Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas. Capítulo 4 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas. Capítulo 4

Descrición Cuarta entrega (1´ 51´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Estévez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Nesta ocasión lémbranos que todas as palabras rematadas en -onto ou -onta se pronuncia con “o” pechado. A mesma regra aplícaselle á inmensa maioría das rematadas en -onte. E como non todo podía ser tan doado, neste capítulo tamén descubrirás que hai palabras nas que as dúas pronuncias (vogal pechada e aberta) son correctas.

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 51 segundos
Entidades
Creación: Televisión de Galicia