Roberto Vidal Bolaño
Santiago de Compostela (A Coruña), 31/ 7/1950 - Santiago de Compostela (A Coruña), 11/9/2002Autoría: Xosé Manuel Fernández Castro
Das vidas do creador teatral
Aínda que Roberto Vidal Bolaño (RVB) só cumpriu 52 anos, unha fecunda e polifacética actividade concedeulle moitas vidas. Coñecidas son as de dramaturgo, director de escena ou primeiro actor. Calquera delas teríao inscrito na Historia. Mais tamén conduciu compañías afeccionadas e profesionais como promotor e empresario. Ignórase máis a dimensión de iluminador para espectáculos propios e alleos, e a de escenógrafo, onde asinou con pseudónimo para evitar a reiteración do seu nome. Poucos lembran os seus inicios no xornalismo, ao que chegou para entrar de balde nos espectáculos, con recensións e entrevistas antes de colaborar con fundamentadas críticas teatrais en El Ideal Gallego. Publicará achegas de interese como estudoso do teatro, cunha ollada informada, perspicaz e reveladora das contradicións do pensamento dominante.
Participou ao longo dos anos no artellamento do movemento teatral independente. Ocupou espazos como voceiro que denunciaba os excesos dos poderosos e dos seus serviciais colaboradores; ata tal punto alzou a voz que sufriu ostracismo no mesmo CDG que axudara a crear,
exiliándoseno audiovisual como dobrador, director de sala, director artístico dun grupo de estudios de sonorización, creador de vídeos promocionais, escritor de guións adaptados, creador de proxectos, director de dramáticos ou actor de cine e televisión.
Desenvolveu unha rica vida persoal. Casado dúas veces, tivo un fillo e unha filla e trasnoitou unha mocidade bohemia. Foi neno acomodado en academias privadas, ata unha bancarrota familiar que o rebaixou a unha escola para aprendices e empezou a traballar case neno de recadeiro en diversas empresas. O mozo de quintas de Melilla converterase nun intelectual que asina manifestos en defensa das liberdades e dos dereitos civís.
A biografía de RVB trénzana variadísimos roles que se mesturan e se suceden, tamén por tantos personaxes como encarnou, desde Laudamuco, ata Tuiavii de Tiavea, pasando por Charli Ramos ou os dobres de si do Caprice des dieux ou de Sen ir máis lonxe. Na mente de escritor e desde a cadeira de dirección personificou unha chea de formas de estar no mundo. Viviu ducias de vidas en pouco máis de medio século porque o seu espírito foi paixón arroutada sen tregua. Mesmo, tras o pasamento, continuou encarnado na compañía que o sobreviviu, nos incómodos inéditos, nos premios póstumos que referendaban a súa análise crítica e na inspiración do compromiso en circunstancias en que foi exemplo e símbolo como o
Nunca máis, o
Non á guerraou o Día das Letras Galegas de 2013.
Vida
O 31 de xullo de 1950 Roberto Vidal Ríos recibe a nova de que Carmen Bolaño Sánchez deu a luz o seu primeiro fillo no sanatorio do doutor Baltar e... estoupan os foguetes de fin das Festas do Apóstolo. O flamante pai ri; pertence a unha dinastía de médicos: o seu pai, Aurelio, fora delegado de Medicina de Compostela; o tío Ovidio, o da orla de Castelao; o seu irmán, tamén Ovidio, recoñecido médico militar, o derradeiro con grao de xeneral que nomearía Franco. Mais el practicaba tiro, traballaba na armería Ríos e casara fóra de portas en Vista Alegre, fronte a praciña que hoxe homenaxea a Saxo tenor. Nese ambiente de barrio obreiro e de aluvión, inzado de lavandeiras que traballaban para os señoritos do centro ou se encaraban co gobernador civil, medra RVB. Coa cuadrilla atravesa leiras para subir á améndoa e estuda en boas academias ou mesturase nas festas entre cabezudos, mómaros e hostias xigantes rodando na Quintana. Aos oito anos viralle unha irmá, Carmen.
Por problemas económicos ha de ir á Inmaculada, La Salle
de abaixo, para formarse como aprendiz de escribente e incorporarse ao mercado laboral moi neno. O Concilio Vaticano II tiña un firme defensor no capelán da Inmaculada, o sociólogo Juan José Cebrián. No marco das xuventudes obreiras de Acción Católica formará os rapaces en dinámicas de grupos, na teoloxía da liberación, axudará a que se manteñan as actividades escénicas escolares e poñerá a Roberto a escribir en ton reivindicativo no boletín Fátima do Castiñeiriño, co cura galeguista Vilasó. RVB sobe a La Salle
de arribaque acolle proxeccións e cinefórum, énchese de ver películas, mais tamén escribirá, dirixirá e interpretará a súa primeira obra, O xogadeiro, no Día do Aprendiz, que propón a solidariedade como arma de clase no colexio das monxas de Placeres. Desbota o teatro tras o fracaso, mais non o cine; soña coa escola de cinematografía de Madrid, polo que concilia traballo e bacharelato elemental, por nocturno, titulación que se esixía para o acceso.
Ofrécese en El Ideal Gallego por un pase de prensa para entrar gratis nos espectáculos. Terá que formarse para fundamentar as súas entregas. RVB xa non pasa inadvertido, Euloxio R. Ruibal diríxese ao xornal e fíchao no Equipo Lupa á altura de Holocausto. Para prepararen intérpretes, crean o grupo de teatro Obradoiro. Coñece a Xaquín García Marcos. Euloxio adapta un clásico francés que estudan montar. Mais RVB terá que ir á mili a África e as súas actividades artísticas reléganse dous anos.
Á volta de Melilla, Lupa disolvérase. Roberto e Xaquín montan outro grupo, Teatro Antroido, e convocan intérpretes para un proxecto colectivo que parte da improvisación. Incorporarase Laura Ponte que rematará sendo a súa esposa. Logran estrear Amor e crimes de
Juan el Pantera. Mais a censura dificulta novos proxectos e Roberto debe asumir o papel de director n'As falcatrúas do Marqués Patacón, proxecto de Obradoiro retomado, e dá o paso á escrita co Laudamuco, señor de Ningures que obterá o premio Abrente.
Por sorpresa pechan a escola de cine e Roberto entrégase ao teatro. Xaquín e Marisa Soto abandonan o grupo por discrepancias artísticas á altura das Ledaíñas pola morte do Meco de RVB. Logo escribirá sobre a desintegración do medio rural Memoria de mortos e de ausentes. A explotación é un desastre e concibe Xaxara (...) que irá moi ben aínda que a considera un bodrio panfletario. Por fin, sae do prelo un libro coas súas dúas primeiras pezas dramáticas.
Durante unha baixa laboral actúa en Vigo e o Banco de Crédito Comercial aproveita para despedilo. A estratexia sindical denuncia que van contra o teatro, pero o director da sucursal era irmán de Xaquín e os amigos distáncianse. Roberto, Laura e Rodrigo Roel deciden profesionalizarse co nome da compañía, á que se incorpora Eduardo Alonso. Darán a primeira función do teatro profesional galego na véspera do XV Día da Letras Galegas no salón de actos do colexio La Salle de Santiago. Os restantes membros de Antroido pasan a conformar o Obradoiro de Aprendizaxe Teatral que rematará incorporándose á Aula de Teatro da USC.
Antroido entra nunha cooperativa, Teatro do Estaribel, con Troula. De Antroido disgrégase o círculo de Eduardo Alonso, mais seguen no Estaribel. Teñen plans moi ambiciosos, pero Troula non tarda en abandonar o proxecto. Pouco despois Antroido será expulsado por teimar nun proxecto que compromete o bo nome da cooperativa. Será un momento difícil para ir en solitario; Laura non tardará en ter que gardar repouso polo embarazo do seu fillo Roi. Así que cultivarán espectáculos mínimos, mesmo de monicreques. En 1984 preparaban unha peza de pequeno formato sobre Rosalía, cando se funda o CDG, que ofrece a Roberto escribir e dirixir. Redirecciona o proxecto cara a unha superprodución, Agasallo de sombras. Mais a Consellería non dá autonomía orzamentaria ao CDG e Roberto criticará na prensa a Portomeñe, que decide non asinar contratos co díscolo teatreiro. Os máis dos profesionais evitan implicarse e RVB queda na rúa. Improvisa un especáculo de denuncia co que salva o ano, pero fecha as portas institucionais e o pouco que gaña non lle dá para vivir.
Fina o pai coa inauguración da TVG e el refúxiase na industria auxiliar facendo dobraxe e toda clase de creacións audiovisuais. Nesa crise tamén rompen o matrimonio Laura e el. Chamarano a algúns traballos teatrais puntuais acompasados coas oscilacións no poder da Xunta. Coñece a Belén Quitáns, con quen emprende un novo proxecto tanto de parella como artístico, Teatro do Aquí, aproveitando premios que facilitan enfrontar ambiciosas producións como Saxo tenor, Doentes ou Días sen gloria. Nace Carme, a súa filla. Sufrirá de novo represalias co'As actas escuras, que tardará en publicarse e só se estreará de forma póstuma. As dificultades móveno a redeseñar a compañía con obras de menor formato ou contando con intérpretes que empezan (A ópera de a patacón, Touporroutou, Oé, oé, oé, Anxeliños, Rastros, Criaturas...). Con todo tamén se atreverá c'O desengano do Prioiro, demostrando a viabilidade escénica de Otero Pedrayo.
Ao pé do cambio do milenio Manuel Guede recupérao no CDG para proxectos ambiciosos que tenden pontes con Portugal como A burla do galo ou Mar revolto. Guede cre na capacidade dramatúrxica do autor para posibilitar obras
imposiblescomo Xelmírez ou a gloria de Compostela de Cortezón ou Rosalía de Otero Pedrayo. Durante esta montaxe agrávase o cancro de pulmón que rematará coa súa vida no primeiro cabodano do ataque ás Torres Xemelgas. Mais nin iso impediu que continuase con novos proxectos da súa compañía como Os papalagui ou Animaliños ou que entregase Integral que publicará postumamente.
O 9 de setembro de 2002 ingresará no Clínico de Santiago tras dous anos doente. Ás cinco da madrugada do 11 de setembro falece. O escenario do Salón Teatro de Compostela servirá de capela ardente visitada por innumerables persoas dos seus círculos de amizades e profesionais, mais tamén intelectuais e políticos destacados. Sobre a caixa repousaban o seu chapeu e o nariz de pallaso. Na tarde do xoves 12 terá lugar o seu concurridísimo enterro en Boisaca. Toma a palabra Manuel Lourenzo quen subliña o carácter apaixonado da vida de Roberto e remata pedindo
Non choredes. Recollei a tea. Espallai o lume. Cubriuse a caixa coa bandeira galega e foi despedido cun sentido e longo aplauso.
Páxina web de referencia
Asociación Roberto Vidal Bolaño
Espazo de Roberto Vidal Bolaño en Facebook
Bibliografía
Vidal Bolaño, Roberto (2013):Obras completas. Dirección e coordinación de Xosé Manuel Fernández Castro. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. Tomo I: Integral, Animaliños, Anxeliños!, Criaturas, Rastros, Saxo Tenor; Tomo II: Mar revolto, A burla do galo, Doentes, As actas escuras, Días sen gloria, Agasallo de sombras; Tomo III: Sen ir máis lonxe, Caprice des dieux, Cochos, Bailadela da morte ditosa, Memoria de mortos e de ausentes, Laudamuco, señor de ningures; Tomo IV: Ladaíñas pola morte do Meco, Ruada das papas e o unto, Antroido na rúa, Touporroutou da Lúa e do Sol, Xaxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón, Romance dos figos de ouro.
Fernández Castro, Xosé Manuel (2011): A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Bertamiráns: Edicións Laiovento.
Como citar: Fernández Castro, Xosé Manuel : Roberto Vidal Bolaño. Publicado o 23/7/2025 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4125. Recuperado o 15/02/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Libro editado por Xosé Luís Cochón e Lorena Domínguez que recolle os escritos de Vidal Bolaño sobre o teatro. Ver Documento. Libro
Vidal Bolaño, Roberto:Escritos sobre teatro: posicións e teoría. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2013. (Cadernos Ramón Piñeiro; 25).
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP).
https://www.cirp.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Manuel Quintáns reflexiona, nesta obra, sobre a achega de Roberto Vidal Bolaño a unha poética teatral xenuinamente galega capaz de dar resposta a un teatro novo, galego e universal. Ver Documento. Libro
Quintáns Suárez, Manuel:Roberto Vidal Bolaño: unha poética teatral xenuinamente galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia,Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades 2019.
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP).
https://www.cirp.gal
C.-C. Biscainho-Fernandes estuda a multifacetada personalidade teatral de Roberto Vidal Bolaño, sobre todo o seu papel na construción do teatro galego tal e como hoxe o entendemos hoxe. Ver Documento. Artigo
Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano: «Roberto Vidal Bolaño na emerxencia e consolidación do teatro galego contemporáneo. Percurso en dez paraxes», Boletín da Real Academia Galega, 374 (2015), 13-39.
Fonte: Real Academia Galega / Universidade da Coruña.
/https://illa.udc.gal
Artigo de Dolores Vilavedra na revista Grial sobre Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado nas Letras Galegas de 2013. Ver Documento. Artigo
Vilavedra, Dolores: «Grial: revista galega de cultura», Título, 197 (xaneiro-marzo de 2013), 8-9.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca Grial.
https://editorialgalaxia.gal
Número monográfico do Boletín da Real Academia Galega dedicado a Roberto Vidal Bolaño, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013. Ver Documento. Boletín
«Roberto Vidal Bolaño», Boletín da Real Academia Galega, 374 (2013)
Fonte: Real Academia Galega / Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
Recompilación de prensa da produción do Centro Dramático Galego As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño. 2010. Ver Documento. Dossier
Fonte: Xunta de Galicia. AGADIC
http://cultura.xunta.es
Estudo sobre a evolución das didascalias teórico-críticas nos textos teatrais galegos. Ver Documento. Artigo
Pascual Rodríguez, Roberto: «As didascalias como discurso teórico-crítico da escena: escritores que exercen de directores na dramaturxia galega contemporánea», Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies, 1 (2009), 40-55.
Fonte: Universidad de La Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
Artigo de Iolanda Ogando sobre Santiago de Compostela como
capital e naciónno teatro de Roberto Vidal Bolaño. Ver Documento. ArtigoOgando, Iolanda: «Viaxes en Compostela: capital e nación no teatro de Roberto Vidal Bolaño». En Leal, María Luisa; Fernández, María Jesús; García Benito, Ana Belén (coord.): Invitación al viaje. Mérida: Junta de Extremadura, 2006; 325-331. (Estudios portugueses; 29)
Fonte: Biblioteca Euroace / Dialnet.
https://www.euro-ace.eu
Xosé Antonio Perozo fai a crítica da obra Laudamuco, señor de ningures no xornal El pueblo gallego. Ver Documento. Artigo
Perozo: «IV Mostra de Teatro Galego:
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.Antroidoy las raíces del pasado», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 20392 (8 de xullo de 1978), 9.
https://biblioteca.galiciana.gal
Artigo de María Liñeira que ofrece a primeira lectura de xénero da peza teatral de Roberto Vidal Bolaño, Cochos. Ver Documento. Artigo
Liñeira, María: «Pigging in Germany: Emigration and Gendered Subalternity in Roberto Vidal Bolaño’s Cochos», Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies, 1 (2011), 19-39.
Fonte: Univerdad de La Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
Ligazóns de interese
Acceso ao espazo web da Asociación Roberto Vidal Bolaño
Fonte: Roberto Vidal Bolaño. https://www.robertovidalbolano.org
Espazo web dedicado a Roberto Vidal Bolaño pola Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal
Vidal Bolaño na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Deputación da Coruña. Biblioteca Virtual Galega.
https://bvg.udc.es
Biobibliografía de Roberto Vidal Bolaño na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org
«Roberto Vidal Bolaño», biobibliografía escrita por Inmaculada López Silva para o portal Historia Hispñánica da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia. Historia Hispánica.
https://historia-hispanica.rah.es/
Roberto Vidal Bolaño na colección Letras Galegas do Parlamento de Galicia
Fonte: Parlamento de Galicia.
https://www.parlamentodegalicia.es
Sen ir máis lonxe, obra representada por Roberto Vidal Bolaño na Ultranoite (1999), na Rede Nasa
Fonte: Rede Nasa: Rede online de artes vivas e outras lerias.
http://redenasa.tv
Un sketch dos Chévere para contarlle a Roberto Vidal Bolaño, representado na Ultranoite do 11 de maio de 2013
Fonte: Rede Nasa TV.
http://redenasa.tv
Roberto Vidal Bolaño no programa Pasou o que pasou, emitido en 1999, da CRTVG
Fonte: Pasou o que pasou. CRTVG.
https://pasouoquepasou.crtvg.gal
Acceso en liña ao artigo de Ana Barbazán «Roberto Vidal Bolaño nos fondos bibliográficos do Museo», publicado na web do Museo de Pontevedra 0 15 de maio de 2013
Fonte: Museo de Pontevedra.
https://museo.depo.gal
«Vinte anos sen Roberto Vidal Bolaño», artigo de Manuel Xestoso publicado en Nós Diario o 7 de setembro de 202222
Fonte: Nós Diario.
https://www.nosdiario.gal
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
«Recoñecer a Vidal Bolaño é recoñecer a importancia do teatro na normalización cultural do país», entrevista de Alberto ramos a Xosé Manuel Fernández Castro en praza.gal, (18 de xuño de 2012)
Fonte: praza.gal
https://praza.gal
Videos
O legado de Roberto Vidal Bolaño, programa da TVG dedicado a Roberto Vidal Bolaño emitido en 2013
Fonte: Televisión de Galicia / YouTube.com
De cerca: Roberto Vidal Bolaño, entrevista de Montse Nieto emitida en Localia en marzo de 2001
Fonte: Alejandro Macías / YouTube.com
Roberto Vidal Bolaño da rebeldía, vídeo documental realizado polo grupo audiovisual do Club do Antifás (IES A Cachada)
Fonte: IES A Cachada (Boiro) / YouTube.com
Roberto Vidal Bolaño e os caminhos do teatro independente, conferencia de Cilha Lourenço Módia
Fonte: Euskal Herriko Unibertsitatea (EHU) / YouTube.com
Documental sobre a obra teatral de Roberto Vidal Bolaño, no que se entrevista a profesionais do teatro galego. 19 de marzo de 2013
Fonte: videocpidosdices Rois / YouTube.com
Teaser de Rastros, de Roberto Vidal Bolaño
Fonte: Lois Blanco Araúxo /YouTube.com
Audios
Entrevista a Roberto Vidal Bolaño sobre o teatro galego, emitida no programa Vieiros da Cultura, de Radio Nacional de España, o 31 de marzo de 1995
Declaracións de Roberto Vidal Bolaño sobre a obra Días sen gloria. (1 de decembro de 1993)
Artigos Roberto Vidal Bolaño
POUSA, X. VIDAL BOLAñO, R. (6/1978) Roberto Vidal: «A producción teatral está a ser asumida por xente do teatro» | Nosa Terra, A. (24), 7.
Libros do ccg sobre Roberto Vidal Bolaño
Ruada das papas e do unto.
2013 | Roberto Vidal Bolaño, Autoría.



















