Elena Ferro

Reboredo-Merza, 1975 -

Cartografía

----

Elena Ferro

Reboredo-Merza, 1975 -

DOI: 10.17075/adc.26959
DATA: 15/10/2024

“Para min o máis importante deste traballo foi dignificalo porque estaba deostado. Os anos 2010/2011 foron cruciais porque aí empezaron a encaixar os zocos que eu facía. A xente aprendeu a miralos doutra maneira, a sacar un sorriso. Logo as redes axudaron a sacar os zocos de contexto, amosalos dun xeito diferente e que a xente os vise doutra maneira, pero ese respecto polo oficio foi progresivo”.

Elena Ferro


Ser zoqueira. Crear. Traballar coas mans. Ver arte na pel, na madeira, nos elementos da natureza. Desfrutar dun obradoiro. Gozar co agro, cos traballos de sempre. Enfrontarse aos roles de xénero impostos. Darlles aos zocos unha nova vida para o século XXI. Desde Merza. Desde o corazón da Galicia interior, onde as corredoiras teñen lama e os carballos coidan da vida. Desde a tradición ata as pasarelas de moda de todo o mundo, Elena Ferro leva os zocos que as nosas avoas calzaron para mostrar que a beleza está na mirada. Aqueles que noutro tempo foron sinónimo de pobreza hoxe son a metáfora da dignidade da nosa herdanza, dos oficios que nos deron de comer, que impediron que os nosos pés se enchoupasen coa auga dos regatos.

Muller comprometida coa terra. Muller feminista e disidente. Abriu moitos camiños para recoñecer a artesanía e os oficios galegos. Sempre desde unha creatividade constante que busca deixar pegada no futuro. Nun mundo de tempos líquidos e baixo o imperio da obsolescencia dos obxectos, traballar a pel e a madeira fálanos de comunidade, de espazos e momentos compartidos. Fálanos da importancia das cousas que superan o instante para ser parte da nosa memoria. Contra a velocidade do efémero, as cousas duradeiras son revolucionarias.

Unha obra consolidada. Unha forza creativa que nos devolve o orgullo de pisar as rúas coa madeira e a pel da nosa tradición. Unha vida de descubertas e compromisos. Coa vontade de deixar legado, ensinando o saber recibido. Cos afectos e os vínculos a modo de compás.

Esta cartografía dá conta dunha vida chea de sorrisos, familias, amigas e amigos, soños, premios, recoñecementos e moito traballo. Dá conta de moita creatividade. Terra e feminismo son as dúas palabras que a modo de marcas topográficas mellor sintetizan este percorrido que vos convidamos a gozar.

Como citar: [Elena Ferro. Recuperado o 15/01/2026 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=26959 DOI: 10.17075/adc.26959]

Obra de Elena Ferro

Ferro, Elena: Pregón pronunciado na XX Festa da Filloa da Pedra, A Baña (17/03/2024)
Fonte: eferro arquivo
eferro. Feito en galego desde 1915. Almanaque 2024

Quinto almanaque ilustrado eferro 2024

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Campá», Sermos Galiza, 585 (23/12/2023)

As campás, a súa produción tradicional, o seu labor de comunicación e os sentidos do uso da palabra campá son os elementos cos que Elena Ferro elabora esta décima e última entrega para o semanario Sermos Galiza

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Se chove, deixa chover», Sermos Galiza, 580 (18/11/2023)

Elena Ferro nesta novena entrega publicada no semanario Sermos Galiza, desde unha ollada ecolóxica, chama a atención sobre a auga, a adaptabilidade das casetas de feira e da importancia de revisar os tellados para evitar molladuras onde non toca

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Saúde mental», Sermos Galiza, 576 (21/10/2023)

A importancia da saúde mental e as consecuencias da falta dela na xeración da súa avoa e seu avó configuran o texto elaborado por Elena Ferro como oitava entrega no semanario Sermos Galiza

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Estraperlo», Sermos Galiza, 571 (17/09/2023)

As minas de volframio do Fontao e a dinamización poboacional que supuxo na zona, a faceta mineira da súa nai, a elaboración e venda de zocos adaptados a ese oficio e mais ao estraperlo, son os motivos destacados desta séptima entrega de Elena Ferro no semanario Sermos Galiza

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Artesanía tradicional», Sermos Galiza, 567 (19/08/2023)

Nesta sexta entrega de Elena Ferro no semanario Sermos Galiza, destaca a pertinencia da aplicación de maquinarias e novas tecnoloxías a oficios artesáns, como o de zoqueira, na conservación da tradición

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «O medo», Sermos Galiza, 563 (22/07/2023)

Os sentidos da escuridade e as determinacións dos valores e usos diferenciais do espazo social en función dos sexos determinados polo patriarcado, configuran esta quinta colaboración de Elena Ferro co semanario Sermos Galiza

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Primeiro amor», Sermos Galiza, 559 (24/06/2023)

A memoria de Elena Ferro, nesta cuarta colaboración co semanario Sermos Galiza, viaxa por unha paisaxe de músicas e feiras, nomea o seu primeiro amor: Ana Kiro, e afonda na súa relación con ela a través das idades.

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Retranca», Sermos Galiza, 555 (27/05/2023)

Elena Ferro, nesta terceira colaboración co semanario Sermos Galiza, reflexiona, con acenos etnográficos, sobre feitos e marcadores diferenciais da identidade galega. Trae ademais para a memoria as paisaxes dos espazos das feiras da súa nenez que tanto mudaron e dos sabores.

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «A nosa saúde», Sermos Galiza, 550 (22/04/2023)

Os servizos hospitalarios e de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, a calidade dos e das profesionais e a necesidade de recursos, particularmente no rural, son centrais nesta segunda colaboración de Elena Ferro no semanario Sermos Galiza

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Número 7», Sermos Galiza, 546 (25/03/2023), 3

Elena Ferro na súa primeira colaboración mensual no semanario Sermos Galiza, achéganos ás vivencias dunha nena na Feira de Monterroso, e da chegada á casa do burro < cite>Número Sete

Fonte: eferro arquivo
eferro. Feito en galego desde 1915. Almanaque 2023

Cuarto almanaque ilustrado eferro 2023

Fonte: eferro arquivo
eferro. Feito en galego desde 1915. Almanaque 2022

Terceiro almanaque ilustrado eferro 2022

Fonte: eferro arquivo
eferro. Feito en galego desde 1915. Almanaque 2021

Segundo almanaque ilustrado eferro

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «Retrovisor: Elena Ferro», Luzes, 85 (2020), 94-95

Elena Ferro retén en poucas palabras e imaxes a importancia da familia na súa formación no agro e no taller e no seu ser como empresaria, artesá e deseñadora no Retrovisor do número 85 da revista Luzes

Fonte: eferro arquivo
eferro. Feito en galego desde 1915. Almanaque 2019

Primeiro almanaque ilustrado eferro (2019)

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: Pregón pronunciado na Festa da Istoria, Ribadavia (2019)
Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena: «A franquear en destino», Luzes, 49 (outubro de 2017), 96

Elena Ferro escribe unha nota breve sobre Minca, Colombia, para o espazo Caixa postal da revista Luzes

Fonte: eferro arquivo
Ferro, Elena (2010): «Os zocos, chancas ou tamancas», Raigame, (17 de maio de 2010), 14-15

Elena Ferro fai un breve repaso sobre os zocos e a maneira de producilos para a o xornal informativo da Romaría Etnográfica Raigame no Día das Letras Galegas 2010

Fonte: eferro arquivo
Algúns dos diplomas da docencia impartida por Elena Ferro entre 1995 e 1997 en diferentes puntos de Galicia
Fonte: eferro arquivo

Obra sobre Elena Ferro

A actriz María Vázquez luciu dúas creacións de eferro na gala dos premios Goya (2024)

Ramos, Rocío: «Elena Ferro pisa la alfombra rosa de los Goya de la mano de María Vázquez», La Voz de Galicia. Deza-Tabeirós (15/02/2024)

Fonte: eferro arquivo
Mar Mato, en Faro de Vigo, dá conta da sona internacional acadada polos produtos eferro

Mato, Mar: «El zueco gallego que taconea por el mundo», Faro de Vigo, (04/01/2024)

Fonte: eferro arquivo
Artigo no que Adrián Lede dá conta das transformacións realizadas por Elena Ferro a partir de latas de patacas fritidas (2023)

Lede, Adrián: «La diseñadora gallega Elena Ferro convierte la lata de Bonilla a la Vista en un bolso», El Español, (13/12/2023)

Fonte: elespañol.com [data de descarga 28/12/2023]
Rocío Ramos entrevista a Elena Ferro para a publicación periódica da organización EMK (setembro 2023)

Ramos, Rocío: «El arte de zoquear», emknews. Revista de Expertos en Marketing y Comercialización del Consejo General de Economistas de España (setembro 2023)

Fonte: eferro arquivo
Datos da zoqueira Elena Ferro e máis do seu obradoiro en Merza (2023)

«María Elena Ferro Lamela». En Obradoiros artesáns de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2023; 199

Fonte: eferro arquivo
Unidade didáctica – banda deseñada que ten como protagonista a unha Elena Ferro que nos ilustra sobre a creación e tradición dos zocos (2023)

Outeiro Ferreño, Eduardo Manuel: Eu son zoqueira. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2023

Fonte: eferro arquivo
A publicación Artesanía no prato recolle, nunha imaxe a dobre páxina, a colaboración entre a artesá do coiro Elena Ferro e o artesán do ferro Celso Ferreiro.

Artesanía no prato. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2023

Fonte: eferro arquivo
Bieito Romero nun artigo de opinión para La Voz de Galicia formula o seu desexo de que as monteiras, tipo de pucho tradicional actualmente en desuso, corran a mesma sorte que tiveron os zocos en Galiza grazas a Elena Ferro

Romero, Bieito: «Monteiras», La Voz de Galicia, (01/11/2022)

Fonte: eferro arquivo
Artigo de Claudina Estévez sobre a visita do director xeral de comercio e consumo ao obradoiro de Elena Ferro (2022)

«Elena Ferro reinventou en Vila de Cruces a tradicional profesión de zoqueiro», El Correo Gallego (12/10/2022)

Fonte: eferro arquivo
Rocío Ramos informa da publicación dun libro de texto que incorpora un cómic protagonizado por Elena Ferro (2022)

Ramos, Rocío: «Elena Ferro e os seus zocos xa están nos libros de texto», La Voz de Galicia Deza-Tabeirós, (10/10/2022)

Fonte: eferro arquivo
Na eira do taller do zoqueiro, en setembro, toma forma unha foliada organizada por Elena Ferro (2022)

MGM: «Setembro é musical no rural», Nós diario, (31/08/2022)

Fonte: eferro arquivo
Jordi López e Elena Ferro son persoas comprometidos coa normalización lingüística e que protagonizan as entrevista 3D, de A. Matos Alonso, para o Diario de Pontevedra (2022)

Matos Alonso, A.: Diario de Pontevedra, (20/07/2022)

Fonte: eferro arquivo
No mes de xullo publícase en Nós diario a entrevista de Marta García a Elena Ferro (2022)

García Márquez, Marta: «Entrevista asombrada. Elena Ferro», Nós Diario, (09/07/2022)

Fonte: eferro arquivo
Zocos eferro na memoria de María Pilar García Negro

García Negro, María Pilar: «Aquela infancia…», Nós diario, (10/05/2022)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é un referente no mundo da moda producida en Galicia (2022)

Rodríguez, Ana: «Los sucesores de Galicia Moda», Estela. Revista dominical de Faro de Vigo, (08/05/2022), 8-11

Fonte: eferro arquivo
A zoqueira Elena Ferro é entrevistada por Melissa Gómez para o Diario de Pontevedra (2022)

Gómez, Melissa: «Elena Ferro zoqueira de Vila de Cruces», Diario de Pontevedra, (28/04/2022)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é entrevistada por Sandra Faginas para a revista galega de xente, creatividade e tendencias YES (2022)

Faginas, Sandra: «Nas súas mans», Ya Es Sábado (YES), 412 (05/02/2022)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro fai parte do ABC de deseño feito en Galicia

«Elena Ferro». En ABC- deseño. Dicionario do deseño e da innovación en Galicia. Santiago de Compostela: Fundación DIDAC, 2022

Fonte: eferro arquivo
Belén López entrevista a Elena Ferro para o Diario de Pontevedra (2021)

López, Belén: «Elena Ferro zoqueira», Diario de Pontevedra, (13/12/2021)

Fonte: eferro arquivo
O de Elena Ferro fai parte dos rostros na proposta de pasatempo que Xoán Costa publica en Nós diario (2021)

Costa, Xoán: «Os rostros da Galiza», Nós diario, (27/11/2021), 20

Fonte: eferro arquivo
Nichollas Casey, nun artigo para The New York Times sitúa o taller eferro como un dos focos de atracción do Camiño de Santiago (2021)

Casey, Nichollas: «Preserving a Pilgrimage’s Past, on Foot and on Hoof», The New York Times, (07/11/2021)

Fonte: eferro arquivo
A difusión internacional dos produtos artesanais elaborados en Galicia, como os de Elena Ferro, centran a atención no artigo que Alba Chao publica en Faro de Vigo (2021)

Chao, Alba: «La nueva artesanía gallega: de zocos y ecoprint a lencería erótica de lujo», Faro de Vigo, (10/10/2021)

Fonte: eferro arquivo
Publicase a entrevista que Amalia Mauleón se fai a Elena Ferro para Faro de Vigo (2021)

Mauleón, Amalia: «Mujeres fuera de serie. La zoqueira del siglo XXI», Faro de Vigo, (13/06/2021)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro xunto con outras profesionais galegas, participan nunha reportaxe do semanario Yes para celebrar o día da visibilidade lésbica (2021)

«Las lesbianas gallegas dan la cara», Ya Es Sábado (YES), (24/04/2021)

Fonte: eferro arquivo
O zoco cohete deseñado por Elena Ferro chega á NASA (2021)

«El zueco cohete que cautiva a la NASA», La Voz de Galicia Deza-Tabeirós, (17/02/2021)

Fonte: eferro arquivo
Os modelos de zocos Cactus e Xadrez, do taller eferro, fan parte da exposición Os roteiros da forma. Un percorrido pola artesanía contemporánea galega, organizada polas Fundacións RAC e Artesanía de Galicia, entre os días 26 de febreiro e 26 de marzo de 2021 en Pontevedra

«Elena Ferro». En Donoso, Sara: Os roteiros da forma. Un percorrido pola artesanía contemporánea galega [Catálogo de exposición]. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Fundación Pública Artesanía de Galicia, 2021; 28-29

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é unha das artesás do rural presentes no libro catálogo Aldeanas del siglo XXI (2021)

«La zoqueira que se atrevió a resistir». En Aldeanas del siglo XXI. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, 2021; 26-27

Fonte: eferro arquivo
A revista Spend in publica un artigo sobre Elena Ferro, con fotografías de Manolo González e texto de Miguel Bertojo (2022)

Bertojo, Miguel: «Elena Ferro. Tiempo de zocos», Spend in, (2021-2022), 10

Fonte: eferro arquivo
No mes de xuño de 2020 a revista Obradoiro de artesanía publica unha entrevista a Elena Ferro, en tres idiomas [galego, castelán e inglés], na que se destaca os acertos do labor de difusión dos produtos eferro posto en marcha pola artesá

«Elena Ferro. Tres xeracións nos nosos pés», Obradoiro de artesanía, (xuño 2020), 30-37

Fonte: eferro arquivo
A comezos de 2020 o semanario Sermos Galiza publica a entrevista que Belén Bouzas lle realiza a Elena Ferro

Bouzas, Belén: «Elena Ferro alén dos zocos», Sermos Galiza, 378 (04/01/2020)

Fonte: eferro arquivo
Os produtos artesanais de Elena Ferro chegan a Xapón da man da revista Grea Traveller (2020)

Grea Traveller, (verán 2020), 49

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é a protagonista do artigo que Tania Forja Pena elaborou para a Cativa (2020)

Forja Pena, Tania: «Elena Ferro vexo o mundo con forma de zoco», Cativa, 1 (xullo 2020). Proposta de publicación periódica presentada como Traballo de fin de grado na Facultade de Ciencias da Información da USC

Fonte: exemplar CDIF-CCG
Información sobre a V Xornada de Onomástica Galega na que participa de Elena Ferro (2020)

Dúas novas sobre a V Xornada de Onomástica Galega organizada pola RAG, Pontevedraviva.com (xullo e novembro de 2020)

Fonte: pontevedraviva.com [data de descarga: 28/12/2023]
Dosier de prensa: Elena Ferro Premio Nacional de Artesanía 2019.

Varios xornais galegos informan da nominación e elección de Elena Ferro como Premio Nacional de Artesanía na súa XII edición (2019)

Fonte: eferro arquivo
A zoqueira Elena Ferro protagoniza o artigo que Ana Abelenda elabora para a revista semanal YES do grupo La Voz de Galicia (2019)

Abelenda, Ana: «Elena Ferro zoqueira»,Ya Es Sábado (YES), (28/12/2019)

Fonte: eferro arquivo
A revista de tendencias Coralia, entrevista a Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019

García, Ana: «Elena Ferro: ás nos pés», Coralia: A revista galega de tendencias, 15 (2019)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro protagoniza un dos artigos da revista de moda Albaricoque>/cite>, na súa primeira entrega (2019)

«Fascinante. Eferro, así se revitaliza un oficio casi extinto», Albaricoque, 1 (verán 2019), 14-21

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é entrevistada por Susana Luaña para La Voz de Galicia (2018)

Luana, Susana: «Mulleres con poder. Elena Ferro zoqueira e artesá», La Voz de Galicia, (21/10/2018)

Fonte: eferro arquivo
María Obelleiro entrevista a Elena Ferro, sobre a súa tradición e a súa obra, para o semanario Sermos Galiza (2018)

Obellerio, María: «Elena Ferro a dignificación dos zocos», Sermos Galiza, (02/08/2018), 4-5

Fonte: eferro arquivo
Gladys Vázquez, no artigo publicado na revista YES, céntrase no vínculo de complicidade e aprendizaxe tecido entre Elena Ferro e o seu pai Alfonso Ferro

Vázquez, Gladys: «Va por ellos», Ya Es Sábado (YES), (17/03/2018)

Fonte: eferro arquivo
D. Vázquez realízalle unha entrevista a Elena Ferro para El Comarcal do mes de xuño (2017)

Vázquez, D.: «Elena Ferro zoqueira», El Comarcal, 62 (xuño 2017)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é a artesá destacada na portada e na entrevista publicada nas primeiras páxinas da revista Oficio y arte (2017)

«Mª Elena Ferro. Zuecos para este siglo», Oficio y arte, 140, (2017), 1-7

Fonte: eferro arquivo
Na reportaxe protagonizada por Mabel Rivera publicada na revista The Ecologist (4º trimestre, 2017), a actriz loce zocos e complementos do taller eferro

Moreno, Juan Carlos; Sotelo, Alba: «Mabel Rivera. Una actriz con consciencia». En The Ecologist, (4º trimestre, 2017), 28-37

Fonte: eferro arquivo
Rocío Ramos nun artigo para La Voz de Galicia, fala das innovacións introducidas por Elena Ferro para adaptar os zocos aos espazos urbanos (2017)

Ramos, Rocío: «Los zueco de E-Ferro se hacen flexibles para estrenar temporada», La Voz de Deza y Tabeirós, (15/09/2017)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro, entre outros e outras produtoras, reivindican maior atención e coidado ao ámbito rural no que desenvolven as súas actividades (2015)

Otero Ricart, J.A.: «Titanes del rural», Faro de Vigo, (02/04/2015)

Fonte: eferro arquivo
Publicacións periódicas como La Voz de Galicia ou Faro de Vigo, dan conta da celebración dos 100 anos de actividade do taller zoqueiro da familia Ferro (2015)

Dosier: Familia Ferro. Cen anos facendo zocos da (2015)

Fonte: eferro arquivo
Unha nova de La Voz de Galicia, retén o momento no que Sol Vázquez, directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, entrega o premio Comercio con Talento a Elena Ferro. A zoqueira fora proposta para este galardón polo alumnado do Centro de Formación Profesional Piñeiral, de Arzúa (2015)

P.V.: «El taller de Elena Ferro recibe el premio Comercio con talento», La Voz de Galicia. Deza-Tabeirós, (26/08/2015)

Fonte: eferro arquivo
Isabel Blanco entrevista a Elena Ferro para El Correo Gallego (2015)

Blanco, Isabel: «Elena Ferro Lamela deseñadora de zocos», El Correo Gallego, (27/10/2015)

Fonte: eferro arquivo
Poema inédito de Luz Fandiño inspirado na súa visita á Casa do Zoqueiro en 2015

Fandiño, Luz: [«O mellor agasallo para min…»], inédito, 2015

Fonte: eferro arquivo
Mar Mato dedica este artigo publicado en Faro de Vigo á revitalización da artesanía do zoco na que Elena Ferro ocupa un importante lugar (2014)

Mato, Mar: «El oficio del zoqueiro revive en Galicia que ya vende producción al extranjero», Faro de Vigo, (01/06/2014)

Fonte: eferro arquivo
Enma Araujo, escribe para a revista YES, un artigo sobre a reinvención dos zocos tradicionais desenvolvida por Elena Ferro e destaca o seu crecente éxito e adaptabilidade ás novas tendencias (2014)

Araujo, Enma: «¡Zocos contra la ciclogénesis», Ya Es Sábado (YES), (01/03/2014)

Fonte: eferro arquivo
O taller eferro, que fai parte da Rede de Obradoiros Abertos de Artesanía existentes en Galicia, é un dos focos de atención do artigo que Rocío Ramos elabora para La Voz de Galicia (2014)

Ramos, Rocío: «Los artesanos de la zona abren seis talleres a los visitantes», La Voz de Galicia. Deza-Tabeirós, (30/03/2014)

Fonte: eferro arquivo
Salomé Soutelo nun artigo para o Faro de Vigo, focaliza a atención nos requisitos para a obtención da marca Artesanía de Galicia, así como outras tarefas promocionais e de apoio a artesáns e artesás, como Elena Ferro, desenvolvidos pola Fundación Centro Galego de Artesanía (2013)

Soutelo, Salomé: «El sello comercial Artesanía de Galicia avala a una veintena de talleres de las comarcas», Faro de Vigo, (28/10/2013)

Fonte: eferro arquivo
Raquel Torres, nun artigo para o Diario de Pontevedra, fala das artesás e dos artesáns de Pontevedra que, como Elena Ferro, foron seleccionadas pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño para participar no Mestrado de deseño en pel, organizado pola Fundación Enrique Loewe, e que expoñen os seus proxectos finais no Museo do Traxe de Madrid (2013)

Torres, Raquel: «A la vanguardia del diseño en piel», Diario de Pontevedra, (26/06/2013)

Fonte: eferro arquivo
Dolores Vázquez no seu artigo para a revista Extra de la Voz de Galicia, pon o foco na relación modernidade/tradición introducida polas novas tendencias en artesanía que, como Elena Ferro, contribúen á revalorización dos produtos artesanais (2013)

Vázquez, Dolores: «Los últimos tesoros de la artesanía», Extra de la Voz de Galicia, (17/11/2013)

Fonte: eferro arquivo
Lucía Tenreiro realiza para El Ideal Gallego unha reportaxe sobre a tarefa de personalización dos zocos eferro desenvolvida pola deseñadora Sole Morais 50Solesmas (2012)

Tenreiro, Lucía: «Elena Ferro Lamela deseñadora de zocos», El Ideal Gallego, (03/01/2012)

Fonte: eferro arquivo
Tere Grandín no seu artigo sobre Elena Ferro para Faro de Vigo destaca a creatividade, a mestura de tradición e últimas tendencias e o Premio Antón Fraguas de Artesanía recentemente outorgado á zoqueira (2011)

Grandín, Tere: «Elena Ferro, una zoqueira de diseño», Faro de Vigo, (20/02/2011)

Fonte: eferro arquivo
Entrevista de Amelia Ferreiroa a Elena Ferro para La Voz de Galicia (2011)

Ferreiroa, Amelia: «Elena Ferro Lamela. Zoqueira de Merza. A cruceña foi finalista na categoría Produto dos Premios Nacionais», La Voz de Galicia, (05/11/2011)

Fonte: eferro arquivo
A revista Obradoiro de artesanía, inclúe unha reportaxe bilingüe [galego/castelán] sobre Elena Ferro e as producións artesás do seu taller (2010)

«Na casa do zoqueiro», Obradoiro de artesanía, (decembro 2010), 24-31

Fonte: eferro arquivo
Amelia Ferreiroa entrevista a Elena Ferro para La Voz de Galicia (2009)

Ferreiroa, Amelia: «Entrevista. Elena Ferro. Zoqueira de Merza», La Voz de Galicia (15/11/2009)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro é unha das protagonistas da viaxe fotográfico-literaria Terragrafías. Obra do fotógrafo Anxo Cabada acompañada de textos de poetisas e poetas (2009)

Cabada, Anxo: «Elena Ferro»; Casalderrei, Fina: «A zoqueira». En Terragrafías. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2009; 28-29

Fonte: eferro arquivo
Manuel Ferro fai un breve percorrido polo mundo da artesanía producida na comarca do Deza

Ferro, Manuel: «Artesanos de Deza», Descubrindo. Anuario de estudios e investigación de Deza, 7 (2005), 385-402

Fonte: http://sed.lalin.gal
A palabra e a imaxe de Elena Ferro son as escollidas por Mariel Fiori para ilustrar o seu artigo sobre zocas, zocos ou madroños publicado en La Voz de Galicia (2002)

Fiori, Mariel: «Los herederos de los zoqueiros», La Voz de Galicia, (17/03/2002)

Fonte: eferro arquivo
Mariel Fiori entrevista a Elena Ferro para la Voz de Galicia. Edición Deza-Tabeirós (2002)

Fiori, Mariel: «Elena Ferro Lamela. Zoqueira de Merza», La Voz de Galicia, (17/03/2002)

Fonte: eferro arquivo
Elena Ferro dá continuidade a unha tradición familiar (1997)

«Elena Ferro: Lo que más me gusta es ser Feirante», La Voz de Galicia. Deza-Tabeirós, (31/09/1997)

Fonte: eferro arquivo

Ligazóns de interese

eferro tenda online

[ultima consulta 26/09/2024]
eferro facebook

[ultima consulta 26/09/2024]
eferro instagram
[última consulta: 26/09/2024]
Elena Ferro no web innovadoras
[última consulta: 26/09/2024]
Elena Ferro en España Artesana
[última consulta: 26/09/2024]
Elena Ferro na wikipedia
[última consulta: 26/09/2024]
Créditos da cartografía de Elena Ferro Lamela
COORDINACIÓN
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)

DOCUMENTACIÓN
Elena Ferro Lamela
Vanesa Quintela Quinteiro
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales


TEXTOS
Carme Adán Villamarín
Mariám Mariño Costales

REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai García
Colaboracións e agradecementos da Cartografía de Elena Ferro Lamela
PERSOAS
Elena Ferro
Anxo Cabada
Elena Fernández

XORNAIS
El Correo Gallego
La Opinión/cite>
El País
La Región
La Voz de Galicia

PERIÓDICAS
Raigame
Luzes
Sermos Galiza

Videos


Elena Ferro no Mercado da Colleita

Vídeo de divulgación científica (16´ 12´´). A historia que levou a Elena Ferro ata onde está ten a súa orixe hai máis de 100 anos, cando o seu avó comezou a facer zocos artesanais. Por entón eran o calzado por excelencia en Galicia, tan extendido como infravalorado polos seus propios usuarios que o identificaban coa pobreza. Elena di que ela nunca tivo que decidir ser zoqueira. Simplemente é o que aprendeu desde nena. Devolverlle a dignidade ós zocos galegos é a tarefa que ocupou máis tempo na súa vida e agora, por fin, a recompensa faise patente no éxito de Eferro, a súa marca de zocos que segue a elaborar artesanalmente desde Vila de Cruces. 


Fonte: Youtube

Farsa das zocas. Lectura dramatizada
Farsa das zocas é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero (1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo: un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes recreadas por Carballo Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carballo Calero.

Ver especial

CRÉDITOS DO VIDEO Elenco: Melania Cruz, María Vázquez, Tito Asorey; Operadora de cámara e montaxe de vídeo: Lucía R. Regueiro; Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo; Agradecementos: Elena Ferro Produción: A Quinta do Cuadrante; Dramaturxia e dirección: Tito Asorey

Vídeo de presentación de Elena Ferro no Mercado da colleita (2015)
[última consulta: 27/09/2024]

Elena Ferro, artesá zoqueira de Vila de Cruces, fala da súa experiencia coas redes sociais na difusión e dignificación da artesanía dos zocos (2016)
[última consulta: 27/09/2024]

«Dignificar o noso». Intervención de Elena ferro no marco do Lgx15. Ideas para o futuro da lingua. Organizado pola Coordinadora de Traballadoras/Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) (2016)
[última consulta: 27/09/2024]

Ollar en breve. Testemuñas audiovisuais. Elena Ferro (2017)
[última consulta: 27/09/2024]

Homenaxe a Elena Ferro. Premio Nacional de Artesanía, XII edición (2019)
[última consulta: 27/09/2024]

Elena Ferro. A música tradicional inspira (2020)
[última consulta: 27/09/2024]

A zoqueira Elena Ferro protagoniza a quinta entrega de Coraxes, a cor do emprendemento galego (2020)
[última consulta: 27/09/2024]

Premio á innovación para Elena Ferro
Avance do programa emitido na RTVG con motivo do Premio Nacional de Artesanía outorgado á zoqueira Elena Ferro. Destácase na súa produción a fusión entre a tradición do rural galego e a innovación urbana (13/12/2019)
[última consulta: 27/09/2024]

Elena Ferro. Galicia, un relato no mundo (2020)
[última consulta: 27/09/2024]

Elena Ferro expresa o seu apoio á Escola Semente (2020)
[última consulta: 27/09/2024]

Verán da Lingua en Foanpas. Elena Ferro a zoqueira máis internacional anímate a falar a nosa lingua (2021)
[última consulta: 27/09/2024]

Capítulo da miniserie documental Camiñantes da diferenza no que Rubén Riós entrevista a Elena Ferro (2022)
[última consulta: 27/09/2024]

Elena Ferro. A dignificación dun oficio. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (2022)
[última consulta: 27/09/2024]

Elena Ferro protagoniza unha das “Entrevistas con xeito” da revista Pincha (2019)
[última consulta: 27/09/2024]

Eferrofoliada 2024
[última consulta: 17/10/2024]

Elena Ferro construíndo un zoco eferro xigante (2024)
[última consulta: 22/10/2024]

Eferro raiador (2021)
[última consulta: 22/10/2024]