Monelos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Monelos

Descrición O río Monelos é o curso fluvial máis importante do concello da Coruña e foi o límite dos concellos da Coruña e de Oza ata 1912, data no que o segundo foi absorbido polo primeiro. Neste vídeo didáctico (5´ 14´´) Iván Méndez, filólogo e técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, preséntanos as principais hipóteses sobre a orixe e o significado do topónimo Monelos.

A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 14 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega