Como cada ano, o Consello da Cultura Galega, institución estatutaria á que lle compete «a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego», súmase á Festa das Letras Galegas coa publicación dun texto inédito do autor homenaxeado.
Este ano publica pois a Ruada das papas e o unto, unha obra de Roberto Vidal Bolaño que apenas foi representada, aínda que foi polo seu autor cabilada para facer na rúa con mómaros e con actores, con música e con cantigas». Esta singular edición, que inclúe a reprodución facsimilar do mecanoscrito inédito, vai precedida de atinados estudos da autoría de dous expertos como Camilo Franco e Inma López Silva.

| Título | Ruada das papas e do unto |
| Autoría |
Roberto Vidal Bolaño |
| Introdución |
Camilo Franco Inma López Silva |
| Limiar |
Ramón Villares |
| Obxecto de estudo |
Roberto Vidal Bolaño |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 63, 65 p. : il., cor ; 21 cm. |
| Notas | Inclúe reprod. facs. do mecanoscrito inédito do 1981. Premios: Mención no Concurso de Teatro Infantil organizado pola Asociación Cultura O Facho en 1981. Gardado en estoxo. |
| ISBN | 978-84-92923-48-9 |
| Depósito Legal | C 688-2013 |
| CCG. Signatura | CCG 2013 439 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)