Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros

Descrición Neste vídeo divulgativo (2´ 29´´) Santiago Pozo Antonio e María Araújo Fernández presentan o Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros (XESSMin), centrado nas seguintes liñas de traballo: o aproveitamento sostible dos recursos mineiros e enerxéticos, a mecánica de rochas, a enxeñaría cartográfica, o control da calidade de materias mediante o emprego de técnicas de visión artificial e o emprego de algoritmos matemáticos avanzados para o modelado ambiental.

A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 29 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Vigo