Xosé Conde Corbal
Pontevedra, 5/ 4/1923 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 5/3/1999Autoría: Afonso Vázquez-Monxardín
O pintor das esencias da Terra, en conexión con Nós
O seu carácter bohemio, inquedo e apaixonado está na base dunha vida de moitas ilusións, moitas reviravoltas laborais, moitas conexións humanas e moitas vinculacións territoriais, ao redor do eixo da Galicia Sur. Despois de probar un par de carreiras en Compostela e de ter feito Maxisterio en Madrid non acabou desenvolvendo unha vida profesional ligada a estudos universitarios, como parecía predestinado por orixe familiar. O contrario fixo o seu irmán e permanente apoio, Manuel –hai quen establece un certo paralelismo con Theo Van Gogh- que se estableceu en Ourense en 1953 onde exerceu como traumatólogo de moito prestixio. Grande amigo e médico de confianza de Otero Pedrayo, foi el quen lle abriu inicialmente portas e contactos na cidade, e o mercado dos seus colegas médicos.
Pero antes de dedicarse de cheo á pintura, cousa que fai desde finais da década de 1950, Xosé Conde Corbal compartiu diversas ocupacións: industrial de cerámica en Benavente e colaborador de prensa en Zamora, empregado dunha empresa química en Pontevedra, xerente dunhas minas de volframio no sur de Ourense propiedade da familia da súa cuñada Elisa Tejada, e proxectista de vidreiras nos talleres de La Belga en Ourense.
Casou en 1947 con Magarita Escuredo Lago, filla do empresario da conserveira Yago, do Grove, e da Cerámica artística Celta de Pontecesures. O matrimonio tivo once fillos e na actualidade -febreiro de 2024- mora ela como feliz e saudable centenaria na casa de Vilagarcía onde viviu co seu home desde 1986 ata o seu pasamento.
Traxectoria
A primeira exposición, realizada en novembro de 1958, será no Liceo de Ourense, na que presenta unha serie de 32 augadas de tema mariñeiro realizadas en Meloxo (O Grove), no verán anterior. O éxito lévao a expor a súa obra nos meses seguintes en Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e, novamente, no Liceo de Ourense en 1960, o que suscita gabanciosos artigos de Anselmo Morais ou Antón Risco na prensa local.
O ano 1960 será o do inicio da súa colaboración co xornal La Región a través da ilustración de diversas seccións fixas, como «En busca del Orense perdurable» de Vicente Risco –o que fai que Risco diga humoristicamente que era o
pedicurode Conde Corbal, porque lle facía
os pésaos seus debuxos-; «Del Orense antiguo», de Otero Pedrayo; ou poñéndolle imaxe a moitos artigos culturais do extra dominical «Artes y Letras». A intensidade chega a tal punto que só no exemplar do 29 de xuño de 1960, por exemplo, extra das festas de Corpus, aparecen 32 dos seus debuxos de paisaxes urbanas, figuras históricas, monumentos e tipos populares.
A amizade de Ferro Couselo, director do Museo Arqueolóxico, lévao a percorrer con el e co seu grupo a provincia de Ourense debuxando paisaxes e monumentos. Unha parte desta obra, 42 augadas en branco e negro, publicadas tamén en La Región, integrarán o libro de colaboracións de Conde Corbal e Vicente Risco -coa participación, tamén, de Otero Pedrayo e Ferro Couselo-, El Orense perdurable, que viu a luz en 1961.
Nese ano expón de novo no Museo unha colección de 40 acuarelas, moitas delas recreacións en cor das anteriores, tamén con grande éxito de público e crítica á que agora une a súa voz Alfonso Palomares. Nese mesmo ano 1961 colabora con Ferro na Exposición Internacional de Arte Románica, que comisariará Manuel Chamoso Lamas entre Barcelona e Compostela, e na homenaxe cidadá que se lle tributa a Risco en Ourense coa desculpa da edición do seu Libro de las horas.
Nos anos seguintes participará en varias exposicións colectivas de artistas ourensáns, pois entrará en contacto cos novos valores emerxentes da arte local como Virxilio, Xaime Quessada, Xose Luís de Dios, ou do escultor Acisclo Manzano, e que, en xeral, serán máis novos ca el. El é, sen dúbida, o que manterá un contacto máis directo, intenso e permanente con dous superviventes da xeración Nós, Otero Pedrayo e, sobre todo, con Vicente Risco, así como cos seus epígonos Xoaquín Lorenzo e Ferro Couselo ou, xa en Pontevedra, con Filgueira Valverde.
A inmensa produción pictórica e debuxística de Conde Corbal combinará varias técnicas e soportes -augadas, acuarelas, óleos, gravados, linóleos, murais- con liñas temáticas moi definidas dentro dunha estética moi orixinal, propia e recoñecible pola axilidade nunha captación esencial e expresionista da realidade, e cunha alternancia entre obra monocroma, sobre todo nos gravados e coleccións de debuxos, e unha paleta moi solta de cores moi vivas, nas obras máis centradas nas figuras e tipos humanos.
Unha destas liñas será o traballo de captación do urbanismo tradicional das cidades, Ourense e Pontevedra principalmente, e dos monumentos espallados pola provincias. O fío directo cos museos de Ourense e Pontevedra fará que neles expoña regularmente as súas obras e conte coa participación dos seus directores e colaboradores en proxectos comúns.
No ano 1964, por exemplo, publicará o libro Del Orense monumental con textos de Xesús Ferro Couselo e 52 debuxos monocromos de monumentos da provincia, no ronsel do anterior Del Orense perdurable. 1965 será o ano en que publique, con Filgueira Valverde e Alfredo García Alén, Pontevedra en 50 dibujos e despois, en 1966, Cruceiros, petos e santos, dentro da colaboración co Museo de Pontevedra iniciada en 1958 con motivo da súa primeira exposición na cidade.
Desde 1972 acompañará as súas exposicións coa reprodución en offset das obras en carpetas para a venda, o que popularizará as súas creacións. Nesta liña enmárcanse series como Pazos de Pontevedra (1972), A dorna e os que viven dela (1973), Xentes do mar de Vigo (1973) e tres dedicadas monograficamente a un dos seus focos de interese principais: Valle Inclán (Etnografía galega) (1972), Valle Inclán (Luces de Bohemia) (1972), Valle Inclán (Do amor e da morte) (1973).
Tamén lle darán moita sona a serie de carteis homenaxe aos persoeiros da xeración Nós publicados en Ourense en 1975 en colaboración co Ateneo de Ourense, no que populariza imaxes icónicas dos seus protagonistas (Castelao, Otero, Risco, Cuevillas, Cabanillas, Losada Diéguez, Arturo Noguerol) xunto con frases de referencia de cada un deles. Nos anos seguintes, recreará e ampliará as obras, xa en cores, sobre táboa ou sobre papel pegado en táboa, para distintas exposicións e intervencións públicas.
As angustias da guerra que viviu de neno, levarano a realizar en 1980 unha serie moi escura e de fondo dramatismo, O fardel da guerra -no ronsel das obras sobre o tema de Castelao, sobre todo de
O mundo da natureza tamén será obxecto da súa atención exquisita. As súas achegas á flora e fauna saltarán da prensa aos álbums. Así, Paxaros Galegos (1976), Árbores e arbustos galegos (1987) -con Santiago Lamas e Vicente Gracia- ou a Laude da camelia (1991), con dez láminas a cores e a colaboración do autor con Álvaro Cunqueiro.
Outros dos eixos da súa obra será o seu labor como cartelista e muralista turístico, con mapas debuxados cos recursos monumentais e naturais, ben das provincias de Ourense, de Pontevedra, ou de zonas concretas, como a Ribeira Sacra, a Limia Baixa, a ría de Arousa. Ou máis xerais como toda Galicia ou Galicia e o Norte de Portugal ata o río Douro, normalmente en colaboración con iniciativas administrativas de desenvolvemento turístico ou empresarial.
Falamos xa dos traballos en La Región, con Risco e Otero, pero fará outras moitas colaboracións na prensa: con Gerardo González Martín en Faro de Vigo, as series «Viajes por Galicia» e «Ruta del Miño» en 1963; con Ferro Couselo, Luís Cochón e Alfredo García Alén, sobre arte, «A fe nas pedras», en Diario de Pontevedra en 1964; ou con Celso Emilio Ferreiro «Los caminos de Santiago», no Faro de Vigo en 1965.
Unha nova liña dentro dos grandes formatos, desde mediados da década de 1970, serán os seus
retábulosde personaxes coñecidos, como o tríptico A Alba da Gloria de Castelao, situado na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela onde aparecen retratados sesenta persoeiros da historia de Galicia. Outras obras icónicas desta liña serán A peña do Parque (onde retrata aos amigos que se xuntaban no faladoiro do Hotel Parque de Ourense -Risco, Ferro, Antón Tovar, Xocas, Carlos Casares, Faílde, Prego, Lezcano...) ou o que leva escrito o texto
Os milagres de Don Ramón. 12 abril de 1976, pintura que aproveita a saída do cadaleito de Otero Pedrayo pola Porta Norte da Catedral de Ourense para facer un tributo de admiración ás figuras alí retratadas, de varias xeracións, entre as que está todo o máis escolleito da intelectualidade galega do momento.
A súa obra gozará de recoñecemento crecente, ao que contribuíron, sen dúbida, as exposicións monográficas realizadas nos últimos anos, e a ampla nómina de críticas e críticos (Carol S. Maier, Antón Castro, María Jose Tiscar...) que se achegaron a ela.
No primeiro centenario, celebrado en 2023, houbo moita actividade ao redor da súa memoria –reedición de obras, congresos, exposicións, monográficos en revistas– grazas ao impulso das súas amizades e das persoas que admiran a súa obra. E da súa familia, que custodia o seu inmenso e organizado arquivo e fai de valedora constante desde a base familiar de Vilagarcía de Arousa; e, tamén, dalgunhas institucións, como a Deputación de Pontevedra e o seu Museo.
Páxina web de referencia
Como citar: Vázquez-Monxardín, Afonso : Xosé Conde Corbal. Publicado o 21/2/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=5636. Recuperado o 12/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Alfredo Vara sobre lembranzas da nenez, con ilustracións de Conde Corbal. Ver Documento. Artigo
Vara, Alfredo; Conde Corbal, Xosé: «Lembranzas da nenez», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 9 (decembro de 1999), 86-94.
Fonte: Raigame / Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es/
Vicente Risco na súa obra: dez grabados de Conde Corbal. Folleto da exposición celebrada no Museo Municipal de Ourense do 22 de xaneiro ao 28 de febreiro de 1984. Ver Documento
Fonte: Fundación Vicente Risco.
https://www.fundacionvicenterisco.com/
Ángel de la Vega entrevista a Conde Corbal con motivo da exposición no café 'Yuma' en xullo de 1968. Nela, o pintor conta como cambiou un cadro por un ataúde. . Ver Documento. Entrevista
Vega, Ángel de la: «Un pintor gallego y extraño: Conde Corbal ofrece sus dibujos en el café bar 'Yuma' de la calle de la Ruanueva», El Progreso, 18948 (4 de xullo de 1968), 3.
Fonte: Biblioteca Pública de Lugo / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Tres poemas de Antón Tovar ilustrados por Conde Corbal, na revista Vieiros. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Tovar Bobillo, Antonio (poemas); Conde Corbal, Xosé (ilustracións): «Galicia», «Terán razón», «Pico do mediodía», Vieiros: revista do Padroado da Cultura Galega de México, 2 (outono de 1962), 3-4.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Páxina do folleto de sala da exposición Galicia, de Nós a nós cos retratos de Arturo Noguerol, Losada Diéguez, Cuevillas, Cabanillas, Otero Pedrayo e Vicente Risco feitos por Conde Corbal. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Fonte: Cidade da Cultura.
https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/galicia-de-nos-nos
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Palestra impartida por Xosé Antón Castro na EASD Corbal e a estampación como medio de entender a arte entendendo a vida. 27 de febreiro de 2024. Ver Documento
Fonte: Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde.
https://www.escolarte.com/
Antón Mascato escribe sobre a obra gráfica de Conde Corbal na revista Aunius. Ver Documento. Artigo
Mascato, Antón: «Xosé Conde Corbal. Obra gráfica», Aunius: revista da Asociación Cultural Pineiróns, 23 (maio de 2018), 15-16.
Fonte: Aunius: revista da Asociación Cultural Pineiróns
O número 2 da revista Nova Ardentía dedícalle a sección «Pintores do mar» a Xosé Conde Corba, ademais de incluír numerosa obra gráfica do pintor. Ver Documento. Artigo
«Pintores do mar: Xosé Conde Corbal», Nova Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial, 2 (2005), 77-79.
Fonte: Nova Ardentía / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
Artigo sobre o Ourense monumental de Ferro Couselo e Conde Corbal. Ver Documento. Artigo
Fernández Senra, Xulio: «D. Xesús Ferro Couselo, conde Corbal e o Ourense monumental», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 2 (maio de 1996), 76-80.
Fonte: Raigame / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
Nova en La Región sobre a inauguración no Ateneo de Ourense, en decembro de 1968, dunha exposición de Xaime Quessada, Antonio Quesada e Xosé Conde Corbal. Ver Documento. Artigo
«Tres pintores orensanos en el Ateneo», La Región: diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos, 18330 (17 de decembro de 1968), 7.
Fonte: Biblioteca da Deputación de Ourense / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Portada de La Región, con ilustración de Conde Corbal, do 29 de xuño de 1960. Ver Documento. Páxina de prensa
Fonte: Biblioteca da Deputación de Ourense / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Crítica da exposición de Conde Corbal no Liceo Recreo Orensano, en febreiro de 1960, publicada en La Región. Ver Documento. Artigo
López Morais, Anselmo: «Conde Corbal ante la crítica», La Región: diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos, 15565 (28 de febreiro de 1960), 12.
Fonte: Biblioteca da Deputación de Ourense / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Antón Risco escribe sobre a exposición de gauaches de Conde Corbal. Ourense, febreiro de 1960. Ver Documento. Fragmento de publicación impresa
Risco, Antón: «Los guaches de J. Conde Corbal», La Región: diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos, 15560 (23 de febreiro de 1960), 3.
Fonte: Biblioteca da Deputación de Ourense / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Alfredo García Alén, secretario do Museo de Pontevedra, escribe sobre a exposición de Conde Corbal na Sala de Turismo de Santiago en setembro de 1959. Ver Documento. Artigo
García Alén, Alfredo: «Guaches de Conde Corbal en la Sala de Turismo de Santiago», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 11851 (5 de setembro de 1959), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Crítica da exposición de Conde Corbal na sala
Veláquezde Vigo, en marzo de 1959, publicada en El pueblo gallego. Ver Documento. ArtigoRomero Archidona, Enrique: «Notas de arte: José Conde Corbal», El pueblo gallego: rotativo de la mañana,, 11625 (14 de marzo de 1959), 7.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
«Xosé Conde Corbal e a estética do grabado», artigo de Carol Maier na revista Grial. Ver Documento. Artigo
Maier, Carol: «Xosé Conde Corbal e a estética do grabado: unha reforma do ollo por medio da deformación da liña», Grial: revista galega de cultura, 70 (outubro-decembro de 1980), 400-414.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca da Revista Grial
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/
Ligazóns de interese
Conde Corbal. Obra Gráfica, palestra de Xosé Antón Castro na EASD Antón Faílde. 27 de febreiro de 2024
Fonte: Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde.
https://www.escolarte.com/
«A Torre de Escuredo no Grove, o mellor lugar para o imprescindible Museo Conde Corbal», artigo de Avelino Ochoa en Mundiario.com, (18 de xuño de 2023)
Fonte: Mundiario.com
«Conde Corbal, a escrita en imaxes do pintor que merece o Día das Letras», artigo de Serxio González na edición dixital de La Voz de Galicia. (13 de xuño de 2023)
Fonte: La Voz de Galicia
Alberto Avendaño entrevista a Margarita Escuredo, viúva de Xosé Conde Corbal, na edición dixital de Diario do Salnés, (4 de xuño de 2023)
Fonte: Diario do Salnés
https://www.diariodosalnes.es
«O Fardel da Memoria de Xosé Conde Corbal», artigo de Patricia Arias na edición dixital de Nós diario, (10 de maio de 2023)
Fonte: Nós diario
https://www.nosdiario.gal
«Conde Corbal. Un dos nosos», artigo de Ramón Rozas na edición dixital de Diario de Pontevedra, (7 de abril de 2023)
Fonte: Diario de Pontevedra https://www.diariodepontevedra.es/
«Reivindicación del legado de Xosé Conde Corbal», artigo de Miguel Villar na edición dixital de La Voz de Galicia, (6 de abril de 2023)
Fonte: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/
«El Ourense perdurable e moito máis», artigo de Afonso Vázquez-Monxardín en La Región, (5 de abril de 2023)
Fonte: La Región
https://www.laregion.es
«A Deputación celebra o centenario do pintor Conde Corbal cunha nova edición do seu Fardel de Guerra, unha mostra e unhas xornadas sobre arte e memoria», información publicada na páxina web da Deputación de Pontevedra. (31 de marzo de 2023)
Fonte: Deputación de Pontevedra.
https://www.depo.gal
«Pepe Conde Corbal, Grande», artigo de Afonso Vázquez-Monxardín en La Región, (14 de marzo de 2023)
Fonte: La Región
https://www.laregion.es
«El esperpento nacional de Conde Corbal», artigo de David Bizarro na edición dixital da revista Agente provocador
Fonte: Agente provocador: a wild thing magazine. Editorial La Felguera.
https://www.agenteprovocador.es/
«El propietario del local del Carabela ofrece al Museo el mural de Conde Corbal», artigo na edición dixital de Diario de Pontevedra, (20 de abril de 2022)
Fonte: Diario de Pontevedra
Acceso ao espazo web Conde Corbal
Fonte: https://condecorbal.com/
Conde Corbal en Afundación
Fonte: Afundación.
https://www.afundacion.org
Xosé Conde Corbal no Db-e da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es
Xosé Conde Corbal no Museo Virtual da Universidade de Santiago de Compostela
Fonte: USC. Museo Virtual.
https://museovirtual.usc.gal/
«Bibliografía de pintura galega: Xosé Conde Corbal», na páxina web de Pintores de Galicia
Fonte: Pintores de Galicia
https://www.pintoresgallegos.com/
Videos
Centenario de Xosé Conde Corbal en El Cercano. Ourense, 5 de abril de 2023
Fonte: El Cercano / YouTube.com
Primeira xornada Arte e Memoria arredor de Conde Corbal. Deputación de Pontevedra, 21 e 22 de abril de 2023
Fonte: Deputación de Pontevedra / YouTube.com
Segunda xornada Arte e Memoria arredor de Conde Corbal (I). Deputación de Pontevedra, 21 e 22 de abril de 2023
Fonte: Deputación de Pontevedra / YouTube.com
Segunda xornada Arte e Memoria arredor de Conde Corbal (II). Deputación de Pontevedra, 21 e 22 de abril de 2023
Fonte: Deputación de Pontevedra / YouTube.com
Xosé Conde Corbal homenaxeado nos ciclos do Liceo «Recordando a...». Ourense, 20 de decembro de 2023
Fonte: Canle en YouTube de Marina Sánchez-Canal
Audios
Voz de Conde Corbal nun audio de Radio Nacional de España, no que o pintor fala das camelias e mais de Antonio Odriozola. 3 de setembro de 1997
Libros do ccg sobre Xosé Conde Corbal
O mar terra adentro.
2004 | Xaquín Lorenzo Fernández, Autoría. Xosé Conde Corbal, Ilustración.