Doutora en Matemáticas pola USC e catedrática de Estatística e Investigación Operativa na Facultade de Matemáticas. Forma parte do grupo de investigación Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións, e é investigadora do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), que dirixíu dende a súa creación en setembro de 2021 ata decembro de 2025. Reitora da USC desde 2026.
O seu labor docente desempeñouno en varios títulos de distintos centros da USC: Bioloxía, Enfermaría, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Filoloxía, e por suposto, Matemáticas. Estas experiencias permitíronlle coñecer mellor a universidade, os seus valores e necesidades, reforzando o convencemento de que os grandes retos na investigación e na formación só se poden abordar con éxito cando conflúen distintas miradas.
Ao longo da súa traxectoria na USC traballou en diversos cargos de xestión e ocupei responsabilidades académicas e institucionais. A súa traxectoria investigadora obtivo recoñecementos de institucións relevantes e tamén participou en actividades de transferencia do coñecemento e de divulgación, onde o retorno á sociedade constitúe unha expresión clara da razón de ser da universidade e do impacto real do coñecemento que xeramos.


