar do seu fondo compromiso co teatro, a súa obra dramática permaneceu afastada das táboas durante moitos anos. A primeira posta en escena d’Un hotel de primeira sobre o río foi feita en 1994 pola compañía de teatro afeccionado Atide, baixo a dirección de Rodolfo López Veiga, quen levaba moito tempo querendo facelo. A primeira montaxe profesional non se fixo ata o ano 2023, na adaptación de María Torres e Gonçalo Guerreiro para o Centro Dramático Galego, saldando unha débeda histórica coa autora.
No eido do teatro, publicara tamén en Grial, no número 8, do ano 1965, un artigo ensaístico titulado «Stanislawski e o teatro moderno». Como ensaísta, gañou no ano 1971 o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña, por San Andrés de Lonxe, mitos e ritos, que non foi editado ata o ano 2017, e que saíu publicado xa de xeito póstumo, pola editorial Engaiolarte.
A súa implicación coa literatura galega levouna a participar como xurado de diferentes premios, como o I Concurso de Contos Infantís O Facho, en 1968; o II Concurso de Teatro Infantil, en 1975; o VI Concurso de Textos Teatrais Abrente, da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia, no ano 1978; o concurso de poesía feminista convocado pola Coordinadora Feminista de Vigo no ano 1980; ou o I Premio de Poesía Caixanova, en 2002; ano en que, en representación da Real Academia Galega, formou parte do Xurado do Premio Nacional de Poesía. No ano 1993 o Concello de Santiago de Compostela creou tamén o premio de investigación que leva o seu nome.
Nesa súa vontade de colaborar e tender pontes literarias, escribiu o limiar para libros como Merlín e a súa historia, de Santiago Gutiérrez, publicado en Xerais no ano 1997; ou O útero dos cabalos, de Lupe Gómez, publicado en Espiral Maior en 2005; e participou tamén en libros colectivos ou outras publicacións relacionadas con outras figuras relevantes do campo literario, e artístico en xeral, con textos como o poema «Nun clamor de raíces», no volume Ramón Otero Pedrayo. A súa vida e a súa obra. Homaxe da Galicia universal, editado polo Centro Galego de Caracas, en 1958; un texto sobre Lodeiro, para o folleto da exposición «Lodeiro» que acolleu a Galería Jofer de Pontevedra en xuño de 1972; «Laxeiro en Vigo», na Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia, publicado por Citania Galería de Arte, no ano 1991; o poema «Ti es para min isa barca...», no libro-CD homenaxe a Rosalía de Castro, Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, publicado pola Fundación Rosalía de Castro en 1997; ou «Paco», no volume Homenaxe a Francisco Fernández del Riego, editado por Xesús Ferro Ruibal e publicado pola Fundación Premios da Crítica en 2002.
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro de 2001, data na que deu lectura ao preceptivo discurso de entrada na institución, que levou por título Eu tamén navegar, e ao que, en nome da RAG, contestou o académico Salvador García-Bodaño. Pasou a ocupar, así, a cadeira que antes fora, entre outros, de Aquilino Iglesia Alvariño e de Xosé María Álvarez Blázquez. No seu discurso de entrada compartiu unha fermosa lembranza arredor de Iglesia Alvariño: como, no derradeiro ano do bacharelato, recibira Cómaros verdes como premio na Festa do Libro.
En 2001, a raíz do seu ingreso na RAG, a editorial A Nosa Terra publicou o libro Ferrol, corazón de navío, unha escolma de poemas de Xohana Torres relacionados coa vila na que medrara, acompañados de fotografías de Xan Carballa. Ese mesmo ano tamén se fixo unha nova edición de Adiós María na colección Biblioteca Galega, do xornal La Voz de Galicia.
Outros recoñecementos que recibiu foron o Pedrón de Ouro, outorgado pola Fundación Pedrón de Ouro, de Padrón, en 1972; o Premio da Creación Feminina, outorgado pola Xunta de Galicia, en 1992; ou o Premio Celanova, Casa dos Poetas, no ano 2002, na súa XVIII edición. O Consello da Cultura Galega celebrou o 29 de outubro de 2009 unha xornada que levaba por título Xohana Torres: A dona dos mapas, que propiciou novos enfoques arredor de toda a súa obra. De xeito póstumo, no ano do seu pasamento, 2017, recibiu o Premio da Cultura Galega de Letras, concedido pola Xunta de Galicia, e o Concello de Santiago púxolle o seu nome á Casa das Mulleres Xohana Torres. En 2018 a Real Academia Galega dedicoulle o Día Mundial da Poesía.
Xohana Torres foi a capitana dun navío que foi recalando en múltiples portos vitais e literarios, debuxando co seu ronsel un mapa que deixou como legado aberto ao rematar a travesía e quedar ancorada na historia, converténdose nunha figura imprescindible da literatura e da cultura galega contemporáneas.
Bibliografía
Caamaño Pérez, Laura: «Adiós, María: recepción e fortuna crítica en Grial na década dos 70», Boletín Galego de Literatura, 56 (2020); 5-21.
Garrido González, Ana: Xohana Torres. Da viúva de vivo á muller navegante. Santiago de Compostela: Concello de Santiago de Compostela e Universidade de Santiago de Compostela.
González, Helena; Novo, Olga; Ogando, Iolanda; Pena, Montse; Vilavedra, Dolores: «Xohana Torres: A dona dos mapas», monográfico publicado na revista Grial, 188 (outubro-novembro-decembro 2010), 16-51.
Lourenzo, Manuel, e Pillado Mayor, Francisco: Dicionário do teatro galego (1671-1985). Sotelo Blanco Edicións, 1987.
Oti Ríos, Francisco: Teatro Estudio de Ferrol. Vigo: Ediciones Invasoras, 2024.
Pérez Durán, Gabriel: «A perpetuidade do xogo da ourela. Unha achega ao teatro de Xohana Torres», Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, (2005), 102-119.
«Primer Certamen Poético de Primavera, Acta del jurado», Hoja Oficial del Lunes: Al Servicio de España, da Asociación de la Prensa de Vigo, (3 de abril de 1956), 6.
Rodríguez, Luciano (ed.): Xohana Torres: Poesía reunida (1957-2001). Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia; (Arte de Trobar).
Torres, Xohana: Adiós, María. Vigo: Galaxia, 2019.
Torres, Xohana: Á outra banda do Iberr. Vigo: Engaiolarte, 2020.
Torres, Xohana: Un hotel de primeira sobre o río. Vigo: Engaiolarte, 2020.
Vidal Ponte, Roi. «Xohana Torres e o teatro», Erregueté, Revista Galega de Teatro, 94 (2018), 57-59.
Vidal Ponte, Roi. «Engaiolarte recupera o teatro de Xohana Torres», edición dixital da Erregueté, Revista Galega de Teatro, (1 de marzo de 2021).
Vieites, Manuel F. (coord.): Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Vigo: Xunta de Galicia, Galaxia, 2007.
Como citar: Abad de Larriva, Ana : Xohana Torres. Publicado o 15/5/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3928. Recuperado o 07/02/2025
DOCUMENTACIÓN DE
«Prólogo»
Elaborado por Xohana Torres para GÓMEZ, Lupe: O útero dos cabalos, Espiral Maior, 2005. p. 9-10
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«As navegacións oceánicas de Xosé Antón Avilés Vinagre»
Torres, Xohana: «As navegacións oceánicas de Xosé Antón Avilés Vinagre», A Trabe de Ouro, 54 (2003), 193-197.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
Eu tamén navegar
Discurso de ingreso de Xohana Torres na Real Academia Galega. Pronunciado en 2001 con resposta e Salvador García-Bodaño.
Fonte: Real Academia Galega
Discurso de Xohana Torres na súa recepción do Premio Celanova Casa dos Poetas (2002)
Transcrición do manuscrito remitido pola Fundación Curros Enríquez, realizada pola Comisión de Igualdade do CCG
Fonte: Fundación Curros Enríquez
Abano de Xohana Torres
Incluído en O libro dos abanos (palabras no aire), Libros da Frouma, 2002, p. 92-93
Fonte: Exemplar de Ana Romaní Blanco
Textos en Traballadoras
Xohana Torres é unha das colaboradoras coas que conta a publicación Traballadoras, editada pola Secretaría da Muller da CXTG-IN de Vigo para conmemorar o 8 de marzo de 1990.
Fonte: Arquivo CIG-Vigo
«Ao final de setembro»
Poema de Xohana Torres publicado en: Faro de Vigo (18-5-1981).
Fonte: arquivo de Faro de Vigo
«Nuestra primavera: Tojos»
Poema de Xohana Torres publicado en Faro de Vigo (24/04/1981)
Fonte: Faro de Vigo
[«A chuvia polas rúas…»]
Poema sen título de Xohana Torres publicado en Grial, n. 72 (1981), en Homenaxe a Álvaro Cunqueiro
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«A literatura infantil»
Artigo de Xohana Torres publicado en: Almanaque 1959-1975, Editorial Galaxia, 1974, p. 112-113
Fonte: exemplar de Ana Romaní
Escola de poemas «O tempo e a memoria», de Xohana Torres, publicada en Grial en 1972, que despois serían publicados no seu libro de poemas Estacións ao mar
Torres, Xohana: «O tempo e a memoria», Grial, 37 (xullo, agosto e setembro de 1972), 307-322.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca Grial
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial
Viaxe ao país do Teixido
1º Premio de Etnografía Federico Maciñeira da Deputación da Coruña 1972 (inédito).
Fonte: Arquivo Municipal da Deputación da Coruña
[«A Fundación Penzol cae no vintecatro da rúa Policarpo Sanz...»].
Texto sen título elaborado por Xohana Torres para o libro Homenaxe a Fermín Penzol, Galaxia, 1972, p. 96-97.
Fonte: exemplar da Fundación Penzol.
«Stanislawski e o teatro moderno»
Artigo de Xohana Torres publicado en: Grial, n 8, p. 231-235 (abril, maio, xuño 1965)
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Teatro - estudio. Cuarto de estar»
Artigo de Xohana Torres publicado en: El Ideal Gallego (12-7-1963)
Fonte: arquivo de Helena González
Introdución de Xohana Torres ao seu recital e poesía nova no Círculo Mercantil de Santiago de Compostela, o día 29 de marzo de 1957
«Apéndice 3». En FRANCO GRANDE, X.L.Os anos escuros. A resistencia cultural dunha xeración, Editorial Galaxia, 2004, p.387-389
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
DOCUMENTACIÓN SOBRE
VILLANUEVA, Malores: «Xohana Torres, a primeira de moitas»
Artigo publicado en La Voz de Galicia (24/07/2020)
Fonte. hemeroteca de La Voz de Galicia
Xohana Torres. Natureza de illa
Homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres. Edición coordinada por Marilar Aleixandre (2018)
Fonte: rag.gal
GONZÁLEZ TOSAR, Luís: «Segue a navegar»
Artigo publicado en: La Voz de Galicia (18/09/2017)
Fonte: hemeroteca de La Voz de Galicia
PORTO, Hector: «Morre Xohana Torres, voz imprescindible da poesía en galego contemporánea»
Artigo publicado en La Voz de Galicia (13/09/2017)
Fonte: Hemeroteca de La Voz de Galicia
A muller contra a marea: Xohana Torres pioneira da literatura infantil galega. Texto de Montse Pena Presas publicado o 24 de febreiro de 2010 polo Consello da Cultura Galega
Pena Presas, Montse: A muller contra a marea: Xohana Torres pioneira da literatura infantil galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 24 de febreiro de 2010.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
«El Consello da Cultura organiza un encuentro alrededor de la escritura de la poeta y académica Xohana Torres»»
Nova publicada en: La Voz de Galicia (23/09/2009)
Fonte: Hemeroteca de La Voz de Galicia
DOMÍNGUEZ Pérez, Mónica: «Polo mar van as sardiñas y sus traducciones»
Madrygal, nº11 (2008), p.25-33
Fonte: revistas.ucm.es/index.php/MADR
«O premio Celanova, a casa dos poetas». Artigo escrito por Antonio Piñeiro sobre o premio Celanova, no que aparece unha imaxe da entrega do galardón a Xohana Torres no ano 2002, así como unha táboa con todas as persoas premiadas dende o ano 1985, en que se creou.
Piñeiro, Antonio: «O premio Celanova, a casa dos poetas», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 28 (2008), 52-57.
Fonte: Dialnet
FOLGUEIRAS LÓPEZ, Mónica: «A presencia feminina na obra dramática de Xohana Torres»
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos, Ediciós do Castro, Helena González e María Xesús Lama (eds.), Ediciós do Castro / AIEG / Filoloxía Galega UB, 2007, p.109-116
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Adrián: «Xohana Torres: Penélope»
VVAA, Cien años de poesía. 53 poemas en catalán, gallego y vasco: estructuras poéticas, pautas críticas , Peter Lang, 2007, p. 327-334
Fonte: Exemplar da Biblioteca do CCG
PONTE FAR, Xosé: «A singular voz de Xohana Torres»
Publicado en: La Voz de Galicia, sección ‘La voz de la escuela’, p. 4 (19-10-2005)
Fonte: Hemeroteca de La Voz de Galicia
PÉREZ DURÁN, Gabriel: «A perpetuidade do xogo da ourela. Unha achega ao teatro de Xohana Torres»
Anuario de Estudios Literarios Galegos, (2005), p. 102-119.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
LOURIDO HERMIDA, Isaac: «Xohana Torres. Adiós María»
Lletra de Dona in Centre Dona i Literatura, Barcelona, Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona, 2005.
Fonte: ub.edu/cdona/lletradedona/adios-maria
GONZÁLEZ DELGADO, Ramiro: «Penélope se hace a la mar. La remitificación de una heroína»
Estudios clásicos, Tomo 47, n. 128 (2005) , p. 7-22.
Fonte: Dialnet
SEARA, Teresa: «Penélope no novelo»
Artigo publicado en Tempos novos, n. 98, xullo 2005, p. 72
Fonte: aelg.gal
«Versos para navegar»
Sobre a edición da poesía completa de Xohana Torres realizada polo Pen Clube na colección Arte de trobar
Fonte: Hemeroteca de La Voz de Galicia
«El rododentro Xohana Torres»
Nova sobre o acto homenaxe a Xohana Torres organizado pola Editorial Galaxia, La Voz de Galicia (20-3-2004)
Fonte: Hemeroteca de La Voz de Galicia
BLANCO, Carmen: «Morrer no mar de mulleres desecado. Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres»
En Galicia & Terranova & Labrador: comparative studies on economic, political and socio-cultural processes. Proceedings of the International Congress, Santiago de Compostela, october, 28-31, 2002, Compostela, 2006, p. 181-192
Fonte: exemplar da Biblioteca de Galicia
BERMÚDEZ, Teresa: «Adios María no seu tempo. Caracterización»
BERMÚDEZ, Teresa: Unha lectura de Adios María de Xohana Torres, Edicións Xerais de Galicia, 2002, p. 24-29
Fonte: exemplar de Ana Romaní Blanco
TORREGOSA, José: «Apuntes para la historia ‘Teatro estudio’ de Ferrol»
Ferrol Análisis, n.º 16 (2001), p. 34-49.
Fonte: exemplar de Helena González
«Apuntes para la historia.
Teatro-Estudiode Ferrol». Artigo de José Torregosa sobre o grupo, publicado na revista Ferrol AnálisisTorregosa , José: «Apuntes para la historia.
Fonte: Ferrol AnálisisTeatro-Estudiode Ferrol», Ferrol Análisis, 16 (2001), 34-49.
GONZÁLEZ, Helena; BERMÚDEZ, Teresa: «Xohana Torres»
«Revista das letras», suplemento de O Correo Galego, n.º 334 (6-10-2000).
Fonte: arquivo de Helena González
BERMÚDEZ, Silvia: «Sen ansiedade da influencia?: Rosalía de Castro, Harold Bloom e as poetas galegas de século XX»
Anuario de Estudios literarios galegos, (2000), p. 135-157.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
Análise da novela Adiós María de Xohana Torres no Dicionario da Literatura Galega
«Adiós María. Torres, Xohana». En Vilavedra, Dolores >(coord.): Diccionario da Literatura Galega. III: Obras. Vigo: Galaxia, 2000; 14-16.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca
SANJURJO FERNÁNDEZ, M.ª Victoria: «Tres poetas gallegas de posguerra: Pura Vázquez, Luz Pozo, Xohana Torres»,
Actas XII Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas, The University of Birmingham/Doelphin Books, 1998, p. 243-249.
Fonte: cervantesvirtual.com
BLANCO, Carmen: «De Rosalía de Castro a Olga Novo. Cuerpos, mentes, bellas y bestias»
Belleza escrita en femenino. Centre Dona i Literatura, 1998
Fonte: Centre Dona i Literatura
Entrada biobibliográfica de Xohana Torres no Dicionario da Literatura Galega
«Torres, Xohana». En Vilavedra, Dolores >(coord.): Diccionario da Literatura Galega. I: Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 577-579.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca
Santiago X.A.N.C.: «Atilde presenta por primera vez una obra de teatro de Xohana Torres»
Artigo publicado en La Voz de Galicia (12/06/1994)
Fonte: La Voz de Galicia
MÉNDEZ FERRÍN, X. L.: «Xohana Torres»
Méndez Ferrín, X. L.: De Pondal a Novoneyra: poesía galega posterior á guerra civil, Xerais, 1984, p.282-285.
Fonte: exemplar de Helena González
PABLOS, Francisco: «Xohana Torres, último premio nacional de la crítica»
Faro de Vigo (24-4-1981)
Fonte: arquivo de Faro de Vigo
CARBALLO CALERO, Ricardo: Lapelas de Adiós, María,Edicións Castrelos & Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1976
Fonte: exemplar da Fundación Penzol
COSTA CLAVEL, Xavier: «Libros gallegos. Adios María»
La Vanguardia, (29-12-1972) p.50.
Fonte: lavanguardia.es/hemeroteca
Mercedes Brea analiza, na revista Grial, a novela Adiós, María de Xohana Torres
Brea López, Mercedes: «Adiós, María, de Xohana Torres. Estrutura e persoaxes», Grial, 37 (xullo, agosto e setembro de 1972), 344-352.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca Grial
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial
Neste artigo, Victoria Armesto relata unha viaxe a Ferrol con Isabel Martínez-Barbeito para visitar a Xohana Torres
Armesto, Victoria: «O espello na man: Xohana Torres», La Voz de Galicia, (14 de maio de 1972)
Fonte: Hemeroteca de La Voz de Galicia
«Xohana Torres, por Luís Seoane»
BRAXE, Lino; SEOANE, Xavier (ed.): Luís Seoane. Figuraciós, O Castro Sada, Deputación de A Coruña, 1990
Fonte: Biblioteca do CCG
FERNÁNDEZ FERREIRO, José: «Novela galardoada co premio Galicia»
La Vanguardia, (25-10-1970)
Fonte: lavanguardia.es/hemeroteca
DÍAZ, Juan Ramón: «Xoana Torres, premio ‘Castelao’ de teatro»
La Voz de Galicia (21-5-1967)
Fonte: arquivo de La Voz de Galicia
«El Premio ‘Castelao’ de teatro a Xohana Torres»
Faro de Vigo, (19-5-1967)
Fonte: arquivo do Faro de Vigo.
«Xohana Torres ganadora del `Premio Castelao´ de Teatro»
La Noche, (19-5-1967)
Fonte: arquivo do Grupo Correo
«Aturuxo, la revista poética de Galicia. Su significación dentro de la literatura española». Artigo asinado por Mezquita no xornal La Noche, arredor desta publicación na que colaborou Xohana Torres
Mezquita: «Aturuxo, la revista poética de Galicia. Su significación dentro de la literatura española», La Noche, (4 de decembro de 1958), 4.
Fonte: Galiciana. Hemeroteca Dixital de Galicia.
«Conversa con Xohana Torres»
Entrevista realizada por Lorenzana Salvador [pseudónimo de Francisco Fernández del Riego].
Fonte: Galicia Emigrante, nº 36, p.11-12 (setembro/outubro 1958)
«Los poetas: Juana Torres»
Vida Gallega, nº35 (1958), p.68
Fonte: Museo de Pontevedra
HORTAS VILANOVA, M.: «Do sulco de Xohana Torres»
Vida Gallega, nº731, (1958), p.62
Fonte: Museo de Pontevedra
Foto de Xohana Torres publicada no ano 1958 no xornal La Noche
Fonte: Galiciana. Hemeroteca Dixital de Galicia.
Prólogo de Ricardo Carballo Calero á primeira edición do poemario Do sulco, de Xohana Torres
Carballo Calero, Rocardo: «Prólogo». En Torres, Xohana: Do sulco. Vigo: Galaxia, 1957; 9-11. (Illa Nova; 2)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca
Primer certamen poético de primavera
Fragmento da acta do primeiro certame poético de primavera, publicado en La Hoja del Lunes (23-4-1956)
Fonte: hemeroteca da USC
Especial Xohana Torres,
Festa da palabra silenciada, n. 4, (febreiro 1987)
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
POZO GARZA, Luz: Intervención laudatoria
Pronunciada no día da entrega do Premio Casa dos Poetas 2002 a Xohana Torres
Fonte: Arquivo da Fundación Curros Enríquez
Dossier da montaxe da peza Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres, polo Centro Dramático Galego
Fonte: CDG
Programa de man da montaxe da peza Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres, polo Centro Dramático Galego
Fonte: CDG
Ligazóns de interese
«Engaiolarte recupera o teatro de Xohana Torres», artigo de Roi Vidal na edición dixital da Erregueté, Revista Galega de Teatro, ( 1 de marzo de 2021)
Fonte: Edición dixital da Erregueté, Revista Galega de Teatro.
https://erreguete.gal
O fío de Penélope. O novelo de Xohana Torres
Helena González fai unha achega a Xohana Torres e os seus vínculos e relacións no portal do CCG
[última consulta: 13/01/2023]
Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas
Discurso de ingreso na RAG pronunciado por Ana Romaní no mes de abril de 2019.
[última consulta: 03/01/2023]
«Xohana Torres e o berce inmovente». Artigo publicado polo crítico literario Armando Requeixo sobre a edición do libro co ensaio Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos, de Xohana Torres; publicado nos xornais El Ideal Gallego e Diario de Ferrol o 29 de abril de 2018, e recollido no seu blog Criticalia.
Fonte: Criticalia
https://armandorequeixo.wordpress.com
ROZADOS, Larisa: A performatividade como estratexia de resistencia en catro poetas galegas, tese de doutoramento, USC, 2018
A autora fala do diálogo intertextual co "Penélope", de Xohana Torres, nos poemarios de Andrea Nunes, Todas as mulleres que fun e María Rosendo Nómade
[última consulta: 05/01/2023]
«Aberta a Casa das Mulleres
Fonte: Concello da Santiago de Compostela.Xohana Torres, un espazo de encontro e empoderamento feminista». Nova publicada o 9 do novembro de 2017 polo Concello de Santiago de Compostela na súa páxina web arredor da inauguración da Casa das Mulleres Xohana Torres
http://santiagodecompostela.gal
RAG. Homenaxe a Xohana Torres no día da poesía
[última consulta: 30/12/2022]
Cartografía de Xohana Torres realizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega. CDIF.
https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=3928
Xohana Torres. O Plan LIX. culturagalega.org
[última consulta: 30/12/2022]
Aurora Marco fai unha lectura do poema de Xohana Torres «Avoa Lola»
Fonte: Centro de documentación da AELG.
Marcelino L. Fernández Mallo fai unha Lectura dun treito de Adiós María
Fonte: Centro de documentación da AELG
Xosé Leira López fai unha lectura dun poema de Estacións ao mar
Fonte: AELG
Xohana Torres en galeg@os.com
[última consulta: 28/11/2022]
Xohana Torres na wikipedia
[última consulta: 28/11/2022]
Xohana Torres en Galicia Digital
[última consulta: 28/11/2022]
Xohana Torres na Biblioteca Virtual Galega
[última consulta: 28/11/2022]
Xohana Torres na RAG
[última consulta: 05/02/2023]
Créditos da biobibliografia do “cartografías” do Álbum de mulleres
COORDINACIÓNComisión de Igualdade do CCG
DOCUMENTACIÓN
Elena González
Ana Romaní Blanco
Mariam Mariño Costales
Cristina Pujales
Eliseo Fernández Arias
TEXTOS
Elena González
Ana Romaní Blanco
Mariam Mariño Costales
DESEÑO
Miguel Alonso Fachado
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
Mario Regueira Fernández
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai
TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
Agradecementos da biobibliografia do “cartografías” do Álbum de mulleres
A elaboración da Cartografía de Xohana Torres contou coa colaboración das seguintes persoas e entidades:PERSOAS
Rosa Cal
Mercedes Carbajales Iglesias
María Dolores Cabrera
Rodolfo López
Mar López Carreiras
Gerardo González Martín
Hortensia Landeira
Laura Landeira
Xosé Luís Méndez Ferrín
Manuel Míllara
Pilar Millor
Henrique Neira
Gloria Novo Moreira
Antonio Piñeiro Feijoo
Montse Pena
Gabriel Pérez Durán
Carmen Pérez Pais
Fernando Ramos
Laura Tato
Araceli Vázquez
Victor Vez
INSTITUCIÓNS
Arquivo da Emigración Galega
Arquivo Municipal de Ferrol
Arquivo Sonoro de Galicia
Biblioteca do Instituto Concepción Arenal (Ferrol)
Biblioteca Municipal de Ferrol
Centre Dona i Literatura
Concellaría de Benestar Social e Muller do Concello de Santiago de Compostela
Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
Concello de Ferrol
Concello de Santiago de Compostela
Concello de Vigo
Deputación de A Coruña
Fundación Curros Enriquez, Sede da Casa dos Poetas
Fundación Penzol
Fundación Rosalía de Castro
Museo de Pontevedra
Real Academia Galega
COLECTIVOS
Asociación Cultural O Galo
Asociación de la Prensa de Vigo
Asociación de Mulleres Diálogos 90 (María Teresa Vázquez, presidenta)
Club de Prensa de Ferrol
PEN Clube
XORNAIS E REVISTAS
O Correo Galego
El Correo Gallego
Faro de Vigo
Ferrol Análisis
Festa da Palabra Silenciada
El Ideal Gallego
A trabe de ouro
La Vanguardia
La Voz de Galicia
EDITORIAIS
Editorial Galaxia
Sotelo Blanco Edicións
Videos
O fío de Penélope (1/11) [2020]: H. González explora o universo de X. Torres no CCG [2009]
Helena González, Directora do ADHUC- Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat da Universitat de Barcelona, foi a coordinadora, xunto con Ana Romaní da xornada inaugural do ciclo Xohana Torres, a dona dos mapas, realizada en 2009. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a obra da escritora como foron o mar, o son do río, a radio, o feminismo, as lecturas da biblioteca da militante comunista Hortensia Landeira ou a vida no rural.
Guadi Galego canta a Xohana Torres–«Penélope»
Fonte: Real Academia Galega / YouTube.com
Vídeo homenaxe a Xohana Torres no Premio Illa Nova 2018
Fonte: Editorial Galaxia / YouTube.com
Homenaxe a Xohana Torres
Fonte: CVCV Audiovisuais Valladares / YouTube.com
Xohana Torres
Relatorio de Andrés Vidal Pailos
Fonte: Andrés Vidal Pailos / YouTube.com
Galegas nas letras. Xohana Torres
Vídeo documental sobre Xohana Torres, elaborado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Fontexería (Muros), con participación do seu alumnado
Fonte: Biblioteca IES Fontexería / YouTube.com
Día das Rosalías. Xohana Torres
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac
Fonte: Xavedes / YouTube.com
Vídeo de Guadi Galego interpretando a súa composición musical a partir do poema «Nai», de Xohana Torres, acompañada de Guillerme Fernández, na homenaxe que lle rendeu a RAG, postumamente, á escritora e académica o 21 de marzo de 2018, cadrando co Día Mundial da Poesía
Fonte: Real Academia Galega / YouTube.com
Teaser da montaxe feita polo Centro Dramático Galego d’Un hotel de primeira sobre o río, a partir do texto de Xohana Torres, no ano 2023, con dirección e dramaturxia de María Torres e Gonçalo Guerreiro
Fonte: Centro Dramático Galego / YouTube.com
Vídeo que recolle a lectura feita por Xabier Paz no ano 2009 do poema «Amor, as voces libres que asumen a maré», de Xohana Torres, publicado en Tempo de ría
Fonte: AELG / YouTube.com
Lectura feita por Kathleen March no ano 2009 do poema «Rosalía», de Xohana Torres, publicado en Do sulco.
Fonte: AELG / YouTube.com
Vídeo que recolle unha presentación e lectura do poema de Xohana Torres «Avoa Lola», publicado en Tempo de ría, feita por Aurora Marco no ano 2008
Fonte: AELG / YouTube.com
Audios
Penélope
Ninguén está perdida
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 48: Xohana Torres Presentación
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 49: Xohana Torres Canto á cidade de ourense
Damas, cabaleiros e cortesía na corte do rei
Ti es para min isa Barca…
Quechemarín da Verde bandeira
Ven e verás como soña na mar
Meu amigo tiña un medo
O cabaleiro da pruma na gorra
Retorno de Ulises
Alma, coma no concerto de Vivaldi
Fragmento de A selva de Esmelle
Entrevista radiofónica a Xohana Torres
Xohana Torres recita:
- Penélope
- Podo dicir o Avia es ti
- Lisboa a descuberta, proa ao mar
- Sibila en Ribadavia
- O mar o mar, os signos estelares
Conferencia sobre Xohana Torres impartida por Xosé Luís Méndez Ferrín na que se recoñece a influencia de Hortensia Landeira Pontijas e da súa biblioteca na formación da poeta (Ferrol, década de noventa de século XX)
Referencias bibliográficas
- BERMÚDEZ, Teresa: Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres, Vigo Xerais, 2002
- BLANCO, Carmen: “Morrer no mar de mulleres desecado. Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres” en Galicia & Terranova & Labrador: Comparative studies on economic, political and socio-cultural processes, Xaquín S. Rodríguez Campos e Xosé M. Santos Solla (eds.), p. 181-191, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicació
- DOMÍNGUEZ Pérez, Mónica: “Polo mar van as sardiñas y sus traducciones”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, nº 11, p. 25-33, 2008.
- Novo, Olga: “A voz interna, conmovida, última: análise temática da obra de Xohana Torres”. Unión Libre, nº 1, p. 131-147, 1996
- Pérez Durán, Gabriel: “A perpetuidade do xogo da ourela. Unha achega ao teatro de Xohana Torres”, Anuario de Estudos Literarios Galegos, p. 102-119, 2005
- Rodríguez, Luciano. “As mareas poéticas de Xohana Torres”, en Xohana Torres, Poesía reunida (1957-2001), p. 7-53, PEN Clube de Galicia/ Danú, Santiago de Compostela, 2004
- VV.AA.: Festa da Palabra Silenciada. Especial Xohana Torres, nº 4, p. 3-48, 1987
Publicacións periódicas
Eufonía (1958-) .
Pubricación periódica de circulación intercontinental antre os galegos
Artigos Xohana Torres
TORRES, X. (5/1983) [Illas-Paradiso, os dones terrenais]. Festa da palabra silenciada. (00), 20.
Ver poesía
TORRES, X. (2/1987) Penélope. Festa da palabra silenciada. (04), 28.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) [Vila, crepúsculo polas últimas pontes]. Festa da palabra silenciada. (04), 28.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) As cousas que non son e que parecen. Festa da palabra silenciada. (04), 29.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) Alas e ondas rendidas e nacendo. Festa da palabra silenciada. (04), 29.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) O vrán. Festa da palabra silenciada. (04), 31.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) A catedral. Festa da palabra silenciada. (04), 31.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) Fragmento de: A outra banda do Iberr. Festa da palabra silenciada. (04), 32 .
Ver teatro Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) Fragmento de: Un hotel de primeira sobre o río. Festa da palabra silenciada. (04), 33 .
Ver teatro Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) Fragmento de: Adiós María. Festa da palabra silenciada. (04), 35 .
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2/1987) [Nunca esquecería, nunca]. Festa da palabra silenciada. (04), 39 .
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (12/1988) Fragmento de: Pericles e a balea. Festa da palabra silenciada. (05), 63.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (12/1991) [O mar, o mar, os signos estelares, a dilatada noite]. Festa da palabra silenciada. (08), 72.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2001) Illas-paradiso, os dones terrenais. Festa da palabra silenciada. (16), 75.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2001) Penélope. Festa da palabra silenciada. (16), 76.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2001) [Vila, crepúsculo polas últimas pontes]. Festa da palabra silenciada. (16), 76.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2001) As cousas que non son e que parecen. Festa da palabra silenciada. (16), 77.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
TORRES, X. (2001) Alas e ondas rendidas e nacendo. Festa da palabra silenciada. (16), 77.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Libros do ccg sobre Xohana Torres
Poetas e narradores nas súas voces. Vol. II.
2006 | Manuel Álvarez Torneiro, Autoría.
Carlos Casares.
2003 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación. Henrique Monteagudo, Coordinación.
A semente aquecida da palabra