Alfredo Brañas
Carballo (A Coruña), 11/ 1/1859 - Santiago de Compostela (A Coruña), 21/2/1900Autoría: Xurxo Martínez González
O apóstolo do Rexionalismo
Aínda un pícaro chuchón, a familia múdase a Cambados por mor do destino do pai. Pero axiña, con nove anos, marcha para Compostela para realizar o bacharelato. Ao rematar esta primeira fase educativa, pasou de inmediato á Universidade compostelá elixindo Dereito e Leis como carreira en 1873.
A morte do seu pai tivo, ademais do impacto emocional, unha consecuencia económica: a perda de ingresos. Por ese motivo a nai dun amigo, a duquesa de Medina de las Torres, custeoulle a carreira cando tiña a maleta presta para emigrar.
En 1878 consegue a licenciatura. Pero a carreira universitaria continuaría. Dende o 28 de marzo de 1884 até decembro de 1885 exerceu como secretario xeral da Universidade de Santiago de Compostela. En 1885 acadaría o grao de doutor pola Universidade Central de Madrid e máis tarde gañaría o título de catedrático numerario de
Elementos de Derecho Naturalpola Universidade de Oviedo. Tamén aquí publica Fundamentos del derecho de propiedad. Por fin, en 1888 obtén a cátedra de Economía Política na USC, o cal lle permitiu retornar ao corazón do país.
Antes deste ascenso meteórico no eido académico, cómpre dicir que Brañas traballou en Cambados como amanuense nunha notaría, tras deixar atrás uns anos en Madrid, onde se integrou na redacción do xornal La Política (1880) e traballou naquilo que ben puido.
Durante esta estadía cambadesa, á beira mesma da Arousa, Alfredo Brañas comezou a colaborar coa prensa galega. Na época de estudante xa publicara os primeiros traballos en El Porvenir (non confundir con aqueloutro xornal dirixido por Antolín Faraldo), que estaba en mans de Antonio Toledo e Juan Barcia, futuro prologuista de El regionalismo.
Despois, o mesmo director fundaría El Libredón (1881-1887) chamando por Brañas para a súa redacción e traslado a Compostela. Conforme ía gañando un posto na esfera pública, sobre todo nos círculos católico-tradicionalistas e mediante a amizade co cardeal Payá, o ascendente político rexionalista desenvolvería o cargo de director de El Libredón nos seus dous derradeiros anos.
Tras o peche deste último xornal pasaría a estampar o seu nome en El Pensamiento Galaico (1887). É dicir: unha vez iniciada a andaina periodística, xa non a abandonou até a morte. Mais velaquí un aspecto paradigmático da súa vida que será a razón pola cal abandona a colaboración con El Libredón: o declarado carlismo do xornal.
Ao par desta vida letrada cómpre dicir que escribiu poesía (en castelán e galego), que comeza a publicar a partir de 1881 e a obter premios nos anos seguintes. Algún dos seus poemas acadarían especial resonancia: «Nós como eles», cos famosos versos
Ergue, labrego! Érguete e anda! / Coma en Irlanda! Coma en Irlanda!ou «Deus fratesque Gallaeciae», tomado como himno dos Ultreya de Álvaro de las Casas, Xaime Isla ou Fernández del Riego no período da Segunda República.
En 1885 casa con Ramona Casulleras, irmá dun coñecido médico militar e poeta.
A posición política
Cando Alfredo Brañas se incorpora de maneira activa á acción política rexionalista, xa o Rexurdimento dera pasos de decenios. Cómpre lembrar que Manuel Murguía tiña vinte e seis anos cando Brañas chega ao mundo; porén, Aureliano Pereira, o referente do rexionalismo de tendencia republicana federalista, nacera en Lugo en 1855.
Quérese dicir con isto que o corpus político-ideolóxico do provincialismo, logo transmutado en rexionalismo, estaba en construción avanzada cando Brañas ou Pereira se integran nesta corrente.
En 1889 Alfredo Brañas publica a súa obra máis transcendental: El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario que de súpeto o colocaron como un referente político desta opción. Unha obra publicada en Barcelona, onde recibiría unha especial atención. Non é casual que sexa no mesmo ano en que Murguía publica o seu El regionalismo gallego, editado pola emigración galega en Cuba. Ambos textos reaccionaron ás declaracións de Sánchez Moguel no seu ingreso na Real Academia de la Historia en decembro de 1888.
Esta achega político-ideolóxica en formato de libro recibe varios recoñecementos en Santiago de Compostela durante 1890 (ano no cal ocupa un posto como concelleiro desta urbe). A homenaxe celebrada no mes de marzo congregou ao rexionalismo galego nunha sorte de unidade arredor de Brañas.
Acórdase un congreso no cal nace a Asociación Regionalista Gallega, considerada a primeira organización política nos parámetros do que entendemos hoxe por nacionalismo. Esta
sociedade de patriotaspublica un voceiro titulado La Patria Gallega, onde Brañas colabora. En Tui, durante a celebración dos Xogos Florais de 1891, pronuncia un discurso en galego, xa que estes foron os primeiros xogos integramente na lingua de Galiza.
Irmáns de Galiza, que simbolizaba a unión na defensa do país, non era un lema suficiente para quen sostiña ideoloxías dispares ou antagónicas. Así pasou na Asociación Regionalista Gallega cando os progresistas de Murguía se encabuxaron cos tradicionalistas de Brañas, e viceversa. Daquela todo veu a menos. Porén, neste 1892 Brañas (et alii) acode á homenaxe outorgada a Murguía co gallo do seu ingreso como bibliotecario da USC.
Neste contexto publica Bases generales del regionalismo y su aplicación a Galicia (con clara evocación ás Bases de Manresa, do catalanismo incipiente). O rexionalismo político organízase, nunha mostra pública, en 1893 opoñéndose ao traslado da Capitanía Xeneral da Coruña a León. Nótese, pois, como malia as forzas estaren desunidas se ía artellando un discurso político-ideolóxico con presenza pública lixeiramente en aumento.
En 1896 participa na fundación do Ateneo León XIII e do Círculo Católico de Obreiros, en Compostela. Durante estes anos imparte conferencias de contido político-económico en distintos lugares, dende Vigo até Madrid.
Brañas e o catalanismo
Cataluña recoñeceu en Brañas un
apóstolo. Convídano a escribir en La Renaixensa ou La España Regional, cabeceiras de recoñecido prestixio público no eido catalanista. Ademais en 1893 participa nos
Jocs Floralsde Barcelona como parte do xurado.
Tanto a voz como a palabra escrita de Alfredo Brañas tornáronse punto de luz para algúns catalanistas. Durante os
Jocs Floralsde 1893, Brañas pronunciou un discurso que deixara pampo a figuras coma Francesc Cambó. Este recoñeceu, en varias ocasións, o impacto do verbo articulado de Brañas capaz de espertar no seu corpo xuvenil o compromiso político cunha nación.
Con certeza, Cataluña foi un porto de acollida para a ideoloxía rexionalista propagada por Brañas. De feito, e como xa se dixo, o seu principal libro teórico publicouno en Barcelona: El regionalismo (1889).
A aparición deste volume prodúcese no contexto de rearticulación política do Estado español: a Restauración borbónica. Logo do fracaso da República, un sector do federalismo decidiu abrir camiño propio. Este vieiro tomou corpo en forma de rexionalismo; é dicir, agora tratábase de defender os intereses dun suxeito político identificado nun territorio concreto decote máis diferenciado a nivel identitario con respecto a España.
Este xiro no taboleiro político español axiña foi referendado por rexionalistas galegos (aceptamos a etiqueta
rexionalistaconcibida coma unha parte do proceso de construción do nacionalismo). Manuel Murguía emerxe como nome referencial, por diversos motivos. Pero tamén, dende outra beira ideolóxica, toma o seu lugar protagónico Alfredo Brañas.
Un punto de inflexión
A crise española de 1898 pon a ralentí o ascenso rexionalista. Brañas tomará distancia namentres se aproxima ao carlismo. Porque no modelo político de Brañas deféndese a estrutura das liberdades antigas fronte á industrialización e o liberalismo político-económico. Mais sobre todo, o elemento central no seu pensamento reside no catolicismo, como contraste á súa ausencia ou subordinación a outros criterios nas obras de Murguía ou Pereira.
Contra o ocaso da súa existencia, puxo a súa pluma a disposición do candidato carlista Carlos de Borbón, como se le nos artigos de El Correo Español. Todo un xiro que contrasta con aquela decisión de abandonar El Libredón pero dentro dunha lóxica político-ideolóxica marcada pola situación de España e polas coincidencias teóricas a partir do desenvolvemento da súa concepción do rexionalismo tradicionalista. En todo caso, antepón a causa española carlista ao camiño aberto anos atrás polo rexionalista.
Nesta tesitura, entre a crise de 1898 e a súa morte, Alfredo Brañas participa na fundación da Liga Gallega de Santiago de Compostela, que el presidirá e na cal Salvador Cabeza de León exercerá de secretario. Esta sociedade, de corte conservador, contrasta coa Liga Gallega da Coruña, liderada por Murguía e os progresistas. Malia ter igual nome actuaron de maneira independente.
O 21 de febreiro de 1900 morreu en Santiago de Compostela. Hoxe está enterrado no noso humildísimo Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval.
Bibliografía
Brañas, Alfredo (1889): El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario. Barcelona: Jaime Molinas Editor.
Maiz, Ramón (1983): Alfredo Brañas. Vigo: Galaxia.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Alfredo Brañas. Publicado o 25/6/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=503. Recuperado o 15/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema «Deus fratesque Gallæcia» de Alfredo Brañas na portada da revista O Tío Marcos d'a Portela. Ver Documento. Poema
Brañas, Alfredo: «Deus fratesque Gallæcia», O Tío Marcos d'a Portela, parrafeo 6 (7 de maio de 1917), 1.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Hemeroteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
«Nós coma eles», poema de Alfredo Brañas recollido no número 1 da revista Suevia. Ver Documento. Poema
Brañas, Alfredo: «Nos coma eles», Suevia: revista gallega regionalista, 1 (xaneiro de 1913), 11.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Hemeroteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Manifesto da Liga Gallega de Santiago de Compostela asinado o 24 de xuño de 1899 por Salvador Cabeza de León, presidente, e Alfredo Brañas, secretario. . Ver Documento
Liga Gallega (Santiago de Compostela): Al pueblo gallego: No nace hoy la liga gallega de Santiago.... Santiago: [s.n.], [s.a.] (Tip. Galaica), 1899.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Discurso pronunciado por Alfredo Brañas no Círculo Católico de Obreros, no teatro Jofre de Ferrol, o 2 de febreiro de 1899. Ver Documento
Brañas, Alfredo: «Discurso de D. Alfredo Brañas pronunciado en el Certamen Literario y Musical celebrado el día 2 por el
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.Círculo Católico de Obrerosen el teatro Jofre», El Correo gallego: diario político de la mañana, 6961 (4 de febreiro de 1899), 2.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Artigo de Alfredo Brañas dedicado ao candidato carlista Carlos de Borbón e publicado no diario tradicionalista El Correo español. Ver Documento. Artigo
Brañas, Alfredo: «Laboremos...», El Correo español: diario tradicionalista, 3074 (21 de novembro de 1898), 1.
Fonte: Biblioteca Digital. Biblioteca Nacional de España.
https://hemerotecadigital.bne.es/
Discurso de Alfredo Brañas pronunciado o 7 de maio de 1893 nos
Jocs Floralsde Barcelona. Ver DocumentoBrañas, Alfredo: «Discurso de D. Alfredo Brañas en el banquete celebrado en honor de los poetas laureados en los
Fonte: El Alcance / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.Juegos Floralesde Barcelona, la noche del 7 de mayo», El Alcance: diario católico, noticiero, independiente, telegráfico, [número especial dedicado a Alfredo Brañas] (01 de xuño de 1893), 2-3.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Valero entre los estudiantes, apropósito en verso escrito por Alfredo Brañas. Ver Documento. Libro
Brañas, Alfredo e Anónimo: Valero entre los estudiantes: apropósito en un acto y en verso: escrito para el beneficio de R. Taboada. [S.l.]: [s.n.] (Santiago [de Compostela]: Imp. de Jesús L. Alende), 1885.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
https://bdh.bne.es/
O'avellón: lema, ¡paz a os mortos!, de Alfredo Brañas. Ver Documento. Libro
Brañas, Alfredo: O'avellón: lema, ¡paz a os mortos! Poesía gallega premiada con accesit, consistente en 100 ejemplares impresos, en el Certamen Literario celebrado el 24 de agosto de 1884 en el Teatro Principal, por la Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos de La Coruña. Coruña: [s.n.], 1884 (Coruña: Establecimiento Tipográfico de J. Puga).
Fonte: Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña) / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo de Justo Beramendi no que o autor analiza o rexionalismo católico-tradicionalista galego. Ver Documento. Artigo
Beramendi, Justo: «O galeguismo católico entre o rexionalismo e o nacionalismo», Boletín da Real Academia Galega, 379 (2018), 503-518.
Fonte: Real Academia Galega.
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/
«A doutrina económica de Alfredo Brañas», artigo de Antón Lois Fernández Álvarez. Ver Documento. Artigo
Fernández Álvarez, Antón Lois: «A doutrina económica de Alfredo Brañas (Catedrático de Economía Política e Facenda Pública da USC 1887-1900)», Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, 16 (2012),839-852.
Fonte: Repositorio da Universidade da Coruña.
http://hdl.handle.net/2183/12027
Introdución de Xavier Castro Rodríguez ás Obras selectas de Alfredo Brañas. Ver Documento
Castro Rodríguez, Xavier: «Prólogo». En Brañas Menéndez, Alfredo: Obras selectas. Laracha (A Coruña): Hércules de Edicións, 1990; 3-17.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Baldomero Cores Trasmonte escribe sobre as Bases generales del Regionalismo y su aplicación a Galicia redactadas por Alfredo Brañas. Ver Documento. Artigo
Cores Trasmonte, Baldomero: «Bases generales del regionalismo y su aplicación a Galicia (1892), de Alfredo Brañas», Revista de estudios políticos, 206-207 (1976), 203-248.
Fonte: Universidad de la Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es/
«Datos para una biografía de Alfredo Brañas», por Paulino Pedret Casado. Ver Documento. Artigo
Pedret Casado, Paulino: «Datos para una biografía de Alfredo Brañas», Boletín da Real Academia Galega, 309-320 (1956), 388-395.
Fonte: Real Academia Galega / Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Número de La Ilustració catalana dedicado aos
Jocs Floralsde maio de 1893. Ver Documento. Publicación impresaLa Ilustració catalana, 309 (31 de maio de 1893).
Fonte: Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España.
https://hemerotecadigital.bne.es/
Alfredo Brañas na Gran enciclopedia galega Silverio Cañada. Entrada escrita por Baldomero Cores. Ver Documento. Artigo
Cores Trasmonte, Baldomero: «Brañas Menéndez, Alfredo». En Gran enciclopedia galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso: 2003; 105-107.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
Ligazóns de interese
Blog Recuperación da figura de Alfredo Brañas, do Padroado Alfredo Brañas de Carballo
Fonte: Padroado Alfredo Brañas.
https://padroadoalfredobranascarballo.home.blog/
Biobibliografía de Alfredo Brañas no DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es
Espazo web de Alfredo Brañas en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://biblioteca.galiciana.gal/
Alfredo Brañas na Biblioteca Nacional
Fonte: BNE.
https://www.bne.es/
Alfredo Brañas na Biblioteca Virtual de Polígrafos da Fundación Ignacio Larramendi
Fonte: Fundación Ignacio Larramendi. Biblioteca Virtual de Polígrafos.
https://www.larramendi.es/
Obras de Alfredo Brañas dixitalizadas na Biblioteca Dixital Hispánica da BNE
Fonte: BIblioteca Digital Hispánica. Biblioteca Nacional de España.
https://bdh.bne.es/
Acceso en liña á obra de Alfredo Brañas El regionalismo: estudio sociológico, histórico y literario. Barcelona: Jaime Molinas, 1889
Fonte: Biblioteca Digital de Castilla y León.
https://bibliotecadigital.jcyl.es/
Alfredo Brañas no Mapa Literario do Concello de Carballo
Fonte: Concello de Carballo. Mapa Literario.
https://mapaliterariocarballo.gal/
Acceso en liña á publicación Joc literari i estratègies de representació: 150 anys dels Jocs Florals de Barcelona. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans, 2012
Fonte: Institut d'Estudis Catalans. Portal de Publicacions.
https://publicacions.iec.cat/
«O himno galego de Brañas», artigo publicado na web da Real Academia Galega sobre a composición de Alfredo Brañas Deus Fratesque Gallaeciae, musicada en 1911 por Luís Taibo García. (13 de xaneiro de 2015)
Fonte: Real Academia Galega.
https://academia.gal/
El libredón, diario católico-tradicionalista, na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/
«Casas literarias: Alfredo Brañas», artigo de Armando Requeixo publicado no su blog Criticalia, (11 de xaneiro de 2015)
Fonte: Criticalia.
https://armandorequeixo.wordpress.com/
Videos
Homenaxe a Alfredo Brañas no 160º aniversario do seu nacemento en Carballo, (20 de febreiro de 2019)
Fonte: Concello de Carballo / YouTube.com
https://www.youtube.com/
Suso Vaamonde interpreta o poema «Deus fratesque Gallaeciae» de Alfredo Brañas
Fonte: Jacobo Álvarez Torres / YouTube.com
https://youtu.be/
Publicacións periódicas
Gallego, El (1879-1880) .
Periódico semanal: Órgano de los intereses de su nombre
Periódico bisemanal: Órgano de los intereses de su nombre
Almanaque de Galicia (1909-) .
Consello de Galiza (1963-) .
Boletín Oficial Informativo
Artigos Alfredo Brañas
BRAñAS, A. (4/1950) ¡Cantai, Galego! | Alborada. 1ª (145), 67.
BRAñAS, A. (7/1955) Cantai, galegos...! | Orzán. 1ª (7), 8.