A investigación sobre saúde na Universidade de Vigo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A investigación sobre saúde na Universidade de Vigo

Roberto Barcala (autoría) · Felipe Fernández (autoría) · Arturo Mojón (autoría) · Víctor Mondelo (autoría) · Diana Valverde Pérez (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (4´ 47´´) no que se presentan catro proxectos de investigación relacionados coa saúde que se están a desenvolver na Universidade de Vigo. Concretamente, Arturo Mojón preséntanos o proxecto Hygia; Roberto Barcala e Felipe Fernández fálannos do traballo do Grupo REMOSS; Diana Valverde explícanos cales son os obxectivos do Laboratorio de Enfermidades Raras; e Víctor Mondelo cóntanos cales son as liñas de investigación do Laboratorio de Informática Aplicada (Lia2).

A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 47 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Vigo