Aaron Bennett Kleinschmidt - Un estadounidense aprendendo galego | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Aaron Bennett Kleinschmidt - Un estadounidense aprendendo galego

Descrición Aaron Bennett Kleinschmidt é un rapaz estadounidense que está actualmente traballando nun IES de Ourense e que aproveita a súa estadía en Galicia para coñecer a nosa cultura e aprender o noso idioma. Neste vídeo divulgativo (2´50´´) Iker Fernández Villar amósanos a súa inspiradora historia co obxectivo de que a mocidade sexa consciente da riqueza que supón posuír un gran patrimonio cultural preservado a través da lingua.

Este traballo recibiu o primeiro premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “A utilidade do galego”), organizado pola USC en 2024.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 50 segundos