Uxío Carré Aldao
A Coruña, 5/ 11/1859 - A Coruña, 18/12/1932Autoría: Patricia Arias Chachero
Publicista, editor comprometido, investigador e divulgador da identidade galega
As concorridas xuntanzas rexionalistas de tan singular establecemento comezaban a media tarde e duraban ata a hora de pechar, a iso das dez da noite. En animadas discusións, Carré Aldao e os seus convidados abordaban todo tipo de cuestións relacionadas coa cultura galega. Participaban personalidades tan relevantes do noso Rexurdimento como Manuel Murguía, amigo íntimo de Carré a quen este editaría o IV tomo da súa Historia de Galicia, ou Eduardo Pondal. Martínez Salazar, Galo Salinas, Eladio Rodríguez González, Salvador Golpe, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Manuel Banet Fontenla, Manuel Lugrís Freire, Evaristo Martelo Pauman, Moreno Barcia, Florencio Vaamonde, Oviedo Arce e outros moitos eran asistentes asiduos. A eles sumábanse ocasionalmente Manuel Curros Enríquez, Sofía Casanova, o músico Chané, Marcelo Macías, Fernández Alonso, Lago González, Amor Meilán, Said Armesto ou Cabeza de León. A xenerosidade, a cultura e o compromiso de Carré Aldao e da súa familia acolleu durante anos a este importante círculo de intelectuais, alentando os seus proxectos e favorecendo, mesmo economicamente, a realización dos mesmos.
Deste concorrido e animado grupo xurdiron algunhas das principais ideas e iniciativas galeguistas de comezos de século. Entre elas, en outubro de 1897, a Liga Gallega, presidida honorificamente por Manuel Murguía e integrada polos principais membros da Cova Céltica; e o seu voceiro, a Revista Gallega. Semanario de Literatura e intereses regionales (1895-1907), publicación bilingüe sobre intereses rexionalistas que dirixiu Galo Salinas. Alí ideouse tamén o monumento aos Mártires de Carral e o Boletín Bibliográfico (1895-97) que pretendeu dar conta mensual de todas as novidades bibliográficas relacionadas con Galicia.
Como impresor, Carré promoveu a edición de máis de vinte obras de tema galego, tanto en galego como en castelán. El mesmo converteuse cedo en autor: en 1896 editou o seu primeiro libro, Brétemas, que mestura textos en prosa e en verso. Firmemente convencido do poder do teatro galego, naqueles anos de actividade intensa e compromiso sen físgoas, participou na fundación da Escuela Regional Gallega de Declamación (1903-1904) e foi socio fundador da Real Academia Galega en 1905 e o seu primeiro secretario.
Apenas dous anos despois, en 1908, pechou a libraría e despregou unha incrible actividade cultural e divulgativa. En 1916 ingresou nas Irmandades da Fala e traballou activamente no seu voceiro, o xornal A Nosa Terra. Asinou ducias de textos tanto en prosa como en verso en xornais como El Eco de Galicia, El Diario de Avisos, El Ideal Gallego, El Mercantil ou La Voz de Galicia. bibliotecario oficial da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da cidade da Coruña; membro correspondente da Real Academia de la Historia; da Sección Galega da Academia Española de la Lengua e da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona. Foi, ademais, membro do Instituto Histórico do Minho e socio honorario do Real Instituto de Lisboa. Socio fundador da Asociación Internacional de Bibliografía Pedagóxica e vicepresidente da Comisión Provincial de Monumentos da Coruña, cronista oficial da cidade tras a morte de Martínez Salazar. En 1926 foi nomeado bibliotecario municipal da Coruña; desde este posto, promoveu na biblioteca a creación dunha sección específica de obras referentes a Galicia, organizando unha hemeroteca municipal e fundando outras dúas bibliotecas públicas.
O seu primeiro traballo na revista Nós atopámolo no número 19, correspondente ao 25 de xullo de 1925. Trátase dun texto longo, ben documentado, titulado «A lênda de San Amaro o Pelengrino». O traballo fora premiado na Festa da Lingua Galega organizado polo Seminario de Estudos Galegos o ano anterior. Ademais, en Nós asinou unha completa «Coleición de refráns de almanaque» nos números 35 e 36, entre novembro e decembro de 1926.
No verán de 1925, a editorial Lar que dirixían seu fillo Leandro Carré e Ánxel Casal, imprentoulle a noveliña A terra chama, ambientada en Sergude; topónimo que se corresponde co da aldea onde a familia Carré pasaba os veráns. Apenas un ano despois, en outubro do 26, Carré será proposto como socio do Seminario de Estudos Galegos.
O esforzado intelectual morreu na Coruña o 18 de nadal de 1932. Os seus fillos Uxío, Lois e Leandro seguiron o seu ronsel. Segundo Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea, usou os pseudónimos de Carlos Florencio, Esteban de Paleo, Xan do Martinete e Eurico Nagere.
Obra
Brétemas (A Coruña,1896)
Rayolas (A Coruña, 1898)
Sacrificio (Ferrol: [s.n.], 1904)
Catálogo de obras escritas en gallego (A Coruña, 1898)
Apuntes para la historia de la imprenta y el periodismo en La Coruña (A Coruña, 1901)
Memoria sobre la aparición y desenvolvimiento de la imprenta en la provincia de Orense (A Coruña, 1903)
La literatura gallega en el siglo XIX (A Coruña, 1903)
Alzamientos de La Coruña. Un siglo de historia local 1808-1908 (A Coruña, 1908)
Idioma y literatura de Galicia (A Coruña, 1908)
Literatura Gallega (Barcelona, 1911)
Influencias de la literatura gallega en la castellana (Madrid, 1915)
Contos da forxa (A Coruña, 1919)
A terra chama (Lar, 1926)
Bibliografía
Carballo Calero, Ricardo (1982): Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (2003): «Carré Aldao, Eugenio». Lugo: El Progreso, Diario de Pontevedra; t. 8, p. 55-56.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Uxío Carré Aldao. Publicado o 21/9/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=699. Recuperado o 14/05/2025

DOCUMENTACIÓN DE
Textos de Uxío Carré, Vicente Risco, Antonio Villar Ponte, Fernando Martínez Morás, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Xosé María Álvarez Blázquez e Ricardo Carballo Calero publicados na edición facimilar de 1966 de Poseías galegas de Francisco Añón. Ver Documento
Añón, Francisco: Poesías galegas. (ed. facsimilar). A Coruña: Real Academia Galega, 1966; 101-141.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Biblioteca.
«Coleición de refráns de almanaque. Proseguimento», Nós, 36 (15 de decembro de 1926), p. 13-18. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«Coleición de refráns de almanaque», Nós, 35 (15 de novembro de 1926), p.6-8. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«A lênda de San Amaro o Pelengrino», Nós, 19 (25 de xullo de 1925), p. 6-10. Ver Documento. Artigo
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Discurso de entrada na Real Academia Galega de Evaristo Martelo Paumán e resposta de Uxío Carré Aldao (16-06-1921). Ver Documento. Libro
Fonte: Martelo Paumán, Evaristo (2015): Pondal e a súa obra. A Coruña: Real Academia Galega. [Descarga: 2023-04-20]
Discurso de Francisco Tettamancy sobre Said Armesto nos actos da homenaxe dedicada pola Irmandade da Fala da Coruña na honra do escritor recentemente falecido. 3 de agosto de 1917. Ver Documento. Libro
Tettamancy Gastón, Francisco: Víctor Said Armesto: traballo leído na noite do 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe consagrado pol-a "Irmandade da Gala" na Cruña para honral-a memoria de tan ilustre escritor: cunha folla de Murguía e un colofón de Carré Aldao. A Coruña: Imprenta Obreira, 1917.
Fonte: Biblioteca Nacional. Biblioteca Digital Hispánica.
http://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000051896&page=1 [Descarga: 2022-06-20]
Biografía de Francisco María de la Iglesia publicada por Carré Aldao en Revista gallega. Ver Documento. Artigo
Carré Aldao, Eugenio: «Don Francisco María de la Iglesia», Revista gallega: semanario de literatura e intereses regionales, 110 (11 de abril de 1897), 1.3.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Uxío Carré Aldao na Enciclopedia Galega. Ver Documento. Artigo
«Carré Aldao, Eugenio», Gran Enciclopedia Gallega Silverio cañada. Lugo: El Progreso, Diario de Pontevedra 2003; t. 8, p. 55-56
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Uxío Carré Aldao na RAG
Fonte: RAG
https://academia.gal/membro/-/membro/uxio-carre-aldao
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
Entrada de Uxío Carré Aldao na DBe da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/53843/uxio-carre-aldao
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Publicacións periódicas
Almanaque Gallego (1898-1927) .
por Manuel Castro López: con la colaboración de distinguidos escritores y artistas
Galicia [Madrid 1906-09] (1906-1909) .
Revista Quincenal Ilustrada
Galicia Gráfica (1913-) .
Publicación Semanal
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia (1935-1935) .
Número extraordinario a propósito do 25 de xullo de 1935
Alma Gallega (1935-1967) .
1935: Revista de «Casa de Galicia»
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Fe Gallega (1936-) .
Órgano de la Acción Gallega de Cruzados de Santiago
N.º 39: Órgano Oficial de los Cruzados de Santiago Apostol
Artigos Uxío Carré Aldao
CARRé ALDAO, U. BOROBIO, S. (7/1926) Non chores | Céltiga. 1ª (37-38), 39.
CARRé ALDAO, U. (12/1948) Geografía de Galicia: Ríos de Betanzos | Betanzos. 1ª (43), 53.
CARRé ALDAO, U. (12/1948) La provincia de Betanzos | Betanzos. 1ª (43), 62.
CARRé ALDAO, U. (4/1949) A esperanza | Alborada. 1ª (141), 13.
CARRé ALDAO, U. (1/1951) Páxina poética de Uxío Carré | Betanzos. 1ª (45), 31.
CARRé ALDAO, U. (1/1954) Unha ves máis ... | Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
CARRé ALDAO, U. (7/1956) La Coruña | Orzán. 1ª (8), 25.