Marta Bobo
Ourense, 1966 -DATA: 17/10/2023
Referente no contexto da ximnasia rítmica internacional, Marta Bobo fixo e fai da rítmica unha constante de vida.
Feminista convencida, no seu quefacer cotián difunde e defende unha disciplina vinculada á creación artística desde a expresión corporal, que explora e desfruta. Na súa traxectoria, confronta e supera acoso e discriminacións nun deporte maioritariamente practicado por mulleres e non exento de relacións de poder sexistas e territoriais que sempre discute. En todo o que emprende salienta a súa constancia, o seu rigor, o seu compromiso activo e a súa calidade humana.Nacida e criada nun ambiente amante do deporte e sen perder de vista a formación académica e regrada, Marta engánchase á ximnasia rítmica con dez anos, nun curso organizado polo Ximnasio 2000 da súa cidade natal, Ourense, que, daquela, se estaba a converter en centro neurálxico da rítmica e canteira de deportistas en constante formación teórica e práctica.
Destacou nas competicións. Non por acaso aos 14 anos é xa unha deportista de primeiro nivel, forma parte da selección española de ximnasia rítmica, compite por diferentes lugares do mundo e chega aos Xogos Olímpicos de Los Ángeles, os primeiros en que a ximnasia rítmica se presenta como disciplina olímpica e os primeiros para unha galega que, en posteriores edicións, chegará a ser portadora do facho, adestradora ou xuíza.
En Canadá, ao tempo que remata a súa carreira como deportista de elite, Marta acada unha licenciatura en Educación Física. Inicia, ademais, a súa formación como adestradora, investigadora, coreógrafa e xuíza. De volta en Galicia segue sen parar de viaxar. Desde Ourense primeiro e logo desde A Coruña, implícase en proxectos e programas para a mellora do deporte propios da Comunidade Autónoma. Traballa pola existencia dunha selección galega de ximnasia rítmica e intégrase no cadro docente do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, actualmente vinculado á Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, onde, desde 2019, é directora do Servizo de Deportes.
Sempre estivo federada e desempeña postos relevantes e decisorios nas políticas deportivas autonómicas e internacionais. Así, por exemplo, forma parte da Comisión de Educación da Academia da Federación Internacional de Ximnasia e lidera ou participa en proxectos sobre actividade física con perspectiva de xénero. Ocúpase tamén do desenvolvemento de programas de adestramento da actividade física e o deporte segundo grupos de idade.
Marta tamén encamiña unha parte importante do seu labor á difusión da ximnasia rítmica a nivel local, escolar e de iniciación. Recentemente, cos programas de Solidariedade Olímpica leva a ximnasia rítmica a todos os lugares do mundo.
A súa é unha vida chea de atrancos e esforzo, mais tamén de recoñecementos en todas as facetas que emprende. Recibiu premios, medallas, distincións e homenaxes de diferentes entidades deportivas, xornalísticas e gobernativas. Ademais, Marta conta co apoio incondicional de colegas, alumnado e exalumnado, amizades e familia.
En Galicia e alén. Do local ao internacional. Atravesando niveis no campo do deporte como deportista, adestradora, coreógrafa e mestra. Tamén como investigadora e docente nas ciencias do deporte, no axuizamento ou na xestión. Sempre participa en lazos e alianzas con quen, coma ela, considera que no goberno do campo deportivo, no deporte e para deportistas se deben promover e desenvolver modelos e prácticas cada vez máis axeitadas e xustas.
Como citar: [Marta Bobo. Recuperado o 14/01/2026 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=34706 DOI: 10.17075/adc.34706]
Obra de Marta Bobo
Bobo Arce, Marta [et al.] (2021): «Training in Rhythmic Gymnastics During the Pandemic»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, María Elena; Fernández Villarino, María de los Ángeles (2021): «Training in Rhythmic Gymnastics During the Pandemic», Frontiers in Psychology, v. 12, p. 1-8
Fonte: frontiersin.org [data de descarga: 20-03-2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2020): «Asociación entre morfología del pie y rendimiento en gimnasia rítmica»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, María Elena; Fernández Villarino, María de los Ángeles; Alonso Tajes, Francisco ; González Martín, María Cristina; ; Gómez Rivas, Lurdes (2020): «Asociación entre morfología del pie y rendimiento en gimnasia rítmica», Revista Internacional Medicina y Ciencias de la Actividad Física y del Deporte, v. 20, n.º 79, p. 567-58
Fonte: cdeporte.rediris.es [data de descarga: 20-03-2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2019): Programa de desarrollo y alta competición para grupos de edad en gimnasia rítmica
Bobo Arce, Marta; Dias, Helena; Aleksandrova, Nadya; Lebre, Eunice; Fink, Hardy: Programa de desarrollo y alta competición para grupos de edad en gimnasia rítmica, Federación Internacional de Ximnasia, 2019.
Fonte: gymnastics.sport [data de descarga: 20/09/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2019): «Longitudinal Study of Individual Exercises in Elite Rhythmic Gymnastics»
Sierra Palmeiro, Elena; Pérez Ferreirós, Alexandra; Bobo Arce, Marta; Fernández Villarino/span>, María Ángeles (2019): «Longitudinal Study of Individual Exercises in Elite Rhythmic Gymnastics», Frontiers in Psychology v. 10, artigo 1496
Fonte: frontiersin.org [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2018): «Performance indicators in individual rhythmic gymnastics: Correlations in competition»
Fernández Villarino, María de los Ángeles; Hernaiz Sánchez , Ariadna; Sierra Palmeiro, María Elena; Bobo Arce, Marta (2018): «Performance indicators in individual rhythmic gymnastics: Correlations in competition», Journal of Human Sport & Exercise. Alacant: Universidad, Área de Educación Física y Deporte, v. 13, n.º 3, p. 487-493.
Fonte: rua.ua.es [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta (2018): «Prólogo».
En Bobo Arce, Marta (coord.): VI e VII Ciclo de Conferencias Xénero, Actividade Física e Deporte da UDC. Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de Publicacións.
Fonte: udc.es [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2017): «Judging in Rhythmic Gymnastics at Different Levels of Performance»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2017): «Judging in Rhythmic Gymnastics at Different Levels of Performance», Journal of human kinetics, v. 60, n.º 1, p. 159-165
Fonte: researchgate.net [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2017): «Individual Exercises in Rhythmic Gymnastics: Variety and diversity»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2017): «Individual Exercises in Rhythmic Gymnastics: Variety and diversity», Apunts educación fisica y deportes, Institut Nacional d’Educació física de Catalunya, n.º 128, p. 92-107
Fonte: revista-apunts.com [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2016): «Análisis cualitativo y cuantitativo de los ejercicios de conjunto en gimnasia rítmica»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena (2016): «Análisis cualitativo y cuantitativo de los ejercicios de conjunto en gimnasia rítmica». En García García, José Manuel; Calvo Rico, Bibiana; Mora Rodríguez, Ricardo (coord.): IX Congreso Internacional de la Asociación Española de Ciencias del Deporte. Toledo: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha; p. 247-248
Fonte: Dialnet [data de descarga: 24/07/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2016): «Análisis cualitativo y cuantitativo de los ejercicios individuales en gimnasia rítmica»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena (2016): «Análisis cualitativo y cuantitativo de los ejercicios individuales en gimnasia rítmica». En García García, José Manuel; Calvo Rico, Bibiana; Mora Rodríguez, Ricardo (coord.): IX Congreso Internacional de la Asociación Española de Ciencias del Deporte. Toledo: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha; p. 249-250
Fonte: Dialnet [data de descarga: 24/07/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2016): «O Desporto na Perspetiva do Avaliador»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2016) : «O Desporto na Perspetiva do Avaliador», Centro de Pesquisas e Desenvolvimento Desportivo. Comité Olimpico de Portugal
Fonte: comiteolimpicoportugal.pt [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2016): «Departure Difficulty Score vs Final Difficulty Score. The Effect of Performance in Elite Rhythmic Gymnastics»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2016): «Departure Difficulty Score vs Final Difficulty Score. The Effect of Performance in Elite Rhythmic Gymnastics», Athens Journal of Sports, vol. 3, p. 169-178
Fonte: researchgate.net [data de descarga. 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2016): «Technical Content of Elite Rhythmic Gymnastics»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2016): «Technical Content of Elite Rhythmic Gymnastics», Science of Gymnastics Journal, v. 8, n.º 1, p. 85-96
Fonte: researchgate.net [data de descarga. 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2016): «The Evaluation Rules in the View of the Rhythmic Gymnastics Judges»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2016): «The Evaluation Rules in the View of the Rhythmic Gymnastics Judges», en Journal of Sports Science, n.º 4, p. 232-240
Fonte: researchgate.net [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2015): «Analysis of the training load during the competitive period in individual rhythmic gymnastics»
Fernández Villarino , María de los Ángeles; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta; Lago Peñas, Carlos (2015): «Analysis of the training load during the competitive period in individual rhythmic gymnastics», International Society of Performance Analysis in Sport, t. 15, n.º 2, 660-667
Fonte: Tandfonline (Taylor and Francis). Catálogo da UDC [data de descarga: 24/07/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2015): «Flexibilidad en gimnasia rítmica: asimetría funcional en gimnastas júnior portuguesas»
Batista Santos, Amanda; Ávila Carvalho, Lurdes; Lebre, Eunice; Bobo Arce, Marta (2015): «Flexibilidad en gimnasia rítmica: asimetría funcional en gimnastas júnior portuguesas», Apunts: Educación física y deportes, n.º 120, p. 19-26
Fonte: revista-apunts.com [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2015): «Accuracy in Judgament the Difficulty Score in Elite Rythmic Gimnastics Individual Routines»
Leandro, Catarina; Ávila Carvalho, Lurdes; Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2015): «Accuracy in Judgament the Difficulty Score in Elite Rythmic Gimnastics Individual Routines», Science of Gymnastics Journal, v. 7, n.º 3, p. 81-93
Fonte: researchgate.net [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2014): «Nuevo modelo de competición en Gimnasia Rítmica: El retorno al arte del movimiento»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena (2014): «Nuevo modelo de competición en Gimnasia Rítmica: El retorno al arte del movimiento», Acciónmotriz. Revista da Asociación Científico Cultural en Actividad Física y Deporte (ACCAFIDE), n.º 13
Fonte: accionmotriz.com [data de descarga24/07/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2014): «Estrategias coeducativas en el aula formal de educación física. Una experiencia práctica»
Bobo Arce, Marta; Morales Caneiro, Roi (2014): «Estrategias coeducativas en el aula formal de educación física. Una experiencia práctica». En IV Ciclo de Conferencias: Xénero, Actividade Física e Deporte (2012-2013). A Coruña: Universidade, Servizo de Publicacións; p. 37-57
Fonte: ruc.udc.es [data de descarga: 03/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2013): «Determinants of competitive performance in rhythmic gymnastics. A review»
Bobo Arce, Marta; Méndez Rial, Belia (2013): «Determinants of competitive performance in rhythmic gymnastics. A review», Performance Analysis Workshop, Alacant, 2 (05-04-2013)
Fonte: rua.ua.es [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2013): «Practical Skills of Rhythmic Gymnastics Judges»
Fernández Villarino , María de los Ángeles; Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena (2013): «Practical Skills of Rhythmic Gymnastics Judges», Journal of Human Kinetics, vol. 39. Section IV – Behavioural Sciences in Sport, p. 243-249.
Fonte: sciendo.com [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2013): «Deseño dunha estratexia educativa de xénero na facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña»
Mosquera González, María José; Bobo Arce, Marta; López Villar, Cristina; Sierra Palmeiro, Elena (2013): «Deseño dunha estratexia educativa de xénero na facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña». En II Xornada de Innovación Educativa en Xénero, Docencia e Investigación. Vigo: Universidade; p. 67-81
Fonte: exemplar da Biblioteca da UVIGO
Bobo Arce, Marta [et al.] (2013): «Xestión da calidade en clave de xénero. Boas prácticas en deporte universitario»
Bobo Arce, Marta; López Villar, Cristina (2013): «Xestión da calidade en clave de xénero. Boas prácticas en deporte universitario». En González Penín, Anabel; Aguayo Lorenzo, Eva; López Díaz , Ana Jesús (coord.): Roles de xénero en tempos de crise. Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico; p. 101-106
Fonte: academia.edu [data de descarga: 10/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2012): «Políticas universitarias de promoción da actividade física das mulleres dende os servizos de deportes das Universidades de Vigo e Coruña».
Bobo Arce, Marta (2012): «Políticas universitarias de promoción da actividade física das mulleres dende os servizos de deportes das Universidades de Vigo e Coruña». En Mosquera González, María José (coord.): I Ciclo de Conferencias Xénero, Actividade Física e Deporte, 2009-2010. A Coruña: Universidade, Servizo de Publicacións; p. 79-98.
Fonte: udc.es [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2012): «Propuesta de indicadores de calidad de los servicios de deporte universitarios desde la perspectiva de género».
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena; López Villar, Cristina; Mosquera González, María José (2012): «Propuesta de indicadores de calidad de los servicios de deporte universitarios desde la perspectiva de género». En Río Bermúdez, Loreto del; Teva Álvarez, Inmaculada (coord.): IX Foro Internacional Sobre la Evaluación de la Calidad de la Investigación y de la Educación Superior FECIES, Santiago de Compostela, 12-15 de Junio, p. 698-703.
Fonte: Reserchgate [data de descarga: 24/05/2023]
Bobo Arce, Marta (2009): «Gimnasia rítmica».
En Galicia en anaquiños de papel. Vigo: Universidade; p. 173-174
Fonte: exemplar da Biblioteca da UVIGO
Bobo Arce, Marta [et al.] (2005): «Estudio de las repercusiones de los cambios de código de puntuación en la técnica de aparatos»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena (2005): «Estudio de las repercusiones de los cambios de código de puntuación en la técnica de aparatos», RED: Revista de entrenamiento deportivo= Journal of Sports Training, t. 19, n.º 1, p. 37-42
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta [et al.] (2004): «Repercusiones de los cambios de código de puntación de Gimnasia Rítmica en la composición de los ejercicios individuales en la técnica corporal»
Bobo Arce, Marta; Sierra Palmeiro, Elena (2004): «Repercusiones de los cambios de código de puntación de Gimnasia Rítimica en la composición de los ejercicios individuales en la técnica corporal», RED: Revista de entrenamiento deportivo= Journal of Sports Training, t. 18, n.º 3, p. 37-42
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta (2004): «La expresión a través del movimiento rítmico».
Bobo Arce, Marta (2004): «La expresión a través del movimiento rítmico». En Estévez Mengotti, Julia; López de la Calle Sampedro, M.ª Ángeles: Música y movimiento en educación artística. Lugo: Escola de Maxisterio; p. 9-24.
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta [et al.] (2003): «Estudio comparativo de la ejecución del salto vertical con rotación (Tour en l'Air) entre bailarines profesionales y estudiantes universitarios»
Bobo Arce, Marta; Conesa Ros, Elena; Sierra Palmeiro, María Elena (2003): «Estudio comparativo de la ejecución del salto vertical con rotación (Tour en l'Air) entre bailarines profesionales y estudiantes universitarios». En Sánchez Sánchez, Galo; Tabernero Sánchez, Belén; Coterón López, Javier; Llanos Martín, Concepción; Learreta Ramos, Begoña (ed.): Expresión, creatividad y movimiento, Amarú, p. 611-620.
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta [et al.] (2003): «Panorama de la oferta de danza. Galicia 2002/03»
Bobo Arce, Marta; Méndez Rial, Belia (2003): «Panorama de la oferta de danza. Galicia 2002/03». En Sánchez Sánchez, Galo; Tabernero Sánchez, Belén; Coterón López, Javier; Llanos Martín, Concepción; Learreta Ramos, Begoña (ed.): Expresión, creatividad y movimiento, Amarú Ediciones, 599-604
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta [et al.] (2003): «Expectativas y opiniones de los alumnos del INEF de Galicia respecto a la materia expresión corporal y danza».
Bobo Arce, Marta; Conesa Ros, Elena; Méndez Rial, Belia (2003): «Expectativas y opiniones de los alumnos del INEF de Galicia respecto a la materia expresión corporal y danza». En Sánchez Sánchez, Galo; Tabernero Sánchez, Belén; Coterón López, Javier; Llanos Martín, Concepción; Learreta Ramos, Begoña (ed.): Expresión, creatividad y movimiento, Amarú Ediciones, p. 413-420
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta (2002): El juicio deportivo en gimnasia rítmica: una propuesta de evaluación basada en indicadores de rendimiento
Tese de doutoramento, Universidade de A Coruña.
Fonte: udc.es [data de descarga: 05/05/2023]
Bobo Arce, Marta [et al.] (2002): «Que no pare la danza»
Bobo Arce, Marta; Salvador Alonso, José Luis (2002): «Que no pare la danza», Revista de educación física, v. 0, n.º 86, p. 35-36
Fonte: exemplar da Biblioteca da UDC
Bobo Arce, Marta [et al.] (2000): «Estudio de la variable técnica en los ejercicios de conjunto en gimnasia rítmica deportiva»
Sierra Palmeiro, Elena; Bobo Arce, Marta (2000): «Estudio de la variable técnica en los ejercicios de conjunto en gimnasia rítmica deportiva». En I Congreso Internacional de la Asociación Española de Ciencias del Deporte (Cáceres, del 22 al 25 de marzo del 2000); 161-170.
Fonte: cienciadeporte.com [data de descarga: 05/05/2023]
Obra sobre Marta Bobo
Obra de Marta Bobo
Documento elaborado polo CDIF-CCG, 2023
Fonte: elaboración propia
Artigo de Miriam Santos para La Voz de Galicia. Ten como protagonistas a Marta Bobo e Candela Martínez (2021)
Santos, Miriam (2021): «Marta Bobo y Candela Martínez, madre e hija, y gimnastas:
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga; 10/03/2023]Estamos unidas por una misma pasión hacia la gimnasia rítmica», La Voz de Galicia (03/08/2021)
Reprodúcense aquí as «Pinceladas de historia» e as páxinas dedicadas a «Marta Bobo», elaboradas por Montse Martín e Manuel Martín nunha autoedición publicada en 2017. En 2023 vai pola terceira edición]
Martín, Montse; Martín, Manuel: Pinceladas de rítmica. Autoedición, 2021,
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Jorge Casanova entrevista a Marta Bobo para La Voz de Galicia (2021)
Casanova, Jorge (2021): «Marta Bobo:
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga; 10/03/2023]Yo entreno para ganar», La Voz de Galicia (15/01/2021)
Nova sobre a participación de Marta Bobo no Foro La Región no mes de marzo de 2020
Alfaro, Toño (2020): «Mujer y justicia deportiva en el Foro La Región», La Región (05/03/2020)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Ana Iglesias entrevista a Marta Bobo para La Voz de Galicia (2019)
Iglesias, Ana: «Marta Bobo:
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga: 10/03/2022]El deporte sigue estando en casa», La Voz de Galicia (24/01/2019)
Marta Bobo fai parte do grupo de 15 persoas expertas FIG que imparten cursos para a formación de adestradoras e adestradores de 22 países celebrados no mes de novembro de 2018 en Singapur, Canberra e Hong Kong.
«Four FIG Academies held in November 2018»
Fonte: web da FIX [data de descarga: 20/09/2023]
Marta Bobo lembra a súa viaxe ao deporte de elite
Blanco, R., Xabier (2018): « El viaje que marcó a la ourensana Marta Bobo», La Región (09/04/2018)
Fonte: laregion.es [data de descarga: 11/10/2023]
Nova da Federación Internacional de Ximnasia na que se da conta de que Marta Bobo, xunto con outras catro expertas FIG en ximnasia rítmica, imparten en Manila un curso teórico práctico de nivel 3 para adestradoras e adestradores
«Philippines hosts a Level 3 Academy for Rhythmic Gymnastics» (15/11/2016)
Fonte: web da Asiam Gimnastics Union [data de descarga: 20/09/2023]
Marta Villar entrevista a Marta Bobo para La Opinión/cite> (2016)
Villar, Marta (2016): «Marta Bobo:
Fonte: laopinion.es [data de descarga: 10/03/2023]No cambiaría la vida que tengo por haber tenido medalla en los Juegos Olímpicos», La Opinión/cite> (17/01/2016)
Marta Bobo, muller e nai especial
Martínez Bobo, Paula (2016): «Unha muller especial». Traballo de aula inédito
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Atienza, Cristóbal (2016): «Os olímpicos galegos»; «Marta bobo Arce. Unha loitadora precoz e autosuficiente».
En Atienza, Cristóbal (2016): Galicia nos xogos olímpicos. 104 olímpicos desde amberes 1920. Autoedición, p. 16-19 e 38
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Entrevista a Marta Bobo nun monográfico que celebra os 30 anos da presenza da ximnasia rítmica nos xogos olímpicos (1984-2014).
«Unha mirada atrás con Marta Bobo», Sobre el tapiz. La única revista de gimnasia rítmica en España, (xuño-novembro 2014), 38-39.
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Corenta anos do Gimnasio 2000
Martínez Vidal, Aurora; Martínez Prada, Aurora (2014): Gimnasio 2000: cuarenta años de historia. del rendimiento a la salud. Ourense: Academia Gimnasio 2000 SLU.
Fonte: gimnasio2000.com
Marta Bobo protagoniza a contraportada de La Voz de Galicia (2013)
Portabales, Pablo (2013): «Marta Bobo», La Voz de Galicia (12/05/2013)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Ángel Varela entrevista a Marta Bobo para La Voz de A Coruña
Varela, Ángel (2011): «Marta Bobo profesora del INEF», La Voz de A Coruña (11/04/2011)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Alexandra Moledo entrevista a Marta Bobo para La Opinión (2011)
Moledo, Alexandra (2011): «Marta Bobo:
Fonte: laopinion.es [data de descarga: 10/03/2023]La salud de los gallegos se resiente antes que la de otros españoles por la inactividad», La Opinión/cite> (20/03/2011)
Nova sobre a inauguración do Ximnasio Marta Bobo no Colexio Público A Picota de Mazaricos (marzo, 2009)
Alvite, Xoán: «Visita olímpica en A Picota», La Voz de Galicia (14/03/2009)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo é a primeira ourensá olímpica. A nadadora Paula Carballido e a lanzadora de xavelina Marta Míguez dan continuidade ao listado logo de participar no Xogos Olímpicos de Sidney celebrados no ano 2000
«Ourensanos que han probado el elixir de los juegos olímpicos», Auria. Revista mensual de Caixa Nova, v. 12, n. 135 (xullo 2008), 10-15
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Sonia e Sabela entrevistan a Marta Bobo para a revista do Colexio Rías Altas da Coruña
Romar, Sonia; Romar, Sabela (1995): «Marta Bobo. Una gimnasta apasionada con su profesión»,Mínimo murmullo, 8 (xaneiro 1995)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
A publicación Gallegos en la Gloria Olímpica deixa constancia de que na altura do ano 1992, a primeira e única galega que chegara ás olimpíadas é Marta Bobo.
Navaza, Emilio (1992): «Marta Bobo. Sensación excitante». En Navaza, Emilio: Gallegos en la Gloria Olímpica, Santiago de Compostela, La Ibérica; 104-108.
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo adestradora da Escola Galega de Ximnasia
Sierra, Miriam (1992): «Ximnasia rítmica: Ourense, no camiño das ilusións», Deporte Galego, v.3, n. 6, p. 43-45
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Páxina de El País, dedicada aos problemas que afectan ás ximnastas de elite (1991)
Artigos de Mabel Galaz e Juán J. Fernández publicados en El País (22-09-1991)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Albino Mallo entrevista a Marta Bobo para El Correo Gallego (agosto 1991)
Mallo, Albino (1991): «Marta Bobo, el triunfo de la adolescencia», El Correo Gallego (09/08/1991)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Entrevistas na que Marta Bobo fala das carencias do Centro de Alto Rendemento de Galicia
Rodríguez, Fran (1991): «Marta Bobo, el Centro no tiene ningún futuro», La Región (12/04/1991)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
La Voz de Galicia dedica dúas páxinas ao Centro de Tecnificación de ximnasia rítmica e ás dificultades para o seu avance
La Voz de Galicia, (18/02/1991), 40-41
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo adestradora da Selección Galega
«Marta Bobo preparadora de estrellas rítmicas», Vida en. Suplemento semanal de La Región(06/01/1991)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Entrevista a Marta Bobo, adestradora da Selección canadiana de ximnasia rítmica (1988)
«Marta Bobo. cambia de nacionalidad», Gente de mundo. Revista de actualidad gallega, 9 (agosto 1988), 4-5
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo adestradora dos Centros Kalev de ximnasia rítmica en Canadá (1988)
«Kalev Coaches», 50 Years of Rhythmic Fantasy. Koop Cup 2001, 9 (agosto 1988), 4-5
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Poema dedicado a Marta Bobo (1986)
«Marta Bobo» [poema], Galicia Moda, (moda verán 1986)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo chega a Ourense desde Canadá para participar no Campionato de Ximnasia rítmica celebrado en Ourense (1986)
«La participación de Marta Bobo, gran atracción del Campeonato de España de Gimnasia Rítmica», La Región (27/06/1986)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Declaracións de Marta Bobo, da súa nai e mais da súa adestradora Ivanka Tchakarova en La Voz de Galicia (1986)
Vázquez, Julio: «Marta Bobo participa en los Campeonatos de España de gimnasia porque son en Orense», La Voz de Galicia (29/06/1986)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo, no seu paso por Canadá, ten predicamento en publicacións deportivas locais
«The grace of Spain’s Marta Bobo», Sunday Star (decembro 1985)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Entrevista na que Marta Bobo reflexiona sobre a súa participación nas olimpíadas de Los Ángeles e no deporte de elite español
«Marta Bobo», Equipo 5. Revista gallega de deportes, 4 (febreiro de 1985), 62-64
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Paternalista artigo sobre Marta Bobo, a periferización de Galicia no conxunto do estado español, e a falta de investimentos públicos para deportistas de elite.
Umbral, Francisco: «Los cuerpos gloriosos», Interviú (1985)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo é imaxe publicitaria da marca de roupa deportiva Mito e ocupa a contraportada de revistas especializadas no deporte
Ciencia y Deporte, v. 1, n. 0 (1985), portada e contraportada
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Breves reseñas de deportistas de orixe galega que participaron, ao igual que Marta Bobo, nos xogos olímpicos de Los Ángeles celebrados en 1984
«Galicia en Los Ángeles». Nova publicada en Equipo 5. Revista gallega de deportes (xuño 1984)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Entrevista na que Antonio Prada fala dunha Federación Galega de Ximnasia que non acaba de callar por falta de recursos. Fala tamén da idea de dar corpo a un Centro Galego de Tecnificación para que deportistas de elite, como Marta Bobo, podan desenvolver a súa carreira sen saír da comunidade.
«La larga marcha de la gimnasia». Nova publicada en Equipo 5. Revista gallega de deportes ( xuño 1984)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Marta Bobo en Xapón (1983)
«Accident», Focus, 22 (1983), 16-17
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Fotografías de Marta Bobo no monográfico da Brother Cup ‘83
Marta Bobo na Photography Brother Cup ‘83
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Artigo sobre Marta Bobo logo da súa participación no Campionato do Mundo de ximnasia rítmica celebrado en Estrasburgo (1983)
«Marta Bobo. La gran promesa de la gimnasia rítmica». Nova publicada na revista Garbo (1983)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Nova sobre o campionato de España de ximnasia rítmica celebrado en Pamplona
Ojeda, Enrique (1981): «Marta Bobo, nueva campeona en rítmica», As (13/12/1981)
Fonte: arquivo de Marta Bobo
Ligazóns de interese
Marta Bobo na wikipedia
[ultima consulta 09/102023]
Ligazón de interese
Marta Bobo Arce no web da UDC
Ligazón de interese
[ultima consulta 09/10/2023]
Espazo web do grupo Educación, saúde e actividade física: estudos de xénero (ESAFEX)
[ultima consulta 09/10/2023]
Marta Bobo en referentes galegas
[ultima consulta 09/10/2023]
Marta Bobo Arce en dialnet
[ultima consulta 09/10/2023]
Marta Bobo Arce en dialnet métricas
[ultima consulta 09/10/2023]
Marta Bobo en GoogleeScholar
[ultima consulta 09/10/2023]
Ojo con tus datos
Documental que aborda os retos da privacidade e seguridade na sociedade dixital. Conta coa participación de Marta Bobo quen da conta do ocorrido desde o ano 1984, canto se difundiu a noticia falsa de que padecía anorexia. Destaca tamén a falta de visibilidade dos escasos desmentidos publicados desde 2011.
[ultima consulta 09/10/2023]
Marta Bobo conta a súa experiencia olímpica a Informe en V
[última consulta 09/10/2023]
Créditos da cartografía de Marta Bobo
COORDINACIÓNCentro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
DOCUMENTACIÓN
Marta Bobo
Cristina Carmen Fernández Novoa
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño
Mónica Rey Santiago
Margarita Riveiro López
Juan Néstor Sieira Fernández
TEXTOS
Cristina López Villar
Mariám Mariño Costales
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai García
TRATAMENTO DE IMAXES, AUDIOS E VÍDEOS
Teresa Navarro Quintero
Colaboracións e agradecementos da Cartografía de Marta Bobo
PERSOASMarta Bobo
Cristina Carmen Fernández Novoa
Mónica Rey Santiago
Margarita Riveiro López
Juan Néstor Sieira Fernández
XORNAIS
As
El Correo Gallego
La Opinión
El País
La Región
La Voz de Galicia
REVISTAS E BOLETÍNS
Focus
Garbo
Equipo 5. Revista gallega de deportes
Interviú
Ciencia y Deporte
Galicia Moda
Gente de mundo. Revista de actualidad gallega
Sunday Star
Auria. Revista mensual de Caixa Nova
ENTIDADES
Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física UDC
Biblioteca da Universidade de Vigo
Videos
Marta Bobo. Exercicio con aro. Valladolid, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con mazas. Xogos Olímpicos. Los Ángeles, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Caso Marta Bobo. A protagonista fala do ocorrido nos anos 1984 e 1985, cando se difundiron as falsas noticias sobre a anorexia e a lesión que supostamente padeceu.
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con bola. AA WC, 1983
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con mazas. Valladolid, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con bola. Viena, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con mazas. AA WC, 1983
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con aro, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con bola. Campionatos de España, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo na elite do deporte. Reportaxe gráfica
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con aro. Estrasburgo, 1983
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo no Foro La Región, 2020
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo. Exercicio con mazas. Viena, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Ximnasia Rítmica internacional. Valladolid, 1984
[última consulta 09/10/2023]
De Olimpia a Los Ángeles. Reportaxe sobre a Selección Española de Ximnasia Rítmica, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Selección Española de Ximnasia Rítmica. Previo ao Campionato do Mundo Valladolid, 1984
[última consulta 09/10/2023]
Marta Bobo Arce, María José Mosquera González, Andrea Seijo e Claudia López López, cuestionan o sexo do deporte Onda ciencia. O programa de divulgación da UDC en CUAC FM (2023)
[última consulta 09/10/2023]























































