Presentamos aquí os vinte números de Exeria. Revista da Asociación Mulleres Cristiás Galegas, publicados entre 2004 e 2016, vinculada ao movementos católicos de base, feministas e galeguistas. O seu antecedente é o Boletín Mulleres Cristiás Galegas . Ten como obxectivo informar, debater e difundir as cuestións de interese e as actividade da asociación e da súa rede de relacións nos movementos de teoloxía feminista: European Society of Women in Theological Research, Asociación de Teólogas Españolas, Col·lectiu de Dones en l'Església, redescristianas.net, entre outras. Ofrece un atento seguimento da participación de Exeria na Marcha Mundial das Mulleres.
Subtítulo:
Revista da Asociación Mulleres Cristiás Galegas
Lugar:
Santiago de Compostela
Data de inicio:
12/2004
Data de fin:
2016
Comezo-cese:
N.º 1 (decembro 2004) – n.º 20 (2016)
Periodicidade:
Irregular: trimestral ata o n.º 9 (decembro 2006); cuadrimestral ata o n.º 13 (marzo 2008); anual a partir do n.º 14 (2009).
Formato:
21,02 cm ancho x 29,07 cm alto
Extensión:
Entre 20 e 56 páxinas
Prezo:
Subscripción ordinaria: 6€; de apoio: 10€
Lugares de distribución:
Descoñecido
Financiamento:
Subscrición e venda.
Contido:
Publicación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria, ilustrada, editada en Santiago de Compostela. A colección, con periodicidade irregular, comprende un total de vinte números publicados entre 2004 e 2016. Impresa inicialmente en branco e negro, as portadas e contraportadas mudan segundo a cor do papel; a partir do n.º 14 a portada e contraportada van a cores e a partir do n.º 15 tamén o interior. Xorde como canle de información e difusión das actividades da asociación e a súa a rede de relacións con grupos relixiosos, sociais e feministas, particularmente a Marcha Mundial das Mulleres.
O groso da revista organízase en seccións que recollen os debates e a crónica de actividades, por iso adoitan levar o seu nome ("Asemblea de Outono", "8 de marzo", "Manta de solidariedade", "Mulleres ordenadas", "Feminismo hoxe", entre outras). Inclúe, ademais, un apartado de breves, "De aquí e acolá" e unha listaxe de mulleres asasinadas a causa do feminicidio elaborada por separadasydivorciadas.org. A partir do n.º 14 a revista dá un xiro: ten nova feitura, muda as colaboradoras e vai engadindo seccións como “Reportaxe”, “Exeriando”, “Entrevista” ou “Sinatura convidada”. En todos os números aparecen seccións de memoria das mulleres ("Mulleres na historia" e "A nosa memoria") e de crítica de libros, música e cinema. A contraportada adoita anunciar as vindeiras actividades da asociación. Todos os números contan con colaboradoras externas. A mesa de redacción está formada por Beatriz Estévez Lorenzo, Maite Pérez Vázquez e Marisa Vidal Collazo e, a partir do n.º 8, Engracia Vidal Estévez. Tamén a partir do n.º 8 aparece como responsable da corrección Maite Pérez Vázquez.
Obsérvanse problemas na numeración. Aparecen dous n.º 8 (setembro de 2006): o primeiro deles repite, por erro, o editorial do n. 7, e o editorial do segundo presenta correctamente os contidos do n. 9 (decembro de 2006).
Ilustracións:
Contén abundantes imaxes das actividades realizadas por Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Destaca tamén a reprodución de obra pictórica de artistas plásticas galegas.
Publicidade:
Libraría Lila de Lilith no número 16
Números consultados:
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20
Referencias bibliográficas:
Mulleres Cristiás Galegas Exeria: Donas da nosa memoria. Concellería da Muller do Concello de Santiago de Compostela, 2007
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: n.º 1 a n.º 20
Créditos
UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Andrea Vázquez-Palacios
Marisa Vidal Collazo
Web
Miguel Alonso Fachado
Asesoramento
Jose Lens (imaxes)
Susana Guitar (arquivismo e documentación)
Agradecementos
Mulleres Cristiás Galegas Exeria